"Francisco" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 574.

  • GALICIA

    Dominicano. Foi lector de Teoloxía e mestre de novicios. Publicou Meditaciones Breves, Vida de San Vicente Ferrer (1714) e Manual práctico del misionero y modo de administrar los Santos Sacramentos cuando son muchos los que han de recibirlos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político conservador. En 1913 foi ministro de Instrución Pública, en 1919 de Gobernación e en 1922 de Facenda e de Estado. Opúxose á ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) e ao acabar esta separouse do seu partido. En 1932 defendeu o xeneral Sanjurjo, que se sublevara contra o goberno republicano. É autor de Derecho Mercantil (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo, canonista e orador. Foi bispo de Astorga (1729). Publicou numerosos sermóns relacionados con Santiago de Compostela e deixou manuscrita Historia del Apóstol Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Indiano. Chegou á Banda Oriental do Río de la Plata como soldado; sen embargo, trala súa invalidez instalouse alí como un dos poboadores de Montevideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta fillo de emigrantes galegos. Cultivou unha lírica intimista, de tema relixioso, que intenta chegar a un clasicismo formal en El buque (1935), Poemas elementales (1942), El ángel de la guarda (1949) e Tres poemas católicos (1959), entre outras. Seguindo a corrente ultraísta publicou Orto e Bazar (1922). Amosou sempre unha actitude de apaixonada defensa e compromiso constante coa problemática da lingua galega; neste campo publicou Discurso encol do Idioma Galego (1953) e Lembranzas de Castelao, Pimentel, Cabanillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Catedrático de Economía na Universidade de Salamanca (1906-1922). De ideas reformistas, divulgou o socialismo, particularmente as ideas de Marx. Na obra La Hacienda Pública y los impuestos (1917) fixo unha das primeiras aproximacións da renda global española. Analizou tamén a incidencia económica da Primeira Guerra Mundial no estado español en Consecuencias económicas de la guerra (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Catedrático de Ciencias Naturais do Instituto Nacional Masculino de Ensino Medio de Lugo (1943) e catedrático de Zooloxía de Vertebrados da Facultade de Ciencias de Madrid (1956). Realizou diversas estadías nas universidades de Porto, Coimbra e Lisboa por mor da preparación da súa tese de doutoramento sobre o xénero Armeria, que defendeu en 1950 e na que describe o endemismo galego Armeria merinoi. Cofundou en 1954 a Sociedad Española de Ornitología, da que foi secretario e editor na revista da asociación Ardeola ata 1972. En 1948 publicou no Boletín de la Real Sociedad de Historia Natural dous artigos sobre as aves das illas Sisargas onde pon por primeira vez de manifesto a valía ornitolóxica do arquipélago e onde describe a forma ibérica de arao como Uria aalge ibericus, de validez taxonómica discutida. En numerosos artigos e notas deixou constancia das súas observacións ornitolóxicas en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto monástico situado en Betanzos. Foi fundado en 1292 e reedificado por Fernán Pérez de Andrade o Bo en 1387. Construído na segunda metade do s XIV, responde ao modelo de planta de igrexa mendicante en forma de cruz latina, de nave única e cuberta en madeira, cruceiro con capelas funerarias e cabeceira con tres ábsidas abovedadas. No interior destacan a concepción espacial e os relevos escultóricos da capela maior. Conserva un gran número de sepulcros entre os que destaca o de Andrade o Bo. Foi declarado Ben de Interese Cultural o 29 de setembro de 1919.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir de 1832 polos monxes franciscanos. No ano 1881 contiña máis de 14.000 volumes e en 1912 chegaba aos 20.000, grazas ás doazóns de Pedro Bartolomé Casal, da Universidade de Santiago, e do xornal El Eco Franciscano. En 1912 doaron libros Atanasio López e Lino Gómez Cabedo. Conta nos seus fondos con 74 incunables, con numerosos volumes dos ss XVI e XVII, obras relixiosas -fundamentalmente revistas de temas franciscanos- e abundantes libros relacionados con Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de documentación teatral creado en 1996 na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña cos fondos doados por Francisco