"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • GALICIA

    Pintor coñecido sobre todo como acuarelista, e sen dúbida un dos artistas españois máis recoñecidos neste campo. Inicia os seus estudios de arquitectura en 1946 na escola de Arquitectura de Madrid, carreira que abandona ao pouco tempo para dedicarse á pintura, volvendo á súa vila natal. De feito, ao ano de deixar os seus estudios realiza a súa primeira exposición como artista en Vigo e Pontevedra simultaneamente. Nestes anos, xunto con xente como Cuña Novás, forma parte dun grupo que edita a colección clandestina de poesía Benito Soto, na que Rafael Alonso realizaba o deseño das súas portadas. En 1952 produciuse un feito clave na carreira artística do pintor ao ser pensionado durante dous anos en París. O encontro coas novas tendencias pitóricas que se desenvolveron e se están a desenvolver na cidade da luz van marcalo profundamente. En París, Rafael Alonso empápase de todo o postimpresionismo, pero tamén do fauvismo, así como dunha refinada técnica que segue moito a Duby, para logo reinterpretar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Estudiou no Real Conservatorio de Música de Madrid. Profesor de Historia da Música, Historia da Arte, Estética Musical e Acústica no Conservatorio Profesional de Música de Madrid (1987-1988). Como compositor estreou as obras Monodias mélicas, para viola e piano (1993); El sueño de una noche de verano, obra para orquestra (1996); Suite para piano (1996) e a musicalización do conto infantil Os paxaros cantores (1997). Outras obras da súa autoría son La leyenda de Azalequia y Nirostán, para piano (1981); Tres canciones sobre poemas de F.G. Lorca y una canción popular, para soprano e piano (1985); Nocturnos para once instrumentos (1987); Danza báquica y sentimental, para piano (1991); El cuerpo y el alma, para barítono e piano (1993); Sinfonietta en fa, para orquestra (1998). Pertence á Asociación Galega de Compositores dende 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor de Filoloxía inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Na súa Tese de Doutoramento, lida en 1974, investigou as Relaciones atlánticas prehistóricas entre Galicia y las Islas Británicas y medios de navegación baseándose principalmente no estudo do petroglifo de Borna e nas investigacións sobre as antigas embarcacións de coiro empregadas durante a Prehistoria para navegar polas costas atlánticas europeas. Realizou unha xira por Francia e Suíza en compañía do circo da Ciudad de los muchachos, experiencia á que dedicou un libro. É autor dos estudios Santos e barcos de pedra. Para unha interpretación da Galicia atlántica (1991), O camiño de Fisterra (1993), Creencias y tradiciones de los pescadores gallegos, británicos y bretones (1996), Navegantes, monjes y piratas de las costas atlánticas en la Alta Edad Media (1997). Foi colaborador de Zephyrus, Cuadernos de Estudios Gallegos, Gallaecia, Boletín...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliodistrofia progresiva infantil causada por unha dexeneración da cortiza cerebral e unha atrofia importante das circunvalacións cerebrais e da cortiza do cerebelo. É unha enfermidade hereditaria, de transmisión autosómica recesiva. Tamén se denomina síndrome de Christensen-Krabble.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Foi profesor de Montpellier e da Sorbona. Publica Le désir d´eternité (O desexo de eternidade, 1943), La découverte métaphysique de l´homme chez Descartes (A descuberta da metafísica do home en Descartes, 1950) e La philosophie du surréalisme (A filosofía do surrealismo, 1955), obras nas que propugna unha metafísica espiritualista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico cirurxián. Realizou investigacións sobre o aparato dixestivo, entre as que cómpre salientar Resultados lejanos de la gastroenterostomía como tratamiento de las retracciones cicatriciales de píloro, tema da súa tese de doutoramento (1904). Estivo vencellado aos círculos rexionalistas cataláns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor bávaro. Foi rexedor e arquitecto municipal de Ratisbona. Está considerado a cabeza da escola do Danubio e é un dos precusores da pintura romántica. En diversas obras dá predominio á paisaxe sobre a figura humana: San Xurxo no bosque (1510) e Batalla de Alexandre (1529), nos que a magnificiencia da natureza está descrita minuciosamente. A importancia que o artista concede á natureza fai que o seu cadro Vista do Danubio (1552) sexa posiblemente a primeira paisaxe tratada como tema independente da historia da pintura. A miúdo tamén ambientaba as figuras en escenarios arquitectónicos, ás veces con efectos de iluminación artificial (A Natividade, 1520?; Susana no baño, 1526). Na liña do subxectivismo expresionista da arte dos países xermánicos, a súa obra ten un certo carácter precursor da pintura romántica. Tamén cultivou o gravado, especialmente a xilografía e os augafortes, e non se conserva ningunha das súas obras como arquitecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén aluminio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador mexicano. Descendente da aristocracia azteca, estudiou os antigos códices e a tradición oral do seu pobo. Deixou escrita unha Historia general de la Nueva España, coñecida tamén como Historia Chichimeca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Histólogo. Foi catedrático de Organografía e Fisioloxía animal na Universidade Complutense de Madrid (1932-1967). Realizou numerosos traballos no eido da histoloxía vexetal, entre o que cómpre salientar: “Sobre el estudo del condriosoma en las células vegetales por el método tanto-argéntico”, animal “Contribución al conocimiento histológico de las medusas” e entomolóxica “El epitelio estomacal de los blátidos”. Os seus manuais de bioloxía tanto para bacharelato como para ensino superior foron moi divulgados