"Diz" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 94.
-
FILOSOFOS
Filósofo arxentino. Foi reitor da Universidad de Buenos Aires. Centrou a súa investigación no problema da estrutura do eu e dos valores. Propugnou que o valor non é algo exclusivo no senso de que non é nin algo totalmente obxectivo, nin subxectivo, senón un todo complexo. Desenvolveu unha axioloxía ou teoría dos valores na que afirmou que cómpre distinguir entre valores e bens. Entre as súas obras destacan Descartes y la filosofía inglesa do s XVII (1938), Que son los valores? (1958) e El Hombre y los valores en la filosofía latinoamericana del siglo XX (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr de orixe probablemente galega. Activo entre o segundo e o derradeiro cuarto do s XIII, as súas composicións aparecen recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Consérvanse da súa autoría catro cantigas de amigo, unha delas dialogada, e dúas cantigas de amor, unha delas fragmentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador da liñaxe dos Sousas. Estivo na corte de Sancho I de finais do s XII ata 1211. Trala subida ao trono de Afonso II e as loitas dinásticas que mantivo coas súas irmás, debeu fuxir á corte de León, onde estivo exiliado (1212-1217) e lugar de residencia habitual do seu irmán, mordomo e testamenteiro de Sancho I. A súa única composición, unha cantiga en occitano moi deturpada, debeuna compor en Galicia no período final do seu exilio, arredor de 1215; conservada no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, marca o inicio do que sería o movemento trobadoresco no occidente peninsular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trompetista, cantante, compositor e director de orquestra de jazz estadounidense. Coñecido co pseudónimo de John Birks, xunto con Charlie Parker foi un dos iniciadores do estilo renovador do bop e tocou nas orquestras de Teddy Hill, Cab Calloway e Earl Hines. Como instrumentista destacou polo virtuosismo das súas improvisacións e nos anos cincuenta foi un dos introdutores dos ritmos afrocubanos no jazz.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Coñecida como Ana Diz, a súa pintura é de tipo expresionista, cunha tendencia á esaxeración das formas. Participou en diversos concursos de logotipos, entre outros, en La Salle (1986) e Madrid (1994), e realizou diversas exposicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conceder a independencia.
-
Obter a independencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización non gobernamental, con sede en Xenebra, dedicada ao desenvolvemento de normas que faciliten o intercambio mundial de servicios e mercadorías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso fonolóxico de palatalización dun fonema, que se converte en iode. Por exemplo, en latín VĪNĔA > vinia > viña; VĔTŬLU > vet’lu > vec’lu > vello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palatalizar un fonema converténdoo en iode.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués. Activo entre finais do s XIII e principios do XIV, está moi documentado en actas e diplomas do período dionisíaco. Constitúe o último representante dunha familia de poetas e dignatarios de corte que ascendera socialmente mediante, sobre todo, políticas matrimoniais de varias xeracións: o seu avó Roi Gomez de Briteiros casara con Elvira Anes de Maia, da liñaxe dos Sousa, e coa voda ascendera a mordomo-mor de Afonso III; o seu pai Men Rodriguez de Briteiros seguiu na corte de Afonso III ata 1260 e, tras casar con Mariannes, filla de Johan Perez de Veiga, conseguiu os bens dos Berredo. O mesmo trobador casou coa filla ilexítima de Afonso III, Urraca Afonso, co que acrecentou o patrimonio familiar. Consérvanse 9 composicións da súa autoría, que se transmitiron no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 6 cantigas de amor e 3 de amigo. Este corpus caracterízase pola densidade e innovación temática, sustentada...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Pasou a España en 1761 e trala invasión da Península Ibérica por Napoleón, formou parte da Junta Central e foi membro da primeira rexencia do reino (1810). Defensor dos dereitos de Fernando VII, este nomeouno ministro de Ultramar (1814) e posteriormente conselleiro de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás lardizabaláceas.
-
Planta da familia das lardizabaláceas.
-
Familia de plantas dicotiledóneas, da orde das ranais, integrada por lianas e arbustos, de follas a miúdo palmeadas e flores actinomorfas solitarias ou en acios. Son propias do hemisferio meridional.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser levantado e baixado facilmente a través dun mecanismo.
-
-
Que é propenso a sublevarse con facilidade.
-
Que se incomoda ou pon de mal xenio con facilidade.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia do Val de Xestoso (Monfero). O seu cumio acada os 540 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e diplomático mexicano. Seguidor da liña política de Madero, emigrou a Cuba perseguido polo seu sucesor Victoriano Huerta. De regreso a México, foi elixido deputado (1928-1930) e desempeñou diversas misións diplomáticas. Gran estudoso da cultura e da literatura maias, da súa obra destacan La tierra del faisán y del venado (1922), El libro del Chilam Balam de Chumayel (1930) e Introdución al estudo de la lengua maya (1943). Foi membro da Academia Mexicana de la Lengua (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei aprobada en 1837 a instancias de Juan Álvarez Méndez, marqués de Mendizábal, vixente entre 1836 e 1854. Para paliar a crecente débeda pública, intentaba que a burguesía se fixese cargo das terras en mans mortas co fin de aumentar a produción agrícola. Co decreto do 19 de febreiro de 1836, a lei de desamortización poñía á venda todos os bens das ordes relixiosas extinguidas, e co decreto do 8 de marzo de 1836 elimináronse as corporacións relixiosas de clérigos regulares. En Galicia destacaron as vendas de foros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Álvarez Méndez.
-
-
Que se move ou pode moverse con facilidade.
-
Que mostra inestabilidade e inconstancia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
mudable.