"Deo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 204.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación fundada en 1955 e dirixida dende a súa presentación ata 1984 por Carlos Álvarez Fernández-Cid, ano no que colleu a batuta María del Carmen Rodríguez Cancelo. Conta cun amplo repertorio no que se inclúen obras clásicas, relixiosas e populares, e pezas de zarzuelas, interpretadas por un conxunto de 50 voces mixtas. Apadriñou as corais de Viveiro e Sober e realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Asturias, Astorga, Donostia, Barcelona, Sabadell, Jaén e Lisboa). Gravou para RNE, Cadena COPE, Radio Galega, TVG, Telelugo e TVE, así como un directo no ano 1995 no que se recolleu o concerto conmemorativo do seu 40 aniversario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á coroide.
-
-
Relativo ou pertencente aos crinoideos.
-
Equinodermo da clase dos crinoideos.
-
Clase de equinodermos, do subfilum dos pelmatozoos, constituída por animais mariños de simetría radial. Presentan o corpo con forma de disco, do que parten cinco divisións principais que se ramifican en novos brazos e en numerosísimas proliferacións de pequeno tamaño e transversais. O corpo aparece protexido por placas calcarias e pode ser de cor verde, vermella, amarela ou branca. Os brazos teñen un suco lonxitudinal onde se dispoñen os pés ambulacrais, transformados en tentáculos, que transportan o alimento á boca. Tanto a boca coma o ano dispóñense, no centro dos brazos, cara a arriba. Con estes tentáculos e, ás veces, con secreccións mucosas, filtra pequenos animais planctónicos. Fíxanse ao substrato mediante un pedúnculo articulado, unido á parte inferior do disco que pode presentar pequenas prolongacións transversais. Cada animal pertence a un único sexo. As formas larvarias son de vida libre ata que se fixan ao substrato e sofren a metamorfose. Algunhas especies acadan os 30 cm de...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que apareceu en 1980 na localidade do Barco de Valdeorras e que desapareceu coa chegada do seu terceiro número en 1983. Avalada polo Instituto de Estudios Valdeorreses, incluía información de carácter cultural e, á parte, algúns monográficos como o dedicado ao abade de Vilamartín de Valdeorras, da autoría de Ramón López Caneda.
-
PERSOEIRO
Entallador. Realizou o retablo de Santa Baia de Parderrubias (A Merca) no ano 1592.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río afluente do Mandeo pola esquerda. Nace na parroquia e concello de Curtis, da confluencia dos ríos Martín, Carballido e Ameneira. O seu curso adopta unha dirección SO-NL co que drena a parroquia de Curtis ata a súa desembocadura no lugar de Vilardois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (615-618). Limitou os privilexios que posuían os monxes dende o pontificado de san Gregorio o Magno. O seu selo pontificio, coa inscrición Deusdedit papa (o seu nome en latín), é o máis antigo dos coñecidos. A súa festividade celébrase o 8 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (672-676). Foi o primeiro en encabezar as súas cartas coa fórmula Saúde e bendición apostólica e en datalas co ano do seu pontificado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teolindo/Teolinda.
-
PERSOEIRO
Escritor. Durante a ocupación alemá colaborou en Action Française. A súa narrativa, representada por obras como Je ne veux jamais l’oublier (Non quero esquecelo xamais, 1950) ou La corrida (1952), manifesta unha insolencia elegante, pesimista e plena de nostalxia. Dos seus escritos políticos destacan L’armée d’Algérie et la pacification (O exército de Alxeria e a pacificación, 1959) e La carotte et le bâton (A cenoria e o pao, 1960). Membro da Académie Française desde 1978.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo suízo. Estudiou en Xenebra e na École Française d’Athènes (1905-1908). Foi director do Musée d’Art et d’Histoire (1922-1951) e profesor de arqueoloxía na Université de Genève. Entre as súas obras destaca L’archéologie, sa valeur, ses méthodes (A arqueoloxía, o seu valor e os seus métodos, 1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ciencia ou tratado dos deberes. En calidade de determinación empírica das normas morais, a teoría deontolóxica trata dos deberes que se teñen que cumprir para poder chegar a un ideal de felicidade, o máis grande posible para o maior número de individuos.
-
Ciencia ou tratado que estudia os deberes e a ética profesional dos médicos. Establece unhas normas de conduta médica que varían segundo as influencias sociais.
-
-
-
Relativo ou pertencente á deontoloxía.
-
Conxunto de normas e preceptos de carácter moral que rexen nunha tarefa ou traballo determinados e cos que se procura respecto, rigor, honestidade e outros principios acordes coa ética profesional.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dicir inxurias contra algo ou alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inxuria ou ofensa verbal ou escrita.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou nas xanelas superiores da nave principal de San Isidoro de León. Construíu as pontes de Esla e Puente Miña. Atribúeselle a dirección das obras da igrexa de Quintanaluengos (Palencia).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á flor, ou á súa planta, que presenta dúas cubertas.
-
-
Relativo ou pertencente aos difilídeos.
-
Platihelminto da orde dos difilídeos.
-
Orde de platihelmintos, da clase dos cestodos, caracterizada polo feito de presentar dúas ventosas alongadas que actúan como órganos adhesivos. Parasitan os intestinos de peixes mariños e teñen como hospedeiros intermedios crustáceos e moluscos mariños. Comprende só o xénero Echeneibothrium.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pé métrico composto por catro sílabas acentuadas, ou longas, que se divide en dous espondeos combinados nunha mesma unidade. Producen un efecto de lentitude no ritmo.
-
PERSOEIRO
Xeólogo e mineraloxista. Estudiou a rexión volcánica de Sicilia, Calabria e os Alpes en 1790, lugar no que descubriu a dolomía, que leva o seu nome. A súa obra máis destacada é Sur la philosophie mineralogique (Introdución á filosofía mineralóxica, 1801).
VER O DETALLE DO TERMO