e empregados nos anos do franquismo. Foi director do Instituto José Acosta do CSIC, subdirector do Museo Nacional de Ciencias Naturales e membro da Real Sociedad Española de Ciencias Naturales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués, autor de Lusitánia Transformada (1607), novela pastoral en prosa e en verso feita segundo os modelos renacentistas de Sannazzaro e Montemor. A obra foi atribuída en tempos a Camões, de quen son evidentes as influencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Colaborou en El Eco de Orense, de Valentín Lamas Carvajal, na sección “Mostacillas”, no que permaneceu ata 1894 para pasar despois a El Noticiero. Fundou e dirixiu en Ourense as revistas literarias As Burgas e El Miño. A súa produción está espallada por numerosas publicacións da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Foi o máximo expoñente pictórico do que se coñece como Rexionalismo artístico galego, pero tamén do español, xunto con pintores da categoría de Julio Romero de Torres, Zuloaga, Zubiairre, Anglada, Valle, todos eles influenciados polo coñecido Rexeneracionismo do 98 de corte romántico. En 1892 trasládase a Madrid para iniciar estudios de Dereito e Filosofía e Letras, alternándoos cos de Belas Artes na Real Academia de San Fernando. Ingresou tamén no taller de Manuel Domínguez, pintor de cadros de historia. No 1897 abandonou os estudios de Dereito para dedicarse integramente á pintura, que domina tecnicamente á perfección, o que lle vai permitir obter en 1899 polo seu cadro de contido histórico El anarquista y su familia el día de la ejecución, unha bolsa na Academia de Belas Artes de Roma. Este período de catro anos reforzará nel o seu amor polos clásicos renacentistas e pola mitoloxía, pero tamén lle servirá para viaxar e admirar a arte flamenga do século XVI,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Piedrahita, Ávila 1507 - Lisboa 1582) Xeneral e político, terceiro duque de Alba. Serviu no exército de Carlos I. Defendeu Catalunya e Navarra dos franceses (1542), venceu ao Elector de Saxonia en Mülberg (1547) e crebou a Liga Esmalkalda. Vicerrei de Nápoles (1556-1557), defendeu a cidade durante a guerra de Filipe II contra o Papado (1557). Gobernador dos Países Baixos (1567), onde constituíu o Consello dos Balbordios. No 1568 detivo a incursión de Luís de Nassau e Guillerme de Orange, que volveron para ocupar o país aproveitando a sublevación popular contra o establecemento dun imposto, a alcabala, permanente sobre as transaccións (1571). Substituído no cargo por Luís de Requesens (1573), no 1580 dirixiu as campañas en Portugal que levaron ao coroamento de Filipe II como Rei portugués coa aprobación do Parlamento luso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e catedrático. Profesor mercantil desde 1964, en 1970 licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais e entrou a impartir clases na Escola de Empresariais de Vigo. En 1981 acadou o doutorado e pasou de profesor asociado a agregado, converténdose pouco despois (1983) no primeiro catedrático que tivo este centro como Escola Universitaria. Da súa experiencia profesional ao marxe da docencia destaca a súa etapa en Caixavigo, primeiro como director da área de empresas (1981-1986) e logo como director xeral da Escola de Negocios (1987-2000). Fundou tamén dúas empresas, Estrategia y Organización, S.A. (EOSA, 1993-2005) e DPI Consultores (2007-). Ten publicados oito libros de temas empresariais, entre os que destacan La PYME-competitividad: Gestión e Implantación (Alta dirección, Barcelona 1996) e Dirección por Implicación: El cambio estratégico (Pirámide, Madrid 2006), e máis dunha ducia de artigos publicados en revistas como Economía y Empresa ou Actualidad Financiera....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Ingresou en 1976 en Reforma Democrática e Alianza Popular. Foi senador por Asturias (1982) e deputado tamén por Asturias dende 1986. Trala celebración do VIII Congreso Nacional de AP, foi membro do Cómite Executivo Nacional. No IX Congreso Nacional do PP, foi elixido secretario xeral, cargo no que foi confirmado nos congresos de Sevilla (1990) e Madrid (1993 e 1996). Dende o 5 de maio de 1996 foi Vicepresidente Primeiro do Goberno e Ministro da Presidencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade dexenerativa do sistema nervioso central que representa o tipo máis frecuente de demencia presenil. Consiste nunha atrofia difusa do cerebro, no que se forman unhas placas senís, que corresponden a depósitos de amiloide localizados sobre todo na codia cerebral, e unhas alteracións fibrilares, denominadas de Alzheimer. Máis frecuente nas mulleres, comeza entre os 50 e os 60 anos de vida, ten unha evolución de 4-8 anos e remata con trastornos neurolóxicos, demencia total, caquexia e morte do individuo. Forma parte do grupo de enfermidades abiotróficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto portugués. Autor do Santuario do Bom Jesús do Monte, preto de Braga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciado en Dereito e Ciencias Políticas, foi Vicepresidente Xeral do Instituto de Estudios de Sanidad y Seguridad Social, Secretario Xeral Técnico da Consellería de Economía e Facenda e, desde 1990, Secretario Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Josep María, de relixión Lluís, foi provincial dos capuchinos en València, Bispo titular de Tagaste (1907) e administrador apostólico de Solsona. No ano 1913 pasou a rexer a diócese de Sogorb. A súa obra pastoral tiña por obxectivo patrocinar os sindicatos agrarios e   divulgar a socioloxía entre os seminaristas e os sacerdotes. Foi senador da provincia de València (1914), fundou en Massamagrell os terciarios capuchinos da Nosa Señora dos Dolores (1889) e en Banaguasil (Camp de Túria) os teresianos capuchinos da Sagrada Familia (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO