"Bia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 440.

  • PERSOEIRO

    Histólogo e embriólogo. Foi profesor de Embrioloxía Comparada no Collège de France. Descubriu os cromosomas politénicos nas células das glándulas salivais das larvas de Chironomus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Letrado chinés, pai dos historiadores Ban Gu e Ban Zhao e do xeneral Ban Chao. Coa intención de continuar coas Shiji (Memorias históricas) de Sima Qian, recompilou información que os seus dous fillos elaboraron e converteron na Qian Han shu (Historia da dinastía Han).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de La Rioja, drenado polo río Najerilla (1.845 h [1996]). A base da súa economía reside nas actividades agropecuarias, principalmente cultivos de cereais, vides e gandería, especialmente porcina. Tamén hai industrias transformadoras, fundamentalmente alimenticias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federico I de Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hayr al-Dīn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medo morboso a non poder camiñar ou a caer mentres se camiña; obsérvase especialmente en pacientes con ataxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fobia ás profundidades e ao baleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e retratista. Foi pintor da corte dende o ano 1767 e director da Academia de San Fernando de Madrid no ano 1788. Dun rococó brillante, evolucionou cara a un clasicismo académico, e foi o máis persoal dos pintores do círculo de Mengs. Dedicouse sobre todo á pintura mural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi discípulo de Merclein e de Luzán en Zaragoza. No ano 1757 ingresou na cartuxa de Auladei, onde fixo o noviciado. Logo de realizar pequenos encargos para decorar varias cartuxas, a obra que o acredita como mestre foi a decoración da sancristía da igrexa de San Gil de Zaragoza. No ano 1793 realizou as pinturas do presbiterio da catedral de Jaca e, pouco despois, do ciclo da vida de santo Bruno, para a Cartuxa de Las Fuentes (Colegio Mayor de Santiago, de Huesca). O seu estilo mantense fiel á tradición barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante e explorador estonio. Navegou ao redor da Antártida nunha expedición da mariña rusa entre 1819 e 1821, que foi a primeira en descubrir terras ao S do Círculo Polar Antártico (a Illa de Pedro I e a Terra de Alexandre I), no mar que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aversión morbosa ás agullas ou outros obxectos punzantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Europa Oriental que se estende polos vales baixos dos ríos Prut e Dniéster ata o Mar Negro, e que ocupa a maior parte de Moldavia, nunha faixa que se prolonga en dirección NO-SL ao N da conca do Danubio. En total abrangue unha superficie de máis de 45.000 km2, entre os 46°-48° de latitude N e os 28°-30° de lonxitude L. Área de transición entre oriente e occidente, a composición étnica da poboación é moi heteroxénea: a maioría moldava (ou romanesa), que é máis da metade do total e habita principalmente na metade occidental, convive con importantes minorías de ucraínos, rusos, xudeus e búlgaros; os ucraínos e os rusos están establecidos sobre todo na parte oriental. Morfoloxicamente, pódense distinguir dúas grandes unidades: a primeira, ao S, é unha gran chaira cuberta de vexetación esteparia. No centro e no N, o relevo érguese e tórnase máis abrupto, modelado polas incisións fluviais. Malia a súa proximidade ao Mar Negro, a situación occidental do país respecto do litoral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano, coñecido polo nome de il Pinturichio. Traballou con Perugino na capela Sixtina (1481-1483). Realizou os frescos de Santa María in Aracoeli de Roma (1485) e no Vaticano decorou os apartamentos Borgia (1492-1494), hoxe Biblioteca. En Siena pintou os frescos da Biblioteca Piccolomini da catedral. Entre os seus lenzos destaca A Coroación da Virxe, Historia de Xosé, Virxe na gloria e o Cristo coa cruz ás costas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personificación mítica da forza e da violencia, filla do titán Pales e da ninfa Estixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Band-in-a-box.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto asinado no campamento de Biac-na-Bató, na illa de Luzón (Filipinas) no 1897, entre o capitán xeneral Fernando Primo de Rivera e o xefe dos independentistas filipinos Emilio Aguinaldo. En virtude deste acordo os insurrectos acataban a soberanía española, eran liberados algúns prisioneiros españois e concedíase unha amnistía xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua oceánica da familia austronésica e do grupo de linguas malaio-polinesias orientais, subgrupo de linguas moluqueñas. Fálana na Baía Geelvink unhas 40.000 persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que tomou a antiga rexión Oriental de Nixeria (76.364 Km2), ao declararse independente o 30 de maio de 1967. A maioría da poboación é ibo. Predomina o Catolicismo, a diferenza das rexións do N, onde o Islam é maioritario. Os principais recursos económicos son a agricultura, o carbón, o petróleo e o gas natural. As principais cidades son Onitsha, Enugu, Owerri, Umuahia, Aba, Porto Harcourt, Calabar e Bonny. Despois do golpe de estado do xeneral nixeriano Yakubu Gowon, en xullo de 1966, o gobernador da rexión Oriental, xeneral Chukwerneka Odumegwu Ojukwu, negouse a recoñecer o novo goberno; a crise producida por mor deste feito acrecentouse coas matanzas de poboación ibo ao N (30.000 en xullo de 1966), matanzas que responden a un desexo de vinganza dos emires do norte polo asasinato do principal dirixente e o papel de minoría privilexiada dos ibos na rexión Hausa. A sensación de ser perseguidos polo novo goberno militar xunto co feito de ser esta rexión unha das mais prósperas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golfo de Bonny.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Biafra ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Biafra.

    VER O DETALLE DO TERMO