"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
PERSOEIRO
Duquesa soberana de Bretaña (1488) e dúas veces raíña de Francia, filla e herdeira de Francisco II, derradeiro duque de Bretaña. Casou co Rei de Francia (1491) Carlos VIII, matrimonio que asocia Bretaña coa monarquía francesa. En 1499, xa viúva, volveu casar co curmán deste, o novo Rei de Francia, Luís XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa portuguesa. O seu primeiro libro foi Poesia (1944), ao que seguiron Dia do mar (1957), Coral (1950), Mar Novo (1958), O Cristo cigano (1961) e O nome das coisas (1977), entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno afluente pola marxe dereita do río Ulla que nace no lugar de Añobre, na parroquia do mesmo nome do concello da Vila de Cruces.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Vila de Cruces baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro cultural obreiro que se fundou na Coruña o 18 de xaneiro de 1897 co subtítulo “sociedad de actos civiles”. Non tivo unha sede social estable, ocupando diferentes locais ao longo da súa existencia. Os seus obxectivos fundacionais eran favorecer o desenvolvemento das ideas librepensadoras e difundir a instrución integral e laica. Dende os seus comezos ata a súa disolución en 1936 por mor da Guerra Civil española, foi impulsada, entre outros, polos republicanos Eduardo López Budén e Xosé Arias Díaz, acompañados de anarquistas que defenderon a visión laica da vida pública. Neste eido, cabe sinalar o esforzo da Antorcha en soster a súa escola laica, moi vencellada á figura do mestre racionalista Constancio Romeo Lasarte, dende 1898 ata 1922. A partir de 1901 desenvolveron programas de educación para adultos en horario nocturno, co fin de facilitar o acceso á instrución de boa parte da poboación traballadora. Os proxectos da Antorcha Galaica del Libre Pensamiento chocaron acotío coas autoridades...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cova de Girona na que se localizou un estrato de ocupación Chatelperronense, considerado como continuación do Musterense, ao que cobre. Superponse ao primeiro un Auriñacense arcaico, o de datación máis antiga das de Europa Occidental xunto co da cova de El Castillo. O xacemento arqueolóxico contén unha secuencia cronolóxica que, ademais dos anteriores niveis, conserva ocupacións do Auriñacense antigo, Solutrense superior, Perigordense superior e Epipaleolítico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro beneditino desaparecido na actualidade. Na igrexa parroquial de Arcos de Furcos consérvanse, no muro L do adro, tres baixorrelevos que parecen proceder da antiga edificación. Así mesmo, consérvase un antigo altar e unha lousa sepulcral do s XV.
-
PERSOEIRO
Médico. Estudiou Xeoloxía e Mineraloxía, traballou para mellorar os alambiques da destilación do alcohol e introduciu no Campo de Tarragona o cloro para o curtido de fibras e tecidos vexetais. Fundou e dirixiu o primeiro diario de Reus Periódico Político y Mercantil de Villa de Reus (1813), liberal e constitucionalista, motivo polo que no 1814, foi encarcerado. Ensaiou con éxito, no 1819, un aparello elevador de auga chamado hidropota, do que obtivo a patente de explotación no 1821. Exiliado no 1823, no 1831 trasladouse a París, onde exerceu a medicina ata 1833. Publicou Apuntes da cardite intertropical, chamada vulgarmente febre amarela e vómito negro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cóengo agostiño. Discípulo de Abelardo en París, foi condenado xunto a el no Sínodo de Sens (1140) polas súas doutrinas sobre a moralidade das accións. Anteriormente (1139), o Segundo Concilio de Letrán condenárao polas súas prédicas contra o dominio temporal e as posesións eclesiásticas. En 1147 foi a cabeza da revolta cidadá de Roma contra o Papa para establecer unha nova república romana. A paz asinada entre o Papa e o Emperador Federico Barbarrubia no 1153 marcou a fin de Arnaldo, que foi encarceado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque anxevino de Bretaña (1196-1203), conde de Anjou e do Maine (1199-1203). Fillo póstumo de Godofredo de Inglaterra e de Constanza, duquesa de Bretaña. Baixo a protección de Filipe II de Francia reivindicou os seus dereitos á Coroa inglesa perante o seu curmán Xoán sen Terra, co que se enfrontou. Artur, que recibira a investidura de Aquitania, Anjou e Maine, emprendeu a conquista pero foi sorprendido e feito prisioneiro en Mirebeau por Xoán sen Terra, que o executou.