"Constant" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 98.
-
PERSOEIRO
Actor e crítico dramático francés. Estudiou no Conservatorio de París, onde obtivo o segundo premio de comedia en 1860. Incorporouse á Comédie Française en 1864, na que se fixo famoso pola creación de personaxes como Gringoire, Tartufo ou Fígaro nos que mostrou un sorprendente dominio dos recursos do actor. Trala súa dimisión en 1886, fixo xiras artísticas por Europa e América, e reincorporouse á Comédie en 1890 para interpretar o Thermidor de Sardou. A partir de 1895 traballou co teatro da Renaissance e en 1897 converteuse en administrador do teatro da Porte-Saint-Martin, onde representou o papel de Cyrano na obra Cyrano de Bergerac, escrito para el, a petición súa, por Edmond Rostand. Publicou o ensaio L’art du comédien (A arte do cómico) e L’Arnolphe de Molière (O Arnolphe de Molière).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constante que vén definida pola fórmula C=µ0Nm2/3k, na que µ0 é a permeabilidade do baleiro, N o número de dipolos por unidade de volume, m o momento magnético destes dipolos e k a constante de Boltzmann.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento apócrifo redactado entre os ss VIII e IX, pero datado no 313, no que Constantino I recoñecía o Papa Silvestre I como soberano e outorgáballe a soberanía sobre a cidade de Roma, as provincias de Italia e todo o Occidente. Os privilexios temporais estendíanse á Igrexa de Roma, feito que serviu de fundamento para as reivindicacións temporais dos papas, logo da constitución dos Estados Papais. Durante a Idade Media, discutiuse a autenticidade do documento, pero os humanistas do s XV demostraron que se trataba dunha falsificación.
-
PERSOEIRO
Sociólogo e crítico literario ucraíno. Colaborou na revista Contemporanul, na que aplicou o materialismo histórico á teoría e crítica literaria. Os seus Studii critice (Estudios críticos) exerceron grande influencia na literatura romanesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista grego. Licenciouse como arquitecto e enxeñeiro na Universidade Técnica de Atenas (1935) e doutorouse na Universidade de Charlottenburg, Berlín (1937). Regresou a Grecia e traballou nos planos de reconstrución e desenvolvemento urbanístico do Town Planning. En 1951 fundou a Doxiadis Associated, sociedade dedicada á planificación urbanística de cidades en todo o mundo, entre outras Islamabad e Bagdad. Foi ministro de Desenvolvemento en Bulgaria (1945-1948) e construíu 3.000 novas poboacións de 200.000 habitantes. A súa actividade teórica estaba encaminada ao estudo das instalacións humanas, con métodos científicos que denominou Ekistica. A súa sociedade traballou en España co nome de Dioxiadis Ibérica. Realizáronse programas urbanísticos, entre outros lugares, en Pontevedra, A Guarda e Tui.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador latino de Constantinopla (1206-1216), fillo de Balduíno V, conde de Hianaut. Participou na Cuarta Cruzada xunto ao seu irmán, o Emperador Balduíno I. Despois da captura de Balduíno polos búlgaros na Batalla de Adrianápolis (1205), converteuse en rexente e en 1206 sucedeuno como emperador. Venceu os búlgaros en Salónica (1207) e liberou os gregos. Reorganizou o territorio e acadou a paz entre gregos e latinos despois de derrotar os bizantinos disidentes do Epiro (1207) e do Imperio de Nicea (1211 e 1214).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e ilustrador. Introduciu a caricatura política en México e realizou ilustracións críticas sobre a historia mexicana. Publicou litografías na revista La Orquesta (1861-1968). Das súas obras destaca o álbum Glorias nacionales.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e escritor francés, barón de Estournelles de Constant de Rebecque. Foi conselleiro da embaixada de Francia en Londres (1892-1894), deputado (1895) e senador (1904-1924) en Francia. Como representante do seu país acudiu ás dúas primeiras conferencias da Haia (1899, 1907). Escribiu, entre outras obras, La Politique française en Tunisie: Le Protectorat et ses origines, 1854-1891 (1891), Woman and the cause of the peace (1911) e Pour la Société des Nations (1921). En 1891 gañou o premio Thérouanne da Academia Francesa e en 1909 recibiu, xunto a Auguste Beernaert, o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Límite cando n → ? da serie {un}, cando n<0, de termo xeral un=1+1/2+1/3+...+1/n-lnn. O seu valor aproximado é C=0,57721566
-
PERSOEIRO
