"Duca" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 137.
-
-
Adecuación do comportamento dunha persoa ás normas de trato social. OBS: Xeralmente, vai modificado con adxectivos como boa ou mala, e de non ir modificado, ten o significado de ‘boa educación’.
-
Desenvolvemento ou perfeccionamento dunha facultade, función ou capacidade.
-
-
ciencias da educación
ciencias da educación.
-
educación ambiental
Conxunto de programas e proxectos formativos que crean unha conciencia ecolóxica co obxectivo de promover a relación responsable entre a sociedade e a natureza, e encamiñar a sociedade cara a unha conduta consciente dos problemas ambientais. En Galicia existen numerosas experiencias pedagóxicas encadradas neste tipo de tentativas, que deron lugar á realización de encontros e de distintas publicacións. Estas iniciativas promovéronse desde o Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia, as plataformas de preocupación educativa e ambientalista ou desde o propio sector editorial.
-
educación antiautoritaria
Concepción non autoritaria da educación, que se dirixiu a partir dos anos sesenta do s XX contra o tradicionalismo e o autoritarismo educativo, baixo a influencia da escola de Frankfurt e da psicoloxía profunda (E. Fromm, W. Reich e A. S. Neill).
-
educación compensatoria
Educación que comprende medidas para superar ou minorar desvantaxes lingüísticas ou intelectuais de nenos e mozos, a maioría das veces condicionadas socioculturalmente.
-
educación de adultos
Educación que se lles dá, en particular, a persoas que non puideron recibir formación elemental en idade escolar. Consiste xeralmente na alfabetización e no ensino de rudimentos técnicos. Tamén se denominan así os estudios e as actividades voluntarias feitas polos adultos co fin de desenvolver as súas capacidades e poder asumir responsabilidades individuais e sociais; igualmente, o traballo de formación permanente, a extensión cultural e a reciclaxe. Pouco antes da Segunda Guerra Mundial, puxéronse en práctica todas as técnicas existentes para que este tipo de educación chegase á xente: teatro, radio, stages, sesións de estudio, etc; editáronse obras especializadas e, en 1949, a UNESCO organizou a Conferencia Internacional de Educación de Adultos en Elsinor (Dinamarca) e, en 1960, a Conferencia da Educación de Adultos en Montréal (Québec, Canadá). En España, a LOXSE (9/1990 do 24 de xullo) sinala, no seu título terceiro (artigos 51-54), os seus principais obxectivos, actividades...
-
educación especial
Tratamento educativo encamiñado a conseguir a integración social das persoas con deficiencias físicas, psíquicas ou sensoriais. Os seus obxectivos son: a supresión das deficiencias e as súas consecuencias; a adquisición de coñecementos e hábitos que favorezan a total autonomía da persoa con deficiencias; a promoción de todas as capacidades para o desenvolvemento harmónico da súa personalidade; e a incorporación á vida social e a un sistema de traballo que permita que estas persoas se realicen. Esta educación poderá darse en centros específicos de educación especial e en todos os centros educativos de ensino non universitario que están obrigados, pola LOXSE, a ter aulas de educación especial. Existe en Galicia unha rede de asociacións, que abrangue familias, docentes e investigadores, que centra os seus esforzos na educación especial. Estas asociacións promoveron, sobre todo a partir dos anos oitenta do s XX, actividades de encontro, de estudo e de difusión das novas perspectivas da educación...
-
educación física/ deportiva
Conxunto de exercicios musculares, concibidos dentro dun programa educativo, que busca a mellora física do individuo, formando e conservando o seu corpo san, vigoroso, harmónico e útil, ao mesmo tempo que o somete a unha disciplina moral e mental. É unha materia obrigatoria nos niveis do ensino primario e secundario. O profesorado que os imparte debe posuír a especialización correspondente nunha Escola Universitaria de Formación do Profesorado ou ben ter feitos os seus estudios no Instituto Nacional de Educación Física (INEF).
-
...
-
ciencias da educación
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en outubro de 1988 e subtitulada “Revista mensual e de expresión monolingüe galega”. Cesou a súa edición en marzo de 1990. Tiña unha tiraxe media de vinte mil exemplares e foi dirixida por Antón López Galocha. Malia que a maior parte dos seus contidos estaban orientados ao sector educativo galego, incluíu tamén información relacionada coa historia, a psicoloxía, a pegadoxía e a arte, xunto con artigos sobre lingua e literatura galegas. Outro dos apartados da revista inseriu recensións sobre libros en galego ou escritos noutras linguas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á educación.
-
-
de educar.
-
Aplícase á persoa que se comporta segundo as normas de trato social. OBS: Xeralmente, vai modificado con adverbios como ben ou mal, e cando non vai modificado ten o significado de ‘ben educado’.
-
-
-
Relativo ou pertencente á educación.
-
Que educa.