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización agraria máis antiga da vila de Betanzos constituída oficialmente en decembro de 1900. A súa fundación foi alentada no transcurso dunha visita que o líder socialista Pablo Iglesias realizou en 1899 á vila. Esta organización labrega, de orientación socialista, estaba conformada por xornaleiros, arrendatarios e pequenos propietarios de terras. Entre os seus obxectivos estaban os de mellorar a condición económica, moral e intelectual dos afiliados, establecendo relacións de solidariedade coas demais asociacións de carácter obreiro. Interveu nas loitas electorais municipais dende 1901, apoiando aos candidatos socialistas; e do mesmo xeito, entre 1907 e 1909, apoiou a Solidaridad Gallega, enfrontándose así ao caciquismo liberal do distrito. Nos anos da II República estivo adherida á Federación Agraria do Partido Judicial de Betanzos. Desapareceu nos comezos do alzamento militar de 1936.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada polo tratado de Montevideo en febreiro de 1960, formada por Arxentina, O Brasil, Perú, México, Paraguai, Uruguai e Chile. En outubro do mesmo ano adheríronse Colombia e Ecuador e en 1966 Venezuela. Tiña como finalidade reducir progresivamente as tarifas e outros obstáculos ao libre comercio ata chegar á plena liberación do comercio entre os países asinantes. No ano 1980 transformouse na Asociación Latinoamericana de Integración.
-
PERSOEIRO
Anticuario. Foi un dos máis famosos anticuarios do século XVII e traballou principalmente na zona de Wiltshire. Confeccionou as primeiras descricións de Stonehenge e Avebury, e sostivo a idea de que eses monumentos prehistóricos podían ser templos druídicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa francesa de construcións aeronáuticas, constituída a raíz da fusión en 1971 dos Ateliers d’Aviation Louis Breguet (ou Breguet-Aviation) co grupo Marcel Dassault, que xa adquirira Breguet-Aviation no 1967. Fabrica avións civís (como o Mystère) e, sobre todo, avións militares Mirage, Jaguar, Alphajet e Super-Eténdard.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Merza, concello de Vila de Cruces, as referencias máis antigas sobre a utilización destas augas aluden ao seu uso polos monxes beneditinos de Caboeiro no s XI. Existen testemuños escritos de fins do s XIX nos que Taboada Leal incitaba aos empresarios a levantar un gran balneario, que non se conseguiu ata a rehabilitación do s XX. O actual balneario inaugurouse en 1991.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Verín. Na actualidade é unha planta de envasado de augas minerais, que se comercializan baixo o nome de Aguas de Cabreiroá.
-
ENSEADAS
Enseada da beira oriental da ría de Betanzos, comprendida entre a punta Redonda (ó N) e a punta Satareixas (ó S) no litoral do concello de Miño (parroquias de Perbes, Castro e Miño).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica. Este topónimo, localizado en terras de Miño e Guitiriz, semella ser unha formación híbrida composta polo latín balneu ‘baño’ máis a terminación de orixe celta -obre, derivada do céltico -brix ~ -bris ‘altura, monte’.
-
Na heráldica galega corresponde aos Tenreiro do pazo de Bañobre en Miño, partido de Pontedeume.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en Santa María de Castro (Miño). Recibe tamén o nome de pazo de Leiro. Foi reformado en 1981. A fachada está revocada, sobre a entrada, constituída por un muro de cantería no que sobresae o balcón. O brasón principal está dividido en oito cuarteis coas armas dos Andrade, Bermúdez, Castro, Figueroa, Moscoso Santiso, Soutomaior e Vilardefrancos. Conserva a capela pero moi afectada por unha vivenda construída á súa beira.
-
PERSOEIRO
Nome co que se coñece en Occidente a Abū-l-Farağ ibn al-’Ibrī, escritor e bispo da igrexa siroxacobita. Polígrafo, bo coñecedor da cultura islámica e da occidental, escribiu diversas obras de Teoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO