"CAD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 940.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia romanesa fundada no ano 1948 en Bucarest a partir da reorganización da Academia Român ǎ , creada en 1866 co nome de Societatea Literara Român ǎ , e das academias de ciencias e de medicina. Mantén unha estreita ligazón coa produción industrial e agrícola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sächsische Akademie der Wissenschaften.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no ano 1928 en Nanxing, China, coa finalidade de dirixir e de promover as investigacións científicas. Logo da Guerra Civil, que enfrontou os nacionalistas e os comunistas, trasladouse, ao mesmo que o goberno nacionalista, a Taipei.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Svenska Akademien.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo honorario fundado no ano 1879. Agrupa os científicos que fixeron unha contribución importante ao avance das ciencias e do ensino. Ten dúas seccións, unha de Ciencias Sociais e Humanidades e outra de Ciencias Naturais e Aplicadas.
-
-
Normativa propia dunha academia ou dun académico.
-
Doutrina que propugna o seguimento do considerado academicamente correcto, cando menos dende o punto de vista formal.
-
Aplicación ás obras de arte dun espírito formalista que substitúe a expresión espontánea pola corrección normativa, segundo as normas artísticas de carácter oficial que polo xeral propugnan as academias de arte.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao academicismo.
-
Cultivador e seguidor do academicismo.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a unha academia.
-
Relativo aos estudios superiores.
-
-
Membro dunha academia.
-
Que segue rigorosamente as normas clásicas.
-
-
Filósofo da Academia de Platón.
-
Pertencente á escola filosófica de Platón.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Académie Nationale de Médecine.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución parisiense derivada dunha das antigas seccións do Institut de France, creadas cando a súa fundación en 1793 logo da disolución das vellas academias, que no ano 1816 se refundaron en torno á Académie Française (escritores) e a de Belas Artes (artistas). Conta con 50 membros. A Académie de France de Roma e a Casa de Velázquez de Madrid son as dúas institucións internacionais que dependen dela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en París (1663) polo ministro Jean-Baptiste Colbert co nome de Petite Académie, formaban parte desta academia catro membros da Académie Française. Encargábase de redactar as inscricións dos edificios construídos por Luís XIV. Integrouse no Institut de France (1793), do que constituíu unha sección ata que as antigas academias retomaron cada unha o nome de seu (1816).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia fundada en París (1666) polo ministro Jean-Baptiste Colbert e reorganizada por Luís XIV (1699). Os seus membros agrupábanse en dúas divisións: a de Ciencias Matemáticas e Físicas e a de Ciencias Químicas e Naturais, que á súa vez subdividíanse en oito seccións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada pola Convención Nacional en 1795, suprimida por Napoleón en 1803 e restablecida polo goberno de Luís Felipe en 1832. Ten a súa sede en París. Artéllase en cinco seccións: Filosofía; Moral e Socioloxía; Historia e Xeografía; Lexislación, Dereito Público e Xurisprudencia; e Economía Política, Estatística e Finanzas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución orixinada a partir das reunións dun grupo de literatos, regulamentada por Richelieu (1634), recoñecida por Luís XIII (1635) e polo parlamento (1637). No ano 1793 pasou a formar parte do Institut de France -compartindo sección cos pintores, os escultores e os músicos-, do que se desagregou en 1816 ao recuperar a súa histórica autonomía. A finalidade que lle atribuíu Richelieu foi a de regular a lingua francesa, polo que o seu propósito inicial foi a redacción dun dicionario (1694), dunha gramática (1932) e, posteriormente, dunha retórica e unha poética. Ten a súa sede en París. Os seus académicos, designados tamén co nome dos inmortels -a causa da divisa da institución, À la immortalité-, son titulares e elixidos por maioría absoluta. Non está dividida en seccións. Concede periodicamente o Grand Prix de Littérature e o Grand Prix du Roman.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución de carácter literario creada por disposición testamentaria de Edmond Goncourt (1884) e fundada no ano 1896, logo da súa morte. Constituíuse oficialmente en París en 1902. Concede anualmente o Prix Goncourt co que premia a mellor obra de imaxinación en prosa, habitualmente unha novela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución científica fundada en París no ano 1820 co nome de Académie Royale de Médecine; en 1947 adoptou o nome actual. É un organismo consultivo encargado de estudar cuestións de saúde, alimentación e hixiene pública.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en París polo chanceler Pierre Séguier e o pintor Charles Le Brun (1648), segundo as normas establecidas na Accademia del Disegno de Florencia (1563) e na Accademia di San Luca de Roma (1593).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer unha obra artística segundo as normas académicas ou cun criterio academicista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe mítico grego da Ática, de quen tomou o nome a Academia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución inglesa de formación de actores, a máis prestixiosa da Gran Bretaña no seu xénero. Fundada no ano 1904 e reconstruída ao cabo de dous anos, no 1920 recibe o título de Royal (Real). A ela estiveron ligadas figuras sobranceiras, como Vivien Leigh e Charles Laughton.