Pillado Mayor, entre os que se inclúe un significativo número de textos dramáticos e estudios críticos, amais de importante documentación relacionada coa historia do teatro galego e da literatura dramática. Paralelamente e como complemento necesario para o labor de investigación e divulgación do propio Arquivo, tamén se crearon catro coleccións de textos dramáticos dirixidos por Laura Tato, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carlos Carrete e Francisco Salinas Portugal, coordinador da Biblioteca-Arquivo e das diversas liñas editoriais. O obxectivo das mesmas é contribuír á recuperación de textos significativos da dramática galega ou á presentación de obras de relevo da literatura dramática universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Capitán xeneral de Galicia dende o 11 ata o 29 de maio de 1808. favorable á entrada dos franceses en terras galegas en 1808. Publicou un bando no que denunciaba os acontecementos sucedidos o 2 de maio en Madrid e quixo evitar que se reproducisen en Galicia, para o que redactou un informe que enviou aos principais concellos galegos o 11 de maio. Cando a Xunta Suprema do Reino de Galicia someteu á súa xurisdición ao capitán xeneral, este foi enviado fóra de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador agostiño da literatura castelá. A súa obra máis importante é La literatura española en el siglo XIX (1891-1894), onde tamén estudia a literatura galega en catro capítulos dende a época medieval ata os autores do Álbum de la Caridad (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo. Foi primeiro bispo de Ourense e despois de Santiago de Compostela. Foi unha das persoas que máis alentaron o cultivo das patacas en Galicia entre 1574 e 1581. Ademais deste cultivo experimental, amosou preocupación polos males do clero, sobre todo debido ao absentismo, polo que foi partidario de poñer en marcha as reformas establecidas no Concilio de Trento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ao servizo dos Reis Católicos. Foi enviado a América como xuíz investigador (1499) e substituíu a Colón como gobernador das Indias (1499-1501). Reprobado o seu comportamento con Colón, foi chamado á corte (1502) e morreu nun naufraxio na viaxe de regreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Santiago de Compostela (1774-1782). Foi penitenciario de Coria, arcediago de Almería e dende 1757, bispo de Guadix e de Baza. Dende o momento en que tomou posesión do seu cargo en Santiago, en abril de 1774, dedicouse sobre todo á predicación. Nos seus sermóns e pastorais realizaba unha defensa a ultranza do Absolutismo. No ano 1777 nunha pastoral e na obra Saludable Medicina (1778) denunciaba a penetración de obras procedentes de Europa que poñían en perigo o equilibrio social existente, con novas ideas sobre a soberanía do pobo. Rousseau e Voltaire son obxecto dun acoso constante por parte deste arcebispo, aos que acusa de irracionais e apóstolos de Satanás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Descubriu a baía que leva o seu nome e a illa de Vancouver, no Pacífico. É autor dunha Carta geográfica de la costa occidental de la California (1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei consorte de España (1848-1868) polo seu matrimonio con Isabel II. Interveu en política influenciado polo padre Fulgencio e sor Patrocinio; destituíu o goberno de Narváez en 1849. Trala Revolución de 1868 exiliouse a Francia coa Raíña, da que se separou pouco tempo despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre. Segundo príncipe de Conti. Sobriño de Luís II de Borbón-Condé. Combateu nos Países Baixos a partir de 1690. Foi pretendente á coroa de Polonia, renunciando ante a candidatura de Augusto II. Foi comandante en xefe en Flandres e gobernador do Languedoc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Broncista francés. Viviu en Santiago de Compostela, na parroquia da Corticela. Realizou en 1659 as portas laterais da catedral de Ourense, por encargo do seu cabido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Membro da escola de París. Cultivou unha pintura derivada do Cubismo e da independencia fauve entre a liña e a cor. En 1922 formou parte en Madrid do grupo ultraísta. En 1925 instalouse en París. A partir de 1929 achegouse ás buscas do Surrealismo. Evolucionou posteriormente cara a unha dicción sintética e elíptica.

    VER O DETALLE DO TERMO