-
Persoa que desenvolve unha función social recoñecible xa que asume responsabilidades ao intervir no proceso formativo e de desenvolvemento integral do educando, mediante o exercicio de accións educativas, en concordancia coa evolución do educando, co contexto social e cultural e cos propósitos inspiradores de tal acción educadora. A figura do educador presenta un status e uns roles variables se se considera a dobre coordenada espacio-temporal. Aínda así xerouse unha tradición pedagóxica que permite debuxar un perfil básico con algúns trazos congruentes coa profesionalidade educadora. Neste sentido construíronse diversas tipoloxías de educadores, dependendo da maior ou menor atención que se lles preste aos trazos de personalidade, ou ás competencias e saberes profesionais e académicos dos que exercen o oficio de educar. A conciencia de complexidade da educación levou a reconsiderar e ampliar as funcións académicas tradicionais: o educador non é só un transmisor de coñecementos nin...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se educa ou recibe educación.
-
-
-
Formar intelectual e moralmente unha persoa para que viva en sociedade.
-
Ensinar bos modais a alguén.
-
Aprender certas prácticas ou certos costumes aos animais.
-
Habituar un órgano ou un membro a funcionar ou a realizar a súa función.
-
-
Exercitar os sentidos, a sensibilidade ou o gusto para aprender a distinguir aquilo que ten calidades do que non o ten.
-
Recibir educación.
-
-
-
Relativo ou pertencente á educación.
-
Que serve para educar.
-
-
-
PERSOEIRO
Emperatriz de Oriente. Casou con Aleixo III Anxo de Bizancio e induciu o seu esposo a usurparlle o trono ao seu irmán Isaac II (1195). A cobiza da parella levou en 1203 a Aleixo IV Anxo de Bizancio ao trono coa axuda dos cruzados. Retida polo novo emperador, reuniuse un ano máis tarde co seu home e enfrontáronse en Macedonia a Bonifacio de Montferrato. Refuxiouse en Exipto.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título señorial concedido coa grandeza de España en 1567 a Gómez Suárez de Figueroa e Fernández de Córdoba (?-1571), descendente do nobre de orixe galega Gómez Suárez de Figueroa, primeiro señor de Feria, e de Lorenzo Suárez de Figueroa, primeiro conde de Feria (1460). No s XVIII, o título foi herdado pola casa de Medinacelli, que pasou a apelidarse Fernández de Córdoba-Figueroa.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título concedido polo Rei Xoán Carlos I, o 26 de novembro de 1975, a María del Carmen Franco Polo Bahamonde y Martínez-Valdés, marquesa de Villaverde.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Territorio feudal constituído no ano 840 polo testamento do Emperador Luís o Piadoso, o que provocou unha longa loita entre os leopoldinos e os conradinos pola súa posesión. Conrado I de Xermania tomou posesión do ducado no 906 que pasou ao seu irmán Eberard no 918 e rebelouse contra o rei de Xermania Otón I o Grande. Á súa morte en Andernach (939), o rei apropiouse do ducado e repartiu unha parte entre o bispo de Würzburg e a abadía de Fulda. O resto dividiuse en dous ducados, o oriental e o occidental, que pasaron ao rei, despois emperador, Conrado II o Sálico e aos seus sucesores ata Enrique V. Dende o s XVI o nome aplicouse ás dúas provincias bávaras de Bayreuth e Würzburg.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título da casa real inglesa creado en 1385 polo Rei Ricardo II para o seu irmán Thomas, conde de Buckingham e Essex.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode educar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de ineducado.
-
-
Que ou quen é mal educado ou ten falta de educación.
-
Que é propio da persoa ineducada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Institut Jean-Jacques Rousseau Centro de vangarda na investigación e na experimentación psicolóxica fundado en Xenebra en 1912. Desde os seus inicios acolleu psicólogos destacados como Édouard Claparède, Pierre Bovet e Jean Piaget e tivo entre os seus alumnos a numerosas personalidades vinculadas á renovación pedagóxica, singularmente do tempo anterior á Segunda Guerra Mundial. Despois tivo unha destacada actuación nos estudios da epistemoloxía xenética, baixo as directrices de J. Piaget.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro que creou o Ministerio de Educación e Ciencia ao abeiro do Decreto 1678/1969, do 24 de xullo, en que se establece como funcións específicas dos ICEs a formación pedagóxica dos universitarios, a investigación activa no dominio das ciencias da educación e o servizo de asesoramento técnico en educación. A Lei Xeral de Educación de 1970 asumiu por completo e reforzou as funcións dos ICEs, como centros universitarios de investigación e especialización. A Orde Ministerial, do 14 de xullo de 1971, aclarou e clasificou as actividades docentes dos ICEs ao centralas en cursos de obtención dos certificados de aptitude pedagóxica para o exercicio da docencia, cursos de perfeccionamento do profesorado en exercicio e outras actividades complementarias. Os ICEs coordináronse a través do Centro Nacional de Investigaciones para el Desarrollo de la Educación (CENIDE), que foi suprimido en 1974 e continuou co seu labor o Instituto Nacional de Ciencias de la Educación (INCIE). Os primeiros ICEs comezaron...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo pedagóxico creado en París en 1963 e dependente da UNESCO. Ten como finalidade promover a formación e a investigación na planificación da educación en relación co desenvolvemento socioeconómico. Os seus propósitos principais son formar os reponsables da planificación da educación, investigar aspectos importantes da planificación da educación e difundir os novos conceptos, métodos e técnicas na materia.