"FERE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 120.
-
-
Calidade de indiferente.
-
Actitude indiferente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode diferenciar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de diferenciación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se diferenza ou que non ten caracteres diferentes.
-
-
Que non sente máis preferencia cara a unha cousa que cara a outra.
-
Que ou quen non presta unha atención especial a nada nin a ninguén.
-
Que non provoca nin afecto nin aversión.
-
Que non ten interese ou importancia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude que demostra indiferenza e escepticismo, especialmente en cuestións políticas e relixiosas.
-
-
Acción e efecto de inferir.
-
-
Razoamento mediante o que o home pasa dunha ou máis proposicións, verdadeiras ou falsas, a outra posición, a verdade ou falsidade da que se supón que depende a verdade ou falsidade da primeira ou das primeiras proposicións.
-
Cuestión metalóxica relativa ao establecemento, na lóxica simbólica, das denominadas regras de inferencia, variables segundo os cálculos propostos, que permiten a derivación dunha conclusión a partir dunhas premisas.
-
-
-
-
Acción e efecto de interferir.
-
Nun sistema de transmisión, recepción ou rexistro de información, calquera transferencia de enerxía proveniente doutras fontes e que provoca unha perturbación naquela información. A interferencia imposibilita a miúdo a audición de emisores e emprégase, ás veces, intencionadamente para bloquear emisións.
-
Fenómeno que ten lugar cando nunha rexión do espacio se superpoñen movementos ondulatorios. Son importantes as interferencias entre ondas acústicas e as interferencias entre ondas electromagnéticas. Pode que as ondas incidentes sexan coherentes, da mesma frecuencia, e que os vectores representantes dos seus campos eléctricos sexan paralelos. As variacións de intensidade, producidas polo desfase entre as ondas incidentes, reciben o nome de fenómenos de interferencia, e as zonas de igual intensidade denomínanse franxas de interferencia. Un tipo característico de interferencia é a difracción.
-
Cambio lingüístico en calquera nivel dunha lingua (fonolóxico, morfosintáctico ou léxico) por innovación, perda ou substitución dalgún dos seus elementos, motivado directamente polo influxo doutra lingua, particularmente nas situacións de contacto de linguas; a interferencia prodúcese nas dúas direccións, pero en maior medida desde a lingua con máis prestixio á lingua con menos. Tamén se denomina interferencia o fenómeno que se dá cando, dentro dunha mesma lingua, se produce un cambio lingüístico nalgún dialecto ou algún rexistro de linguaxe por influxo doutro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás interferencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que interfire.
-
PERSOEIRO
Poeta húngaro. Iniciouse na década de 1940 con obras caracterizadas por unha reelaboración moi persoal da poesía folclórica. Na década de 1950 os seus poemas adquiriron tons meditativos e filosóficos, dos que cómpre destacar Tékozló ország (O país pródigo, 1954), A Nap és a Hold elrablása (O rapto do Sol e da Lúa, 1954), A virágok hatalma (O poder das flores, 1955), A halottak királya (O rei dos mortos, 1971) e Csikóellés (O nacemento dun poldro, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor húngaro. Máximo expoñente do período da Ilustración en Hungría, foi encarcerado (1794-1801) pola súa relación cos xacobinos húngaros. O seu traballo de renovación foi esencial para o desenvolvemento das letras húngaras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Szodemeter 1790 - Cseke 1838) Poeta húngaro. Representante das letras e da poesía progresista de Hungría do primeiro terzo do s XIX, escribiu a letra do actual himno nacional de Hungría (1823). Foi autor do ensaio Nemzeti hagyományok (As tradicións nacionais, 1826), e doutro libro sobre cuestións da educación e da moral, titulado Parainesis Kölcsey Kálmánhoz (Admonición a K. Kölcsey, 1837).
-
PERSOEIRO
Compositor húngaro. Foi autor de operetas de fama universal e o mellor continuador do estilo vienés do xénero. As súas obras máis importantes son Vígözvegy (A viúva alegre, 1905) e A mosoly országa (O país do sorriso, 1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de filtración do sangue por medio da que se poden extraer especificamente os leucocitos. Utilízase como método terapéutico co fin de extraer leucocitos anormais e para obter doazóns de concentrados de leucocitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conversas de paz celebradas no Palacio de El Retiro de Madrid entre o representante de Luís XIV, Hugues de Lionne, e o ministro de Filipe IV, Luis de Haro, entre xullo e setembro de 1656. Filipe IV negouse a ceder Catalunya a Francia. Non obstante , en 1659 viuse obrigado a aceptalo no Tratado dos Pireneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión diplomática celebrada de maio a xullo de 1880 en Madrid para determinar a situación de Marrocos fronte ás potencias coloniais. Reino Unido conseguiu unha limitación da penetración francesa e italiana e un aumento da autoridade militar sobre tribos do interior. Estivo vixente ata a Conferencia de Algeciras en 1906.
-
PERSOEIRO
Escultor húngaro. Estudiou pintura e escultura en París, onde acadou un estilo baseado en formas macizas para composición pechada. Da súa obra destacan as esculturas O pensador gordo (1911) e Muller fregando (1913), os relevos Fuxitivos (1909) e Bailaríns (1912), e numerosos monumentos fúnebres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia internacional que se celebrou o 1 de marzo de 1955 en que participaron os ministros dos sete países pertencentes á Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA). Estableceron as bases para o Tratado de Roma (1957).
-
MONTAÑA
Cadea montañosa de 140 km de extensión, entre Saxonia (Alemaña) e Bohemia (República Checa), cun límite impreciso co río Elster, ao O, e o Elba, ao L. As maiores altitudes atópanse no pico Klínovec (1.244 m de altitude) e no Fichtelberg (1.215 m de altitude).
VER O DETALLE DO TERMO