"Gúín" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 102.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico e teatral inglés. En 1934 debutou como actor de teatro na compañía de John Gielgud e posteriormente no Old Vic Theatre. Simultaneou a actividade teatral con pequenos papeis no cine a mediados da década de 1940. Da súa filmografía destacan Great Expectations (1946), Oliver Twist (1948), The Man in the White Suit (1951), The Ladykillers (1955), The Bridge on the River Kwai (1957), Lawrence of Arabia (1962), The Fall of the Roman Empire (1964), Doctor Zhivago (1965), Fratello Sole, sorella Luna (1972), Star Wars (1977), The Empire Strikes Back (1980), Return of the Jedi (1982) e Kafka (1992). Recibiu o título de Sir en 1959.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Comezou no taller familiar como pintor de paredes. Estudiou na Escola de Mestres Pintores a na Escola d’Arts e Oficis, e asistiu ás clases da FAD. Recibiu unha bolsa do goberno francés e ampliou a súa formación en París. Colaborou con Dau al Set e realizou o mural do edifico da Barceloneta de J. A. Coderch. En 1955 fundou o Grupo Taüll con M. Cuixart e A. Tapies entre outros. Na súa primeira etapa pintou cunha extraordinara calidade do debuxo e un sentido sorprendente da cor. Despois deixou a representación pola valoración da materia. En etapas sucesivas valorou cada vez máis os materiais extrapitóricos e recuperou o trazo do debuxo. Ademais da pintura, cultivou a escultura, o cartelismo e as realizacións tridimensionais. Doou a súa obra ao Espai Guinovart, en Agramunt. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e tradutor. Licenciouse en Filoloxía Francesa. Escribiu Lerias e enredos para os máis pequenos (1983) e Contos galegos (1983); e traduciu O poema do país que ten fame (1978), de Paol Keineg, Ubu Rei (1989), de Alfred Jarry, Gargantúa e Pantagruel (1991), de F. Rabelais, O rei Kabul (1999), de Max Jacob, e A cantante calva (2002), de Eugène Ionesco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Foi senador por Lugo na lexislatura Constituínte pola UCD e deputado no Congreso, pola Comunidad Autónoma de Madrid, na IV lexislatura, polo CDS.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima de Cuba (259.300 h [1999]). É un importante mercado agrícola e centro industrial do interior da illa, no SL do país, á beira da autoestrada e do ferrocarril que comunican La Habana e Santiago de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Cuba (9.301 km2; 1.020.660 h [estim 1998]). A súa capital é Holguín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á ingua.
-
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. Especializada en ciencia fición, escribiu The Left Hand of Darkess (1969), The Dispossessed (1974), o volume de poesía Wild Angels (1975) e The Compass Rose (1982). Obtivo o Premio Hugo (1988) ao mellor relato de ciencia ficción e o Premio Nebula (1900) á mellor novela, concedido pola Science Writers Fition of America (SWFA).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro publicado por primeira vez en agosto de 1955 en que se inclúen as mellores marcas de cada especialidade. A idea partiu do director-xerente da empresa cervexeira Guinness, quen a confiou a Norris e Ross McWhirter, creadores dunha axencia onde se rexistraban estas marcas. Cunhas vendas que superan os 94 millóns de exemplares, difúndese en máis de 100 países e está traducido a 37 idiomas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘botella’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘centeo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘centeo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘aro’.
