"CAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

    1. Emitir sons de lamento, especialmente os animais.

    2. Queixarse dolorosamente o can.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maurice Joseph Micklewhite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor de novelas melodramáticas, entre a súa produción destacan as obras: The shadow of a crime (A sombra dun crime, 1885) e The eternal city (A cidade eterna, 1901). Amigo de Dante Gabriel Rossetti, escribiu o libro de memorias Recollections of Rossetti (Recordos de Rossetti, 1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos caingangs.

    2. Individuo do pobo indio dos caingangs.

    3. Familia de tribos indias que se estende pola conca esquerda do río Paraná, dende o N do río Grande ata o S do río Uruguay. Estas tribos están moi relacionadas natural e lingüisticamente cos jê. Os brasileiros danlles o nome de coroados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á seita dos cainitas.

    2. Individuo que pertence á seita dos cainitas.

    3. Secta aparecida no s II que veneraba aqueles personaxes que no Antigo Testamento eran repudiados por Deus, sobre todo Caín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de potasio e magnesio hidratado, de fórmula KMg[Cl/SO4]·3H2O. É un sal natural monoclínico e translúcido de cor branca que se presenta asociado ao sal común, á canalita e á anhidrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Claudio Vasconcellos Cabral.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase á uva da variedade caíño e ao viño elaborado con ela.

      2. ariedade de uva autóctona galega, tinta e branca, en ambos os casos moi escasa. Dá lugar a viños suaves, pouco alcohólicos e algo acedos. A tinta é unha das máis características do Ribeiro e ambas as dúas están autorizadas na Denominación de Orixe Rías Baixas.

      3. iño elaborado con esta variedade de uva.

    1. 2 cairo.

    2. Aplícase ao porco que ten o pelo cara a atrás.

    3. Que é pouco xeneroso ou de mala condición.

    4. Mosca das cabalerías.

    5. brionia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero da familia dos cainotéridos.

    2. Familia de mamíferos fósiles da suborde dos tilópodos. O xénero máis significativo é o Cainotherium, propio de finais do Oligoceno e que se extinguiu a principios do Mioceno. Os animais deste grupo acadaban uns 30 cm de lonxitude, coas patas traseiras máis longas ca as dianteiras e todas elas rematadas en pezuños de dous dedos e co resto reducidos. Presentaban tamén orellas longas e hábitos semellantes aos coellos, cos que coexistiron e competiron. Os principais xacementos están na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Armazón de canas, varas ou vimbios entretecidos, utilizada para diversos usos.

    2. Armazón de táboas, canas, varas ou vimbios entretecidos que se coloca nos laterais do carro para soster a carga.

    3. Armazón constituída por varas ou vimbios entretecidos e usada para desfacer terróns e achandar a terra de cultivo.

    4. Cancela feita de paos ou vimbios entretecidos que permite o paso do carro.

    5. Armazón de táboas ou vimbios colocada a certa altura sobre o lume para secar ou afumar alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Armazón feita de varas ou canas entretecidas.

    2. Conxunto de cousas depositadas ou contidas na caínza ou no caínzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nivelar a terra pasándolle o caínzo ou a caínza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura de canas ou vimbios entretecidos empregada como separación cuberta dunha construción ou para outros usos.

    2. Armazón feita con vergas de abeleira, salgueiro ou vimbio que se coloca entre os fungueiros do carro para amarrar a carga.

    3. Aveño de labranza constituído por unha estrutura de táboas e varas entretecidas usada para achaiar a terra.

    4. Estrutura de paos e varas entretecidos colocado á entrada dunha propiedade como porta.

    5. Armazón feita de táboas entretecidas con canas ou vimbios que se coloca a certa altura sobre o lume para secar ou afumar alimentos.

    6. Hórreo formado por vimbios entretecidos, xeralmente cilíndrico e móbil. OBS: Tamén se emprega nalgunhas zonas de Galicia como denominación xeral de hórreo.

    7. Recipiente de vimbio ou canas usado para transportar uvas durante a vendima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico cirurxián. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e, no 1955, acadou a cátedra de Patoloxía e Clínica Cirúrxica. Dedicou unha especial atención á infección en cirurxía e traballou tamén nos receptores de estróxeno en tumores de mama e ensaios clínicos. Pertenceu a numerosas sociedades científicas, foi secretario e presidente da Sociedad de Cirugía de Galicia (1988-1995) e director da Revista Gallega de Patología Digestiva. Ademais de numerosos artigos científicos, publicou: Infección en cirugía (1994), Contenidos y objetivos docentes en patología quirúrgica general y del aparato digestivo (1996), Conferencia de consenso sobre la infección en cirugía (1997) e Asepsia y antisepsia en cirugía (1999), entre outros libros. Académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, foi galardoado con premios como o Conde de Fenosa (1984), Sociedad de Cirugía de Galicia (1986) ou Braum-Dexon (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome procedente do latín Caius ou Gaius, moi frecuente na antiga Roma. Utilizábase na fórmula do casamento Vbi tu Caius ego Caia ‘onde ti sexas Caio eu serei Caia’, e de tu Caius vén o termo tocaio ‘persoa que leva o mesmo nome’. Caio Mario (s II-I a C), adversario de Sila, venceu a Iugurta, rei de Numidia, dos cimbros e dos teutóns que invadira a Provenza. Cónsul sete veces e líder do partido popular, os inimigos converteron o seu nome, Mario, en sinónimo de político ambicioso, mentres que durante a Revolución Francesa simbolizou o heroe da liberdade e da democracia. Levaron tamén este nome Caio Mucio Scaevola, o político e literato Caio Xulio César, o poeta lírico Caio Valerio Catulo, o político Caio Cilnio Mecenas, o historiador e literato Caio Plinio Secundo, o Emperador Caio César Calígula e o historiador Caio Suetonio Tranquilo. San Caio (s III), natural da Dalmacia e parente do Emperador Diocleciano, foi papa (283-296) e morreu martirizado....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto lusitano. Natural de Aeminio (actual Coimbra), foi o autor da Torre de Hércules (A Coruña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Laracha baixo a advocación de santa María do Socorro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida elaborada con rodiñas de limón e azucre machacados e mesturados con xeo e cachaça, típica do Brasil. Con base neste combinado creáronse novas variantes, nas que se engade vodka, ron ou outras augardentes.

    VER O DETALLE DO TERMO