Filólogo. Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidad de Oviedo e doutorouse na Universidad Complutense de Madrid coa tese Ideas Lingüísticas en España durante el siglo XVI (1958, premio nacional de investigación Antonio de Nebrija 1958, publicada co título Contribución a la historia de los conceptos gramaticales (la aportación del Brocense), en Revista de Filología Española, 1960). Desde 1951 foi bolseiro e colaborador do Instituto de Filología e do Comité de Latín Medieval Hispánico, ambos do CSIC. Foi profesor axudante das cátedras de Gramática Xeral e Gramática Histórica da Lingua Castelá (1953-1959), encargado do Seminario de Filoloxía Románica da Universidad Complutense de Madrid e colaborador do Seminario Menéndez Pidal, no que traballou con Ramón Menéndez Pidal e Rafael Lapesa na confección do Glosario del español primitivo (inédito). Ocupou o lectorado de castelán na Universidade de Bonn (1960-1966) onde colaborou cos profesores Harri Meier e E. Coseriu....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Catedrático de Literatura Norteamericana da Universidade de Santiago de Compostela e vicepresidente da Asociación Española para el Estudio de los EE UU (SAAS), da súa produción destacan La novelística de Carson Mc Cullers (1986) e El mundo novelesco de Carson Mc Cullers: soledad, amor e identidad (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Tino Grandío, despois de acadar galardóns nas exposicións provinciais de Lugo de 1944 e 1945 acadou unha bolsa en 1949 da deputación lucense e trasladouse a Madrid, onde se relacionou con Cristino Mallo e outros artistas galegos. As súas primeiras obras foron escenas de xénero e costumistas tratadas cun colorido intenso e cunha rotundidade case escultórica na representación das figuras. Desde a década de 1950 a súa obra evolucionou cara a dúas correntes, a abstracción e a neofiguración, caracterizándose pola monocromía, xeralmente de grises e brancos, polas figuras pouco perfiladas sobre as que se estende a mancha da cor de xeito que semellan flotar ou vaporizarse no espazo e polo reiteramento dos temas, naturezas mortas, paisaxes, mariñas, escenas de interior, retratos e animais; no da abstracción cómpre destacar, entre outras obras, Vaca azul (1951) e a serie dos Espellos (1959-1961). No eido da figuración destacan, entre outras, Romaría...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante francés. Loitou en Grecia (1823) e en Francia converteuse en oficial de dragóns (1830). Foi cronista gráfico e correspondente de Illustrated London News. Converteuse en cronista da alta sociedade e cultivou a acuarela e a augada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Personaxe polifacético, emigrou a La Habana onde obtivo os títulos de perito e profesor mercantil na Escuela de Comercio de La Habana. Posteriormente doutorouse en Dereito e foi xuíz. En 1895 fundou a Biblioteca Hispanoamericana de Ciencias Comerciales e dirixiu a revista Galicia. Publicou Tratado de metrología universal y agrimensura práctica, Aritmética práctica e Tratado universal de correspondencia comercial trilingüe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (842-858 e 867-877), fillo de Miguel II. Loitou contra a corrupción e foi desterrado (858), pero foi restaurado no cargo polo Emperador Basilio I de Bizancio. A súa festividade celébrase o 23 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que cambia ou que non ten constancia.
-
Que cambia de ideas, opinións ou sentimentos con facilidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de dúas constantes (ë e ì) que serve para definir as propiedades elásticas dun corpo homoxéneo e isótropo.
-
GALICIA
Fotógrafo. Coñecido como Tino Martínez, expuxo parte da súa obra en Vigo, no Museo de Pontevedra, no Museo Arqueolóxico de Ourense, na Universidade de Coimbra e no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, ademais dalgunhas mostras en Francia e Reino Unido. Foi coautor de La música medieval en Galicia (1982) e publicou os libros Ofrecidos-El Nazareno, Ofrecidos-Los Milagros de Amil, Ofrecidos-Santa Marta de Ribarteme (1989), Exvotos (1994), Fantasías de pedra (1997) e 6X11 (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Foi director xeral do Instituto Social de la Marina (1983-1987), director xeral do Instituto Nacional de la Seguridad Social (1987-1993), conselleiro da Organización Iberoamericana de la Seguridad Social (1986-1993) e secretario de estado para as Administracións Públicas (1994-1995). Foi deputado por Pontevedra no Congreso polo PSOE (1993-1996) e dirixiu as revistas Mar e Noray.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e pintor belga. Formouse en Bruxelas co seu irmán Jean-Baptiste Meunier e o tamén gravador, Luigi Calamatta, e traballou co escultor Charles-Auguste Fraikin. Tras expoñer a escultura La guirlande, orientouse cara á pintura e foi discípulo de Navez e amigo de Charles de Groux. Pintou obras de temática relixiosa e histórica. En Sevilla copiou o Descendimiento de Pieter de Kempeneer e pintou escenas populares. En 1855 volveu cultivar a escultura e centrouse en temas de obreiros e mineiros, como Le marteleur (1886). O seu estudo de Bruxelas é o Musée Meunier.
VER O DETALLE DO TERMO