"BS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 258.

    1. de abstraer.

    2. Que é resultado da abstracción.

    3. Que emprega as abstraccións.

    4. Que se amosa absorto.

    5. Calidade do que non é concreto.

    6. Característica aplicada a unha noción considerada separadamente das representacións nas cales é dada.

    7. Por contraposición coa arte denominada figurativa, é aquela que non pretende a representación visual da realidade. Desenvólveuse durante o século XX, de xeito sincrónico en diferentes países europeos, aínda que xa se recollen exemplos temperáns, como os mosaicos de Gaudí (dende 1889), as pinturas do lituano Čiurlionis (1904) e os debuxos da checa Schaeffner (1905). Considérase que a arte abstracta se define nidiamente despois do 1910, partindo da experiencia de V. Kandinski. Dende entón a abstracción pasou por unha serie de grupos, escolas e teorías diferentes: lucismo, suprematismo, construtivismo, neoplasticismo, orfismo, informalismo, gestaltismo, pop art, arte cinética, e outras. Kandinski, de orixe rusa, estende dende Alemaña a abstracción, influíndo no suízo P. Klee e o húngaro L. Moholy-Nagy. A Bauhaus será o principal núcleo e movemento difusor da arte abstracta. En Francia, os pintores cubistas R. Delaunay, F. Picabia e o checo F. Kupka pasaron ao redor de 1913 do...

    8. Filme caracterizado pola sucesión de formas gráficas non figurativas e narración non descritivista, a miúdo segundo o ritmo dunha banda sonora musical.

    9. Segundo Bloomfield, formas de idéntica significación léxica que se usan en posicións sintácticas diferentes.

    10. Por oposición a nome concreto, substantivo que designa un concepto obtido por abstracción mental (beleza, esperanza, amor, etc)

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Considerar separadamente un atributo ou unha calidade, illándoo co pensamento; é dicir, considerar unha parte separándoa do todo.

    2. Illarse co pensamento, non prestar interese ou atención a nada exterior para matinar só naquilo que se ten no pensamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de abstraer.

    2. Que adoita abstraerse, distraéndose ou concentrándose nas propias meditacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é de difícil comprensión e que esixe un grande esforzo de intelixencia para chegar a comprendelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de absurdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é contrario á razón, ao sentido común.

    2. Dito ou feito que é contrario á razón.

      1. Proposición ou xuízo absurdo.

      2. reducción ó absurdo lat reductio ab absurdum

        Razoamento que, partindo do contrario do que quere demostrar, tenta chegar a unha contradición. Para probar a proposición p é preciso asumir a súa falsidade e demostrar que desta falsidade se deriva unha proposición contraditoria con p. Este tipo de razoamento tamén se coñece como redución ao absurdo ou redución ao imposible.