-
ILLAS
Illa de Melanesia, situada no Océano Pacífico, ao N de Australia, e separada desta polo estreito de Torres (827.321 km2; 4 746 267 h [1990]). Repártese entre Indonesia e Papua Nova Guinea, estado independente desde 1975. Atravésaa un eixe montañoso formado pola gran cordilleira central, de 2.000 km de lonxitude e con grandes altitudes, que ao SL forma unha estreita península. Ao N da cordilleira ábrese unha ampla depresión que comprende a chaira dos vales e os lagos do Sepik, o Ramu e o Markham. Ao S da cordilleira central esténdese unha inmensa chaira aluvial, percorrida polos ríos Fly, Strickland e Kikori. Ten un clima ecuatorial, moi caloroso nas chairas. O bosque tropical húmido cobre a maior parte da chaira e as montañas, ata os 1.200 m. A máis altitude o bosque tropical húmido dá paso ao bosque de coníferas e prados. A maioría da poboación é melanesia: pigmeos nas montañas do interior, dedicados á caza e á recolección, e papús na costa, que practican unha agricultura de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Xermania e de Italia (961) e emperador romano-xermánico (973-983, asociado ao imperio en 967), fillo de Odón I e de Adelaida. En 972 casou con Teófano, filla do emperador bizantino Romano II. Rivalizou cos emperadores bizantinos e tomou o título de imperator romanorum, que reivindicaban aqueles. En 981 pasou a Italia e matou en Roma a un gran número de inimigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Melanesia, que abrangue a parte oriental da illa de Nova Guinea e unhas 600 illas máis pequenas, entre as que destaca o arquipélago de Bismarck e as illas de Buka e Bougainville, que forman parte das illas Salomón (462.840 km2; 5.321.000 h [estim 2001]). A súa capital é Port Moresby.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Todas as terras son montañosas, con numerosos volcáns activos. A máxima altitude está en Nova Guinea, no monte Wilhelm, con 4.509 m. O clima é cálido e húmido todo o ano e os ríos son curtos e caudalosos. É un país eminentemente subdesenvolvido, pois máis das tres cuartas partes da poboación vive da agricultura de subsistencia. Os cultivos principais son os tubérculos e as raíces, as bananas e as froitas tropicais, e os cultivos de exportación, como o coco, o café, o cacao, o caucho, o aceite de palma e a cana de azucre. A gandaría é de curral e ten vacas leiteiras. O bosque ocupa o 84,4% do territorio. A pesca é un recurso importante, pero... -
-
Ave da orde dos ciconiformes, de 75 cm de lonxitude, extinguido en 1844. Era incapaz de voar e habitaba nos illotes e illas do Atlántico Norte, desde Terranova, Groenlandia e Islandia ata Escandinavia e o N das Illas Británicas.
-
-
Nome dado a todas as aves da familia dos esfeníscidos polo parecido que mantiñan co pingüín da familia dos láridos, xa extinguido. Adaptados a unha vida mariña, habitan no hemisferio sur. Son ápteros, coas patas palmeadas e de cor branca e negra. O pingüín de Magallanes (Spheniscus magallanicus) habita en Chile, Tierra del Fuego e illas Malvinas. O pingüín de Adelia (Pygoscelis adeliae) habita nas costas da Antártida, e o pingüín menor (Eudyptula minor) nas costas de Australia e Nova Zelanda. OBS: Tamén se denomina paxaro bobo.
-
pingüín das Galápagos [port: pingüim de Galápagos; cast: pingüino de las Galápagos; ingl: Galapagos penguin] [Spheniscus mendiculus, Fam dos esfeníscidos]
Pingüín natural das illas Galápagos, duns 53 cm de lonxitude. Aliméntase de peixes e crustáceos e pesca en grupos. Da súa familia, é o pingüín que se localiza máis ao N.
-
pingüín do Cabo/de anteollos [port: pingüim africano; cast: pingüino del Cabo, pingüino de anteojos; ingl: jackass penguin] [Spheniscus demersus, Fam dos esfeníscidos]
Pingüín que habita nos illotes da costa occidental do S de África. Mide entre 60 e 70 cm. Ten un debuxo na cara similar a un anteface e fai un ruído semellante ao dun asno. Aliméntase de peixe.
-
pingüín emperador [port: pingüim-imperator; cast: pingüino emperador; ingl: emperor penguin]
[
-
pingüín real [port: pingüim-rei; cast: pingüino rey; ingl: king penguin] [Aptenodytes patagonicus, Fam dos esfeníscidos]
Pingüín moi semellante ao pingüín emperador, pero coas marcas alaranxadas do pescozo máis reducidas. Habita nos mares antárticos e cría durante a primavera nas Malvinas e varias illas preantárticas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos láridos, extinguidas en 1844. Recibían o nome de pingüíns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ranguete.
-
-
-
Lapis vermello, feito normalmente de arxila ferruxinosa ou hematites.
-
Debuxo feito con este lapis.
-
-
ariedade de laranxa miúda de zume vermello.
-