"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

  • Estado de quen bebeu alcohol de maneira excesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode beber.

    2. Beizo inferior ou fociño das bestas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada preto de Tarascon, no departamento francés de Arieja. No ano 1907 descubríronse nela pinturas paleolíticas e, posteriormente, relevos que representan bisontes modelados en arxila, caso moi raro dentro da arte paleolítica. Estas obras de arte sufriron graves desperfectos durante a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa empregada nun centro docente ou administrativo encargada de labores auxiliares como coidar a orde, anunciar a entrada en clase, a hora de saída, facer fotocopias, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Nas súas novelas móstrase observador atento, cun gran sentido da ironía. Entre as súas obras destacan: Jérôme, 60° latitude Nord (Jérôme, 60° latitude Norte, Premio Goncourt 1927), e Le voyage de Jérôme aux États Units (A viaxe de Jérôme aos Estados Unidos, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goma resina semellante á mirra, obtida de diferentes árbores do xénero Commiphora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis e dos telleiros que corresponde á voz ‘alcalde’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estableceuse desde moi novo en Barcelona, onde estudiou na Escola de Belas Artes. En 1916 trasladouse a París. Traballou tamén nos EE UU, Bélxica, Italia e na India. A súa pintura é dun aristocratismo sensual e decadente, como se amosa na súa obra La maja marquesa. Foi tamén un retratista de prestixio (Retrato de Rodolfo Valentino).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quinta ou pazo rural que domina un panorama. O máis sonado foi o que fixo construír o Papa Inocencio VIII no Vaticano, enriba do patio chamado do Belvedere, segundo os planos de Bramante, ao comezo do s XVI. Este patio contén catro gabinetes onde hai diversas esculturas entre as que destaca o Torso Belvedere. En Viena existe outro pazo construído por Johann Lukas von Hildebrant para o príncipe Uxío de Savoia e que constitúe a mellor mostra do barroco austríaco. Consta de dous patios unidos por xardíns dende onde se domina a cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escultura de Apolonio de Atenas conservada nos Museos Vaticanos (Cidade do Vaticano). É unha das obras típicas da arte do período helenístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico húngaro, emigrado aos EE UU. As súas dúas grandes películas, de concepción bretchiana, son Death of a Salesman (A morte do vendedor, 1951), segundo a obra de Arthur Miller, e The Wild Man (O home salvaxe, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo flamengo. Foi o primeiro en demostrar que o número de cromosomas das diferentes células dun organismo é constante e característico de cada especie, e que se reduce á metade nas células xerminais durante a meiose, restaurándose no cigoto, despois da fecundación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta e crítico. Compaxinou a creación literaria cunha ampla variedade de traballos de oficina. Entre 1938 e 1941 residiu case continuamente en Bos Aires. De volta a Montevideo (1945), colaborou en diversas publicacións periódicas, dirixiu a revista literaria Marginalia e codirixiu Número e, a partir de 1954, fíxose cargo da sección literaria de Marcha. Por motivos políticos abandonou o seu país en 1974 e viviu en Arxentina, Cuba, Perú e España. Entre a súa produción literaria destacan os poemarios Sólo mientras tanto (1950), Poemas de la oficina (1956), La casa y el ladrillo (1977), El olvido está lleno de memoria (1995); as novelas Quien de nosotros? (1953), La tregua (1960), Gracias por el fuego (1965), El cumpleaños de Juan Ángel (1971), Primavera con una esquina rota (1982), La borra del café (1992); os contos Esta mañana (1949),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático. Estableceu unha filosofía matemática da natureza fundamentada nas ideas de Arquímedes e atacou duramente a Física e a Cosmoloxía de Aristóteles. Estudiou a caída dos corpos. Foi seguidor de Copérnico e tivo influencia nos estudios de Galileo. O seu libro máis coñecido é Diversarum speculationum liber (Libro das especulacións diversas, 1585).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Formouse co seu irmán maior Giuliano. Dedicouse preferentemente aos traballos en madeira e á escultura ornamental en mármore. En Florencia executou as obras máis representativas: San Xoán con putti (1476-1481), na porta da Sala dei Gigli no Palazzo della Signoria; o busto do comerciante Pietro Mellini e sobre todo o púlpito de Santa Croce (1472-1475), con cinco relevos sobre a vida de san Francisco. En 1489, seguindo directrices brunellescas, ideou o pazo que lle encomendou Filippo Strozzi en Florencia e, contra o 1490, construíu preto de Arezzo o pórtico de Santa María da Gracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de fabricación do aceiro pola oxidación do ferro fundido, nun convertedor (chamado Bessemer ou de Bessemer), mediante unha corrente de aire. O convertedor ten forma de bota cuns orificios na parte inferior polos que se inxecta o aire a presión que, ao pasar a través da fundición, permite a combustión das impurezas, que son eliminadas en forma de gases ou de escoura. Moi empregado durante o s XIX, cedeu despois importancia ao procedemento de Siemens-Martin, dando lugar ao procedemento LD.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista e teórico da arte norteamericano. Durante a súa estancia en París (1936-1937) o Cubismo e o Neoplasticismo orientárono cara á busca de estruturas plásticas. Fronte ao expresionismo abstracto propugnou nos EE UU o Struturism, que defendeu en libros como Art as the evolution of visual knowledge (A arte como a evolución do coñecemento visual, 1948) ou The new Cézanne (O novo Cézanne, 1958). Os seus struturists works, relevos rectilíneos policromados, son a manifestación plástica das súas teorías. Influíu sobre o construtivismo inglés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente artística e literaria desenvolvida nos países xermánicos entre o Congreso de Viena (1814-1815) e a Revolución de marzo de 1848, aproximadamente. Tomou o nome do personaxe literario Gottlieb Biedermeier creado en 1855 polo escritor Ludwig Eichrodt para o xornal Fliegende Blätter, personificación do pequeno burgués acomodado. Significou a transición entre o Romanticismo máis exaltado e o inicio do Realismo como reacción contra o anterior idealismo trascendental. Corresponde ao estilo vitoriano inglés e ao estilo Luís Filipe francés. Caracterízase polo eclecticismo, a simplificación da ornamentación e do mobiliario, e o gusto pola anécdota na pintura, con retratos nos que se preocupa máis do detalle que da psicoloxía do personaxe. Son representantes desta pintura Ferdinand Georg Waldmüller, Ludwig Richter, Moritz von Schwind e o humorístico Karl Spitzweg. Na literatura foi desenvolvida por Ludwig Uhland, Eduardo Mörike, Franz Grillparzer e Adalbert Stiffer, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que ten dous pés ou utiliza normalmente dous membros locomotores ou dous pés.

    VER O DETALLE DO TERMO