    3. Movemento literario moi heteroxéneo estudiado na súa mesma xénese por Martin Esslin no seu célebre traballo de 1961 (El teatro del absurdo, 1966). Trátase dunha das máis significativas correntes da literatura dramática contemporánea, que se desenvolveu durante a década dos cincuenta e que tentaba reflectir a crecente irracionalidade dunha sociedade de posguerra na que os valores propios da sociedade ilustrada ou das sociedades igualitarias comezaban a ser criticados. Denunciábase a barbarie que o estado, as institucións e calquera tipo de poder acaban por crear, convertendo a vida diaria nunha rutina, nunha suma de condutas irracionais ou nun pesadelo sen xustificación nin sentido. Textos como La cantatrice chauve (A cantante calva, 1950) de Ionesco, En attendant Godot (A agardar por Godot, 1953) de Samuel Beckett, Le Ping-Pong (O Ping-pong, 1954) de Arthur Adamov ou The Room (O cuarto, 1957) de Harold Pinter, constitúen exemplos das...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘ó absurdo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regra que permite lembrar o sentido do vector de indución magnética producida nun punto preto dunha corrente que circula por un condutor rectilíneo e indefinido. Explícase imaxinando un observador tal que, atravesado de pés a cabeza pola corrente, ve no punto considerado o vector B en sentido de dereita a esquerda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe ruso, fillo de Xurxo Dolgorukij. Resultou elixido príncipe de Vladimir polos boiardos de Suzdal’ e de Rostov en 1157, contra os que loitou co fin de superar a desmembración feudal dos principados rusos. Foi asasinado polos boiardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de satélites de comunicación da Liga Árabe. O Arabsat 1-A foi lanzado en febreiro de 1985 e o Arabsat 1-B en xuño do mesmo ano. Unha terceira versión, o Arabsat 1-C, foi lanzado en febreiro de 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio astronómico e ionosférico situado na costa norte de Porto Rico, a uns 13 km da cidade de Arecibo. Foi inaugurado no 1963. O principal instrumento de observación consiste nun gran radiotelescopio radar de 305 m de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de achegamento dunha aeronave por radionavegación que, a través dun radar auxiliar, lle dá desde terra a distancia e a desviación lateral ao punto de aterraxe óptimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de achegamento dunha aeronave por radionavegación que, a través dun radar auxiliar, lle dá desde terra a distancia e a desviación lateral ao punto de aterraxe óptimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. O Sistema de Taboleiro de Anuncios é unha rede de comunicacións cun punto de encontro no que se fan públicos avisos, pode haber discusións sobre determinados temas e, en xeral, poden obterse servicios e informacións en liña e mesmo descargarse programas ou documentos. As BBS acostuman ser temáticas e estar destinadas a comunidades de usuarios que comparten intereses comúns, como economía, política ou deportes. Acadaron moita sona antes de que se espallase a Internet, e acostumaban estar manexadas por afeccionados aos ordenadores persoais. Accédese a elas de forma gratuíta marcando os seus números de teléfono, coa particularidade de que as tarifas destas chamadas equivalen ás das normais de voz, fronte á Internet, onde a tarifa é única para acceder a servidores de calquera parte do mundo. Outras BBS foron promovidas por empresas do sector da informática para distribuír actualizacións de aplicacións e información. Desde mediados da década dos oitenta, moitas das funcións das BBS foron absorbidas...

    2. Sistema que ao instalarse nun ordenador persoal habilita as persoas que o vaian usar para conectarse vía módem a unha rede, en particular as de tipo BBS, con posibilidades como enviar mensaxes, comunicarse con grupos de interese, obter ficheiros, conversar en tempo real e en moitos casos utilizar Internet ou acceder a outras redes telemáticas, entre as que destaca FidoNet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte olímpico de inverno consistente en tripular unha zorra articulada que esvara por unha superficie de xeo semicilíndrica e inclinada. O enxeño -bipraza ou de catro prazas- de estrutura metálica e cunha carena aerodinámica, descansa sobre catro patíns de aceiro, e pode acadar velocidades que chegan ata os 150 km/h. A pista ou canle de xeo admite unha soa zorra e ten uns 1.500-1.800 m de lonxitude, cun desnivel do 8-15%. A regulamentación das competicións prohibe o uso de calquera medio mecánico de propulsión. No ano 1898 celebrouse a primeira competición organizada. Posteriormente, o bobsleigh foi admitido como deporte olímpico (Xogos Olímpicos de Inverno de Chamonix, 1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SIGLAS

    Sigla de Bahamas na placa do estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización Británica de Normalización, xeralmente representada polo símbolo BS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro astronómico hispano-alemán situado en Almería. Creouse despois dun acordo de colaboración científica asinado polos dous países o 17 de xullo de 1972. A dirección corresponde á Comisión Nacional de Astronomía e ao Max Planch Institut de Alemaña. O seu telescopio óptico mide 3,5 m de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semanal publicada pola American Chemical Society desde 1907. Contén documentación mundial sobre a química e a enxeñería química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. Dedicouse ao estudo da álxebra e da xeometría, e realizou traballos notables no campo da física matemática. En 1867 fundou, xunto con Carl Neumann, a publicación Mathematische Annalen.

    VER O DETALLE DO TERMO