"Gallego" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 106.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Representante do gótico hispanoflamengo, puido ser de orixe galega. Activo no Reino de León, traballou principalmente en Salamanca. As súas primeiras obras, entre outras o retablo do cardeal Juan de Mella na capela de San Ildefonso da catedral de Zamora (1466?) e a táboa do Martirio de Santa Catalina, mostran a influencia flamenga na factura rica e minuciosa, no tratamento das dobras e na gradación dos planos. Posteriormente, caracterizouse pola frialdade e o realismo extremo, entre outras obras, nas táboas da Piedad e a Crucifixión e no retablo de San Andrés (1470?, Salamanca). Realizou tamén a decoración da bóveda da Universidad de Salamanca (1473?-1794) e, xunto cos seus colaboradores, os retablos de San Lorenzo de Toro, de Arcenillas e de Ciudad Rodrigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Cartagena (1250-1267). Relixioso da Orde Franciscana Menor, restaurou a diocese e organizou o seu cabido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto mariño. Realizou diversas viaxes no vicerreinado de Perú, onde foi conselleiro dos presidentes e benemérito (1623). Nunha das súas viaxes foi saqueado por Drake (1591). Escribiu o diario Viaje y descubrimiento de la isla Salomón en el mar del Sur (1566).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premios instituídos en 2001 pola Xunta de Galicia e o grupo Unedisa que teñen como obxectivo promover a actividade cultural e científica como medio ou vehículo para a proxección internacional da comunidade galega. Teñen unha periodicidade bianual e concédense no eido das Letras, Artes Plásticas e Arquitectura, Artes Escénicas e Música, Cinematografía e Artes Audiovisuais, e Ciencias e Investigación. Sen dotación económica, os premiados reciben a escultura Fariñento de F. Leiro. Na súa primeira convocatoria foron galardoados Camilo José Cela, César Portela, Rogelio Groba, Xavier Villaverde e Luís Concheiro e Ángel Carracedo, nas respectivas modalidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, xornalista, pedagogo e político. Nas súas novelas reflicte a vida dos llanos. Da súa produción destaca El último Solar (1920), publicada de novo en 1930 co título de Reinaldo Solar, La trepadora (1925), Doña Bárbara (1929), Cantaclaro (1934), Canaima (1935), Pobre negro (1937), El forastero (1952) e La doncella (1957). Foi ministro de Educación (1936) e presidente da República (1948), cargo que ocupou poucos meses ao ser derrocado por un golpe militar, tralo que se exiliou ata 1958. Doutor honoris causa pola Universidad de Costa Rica, pola Universidad Central de Venezuela e pola Universidad de Los Andes, foi membro da Academia Nacional de la Lengua de Venezuela e recibiu en 1958 o Premio Nacional de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixioso mercedario. Colaborou nas revistas La Merced e San Ramón y su Santuario e publicou Una flor que se marchita (1916), Las veladas en el hogar doméstico (1917), Los golfos (1919), Un abrazo histórico (1922) e Despertador mercedario (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huesca, Aragón, situado en Los Llanos da la Violada e drenado polo río Gállego (1.772 h [2001]). Predomina a agricultura de regadío (cereais, remolacha) e as viñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico liberal editado en Santiago de Compostela a partir do 21 de abril de 1820. Cesou a súa edición en outubro dese ano (nº53). Saía todos os martes e venres dos obradoiros tipográficos de Campaña e Aguayo. Fundado e dirixido por Antonio B. Fandiño, incluía artigos de carácter satírico dirixido aos políticos, feito que motivou a suspensión da edición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista cultural editada en Ourense a partir do 1 de xaneiro de 1874. Cesou a súa edición o 23 de outubro de 1880 (nº408). Subtitulouse “Semanario de ciencias, artes y literatura”. Fundada e dirixida por Valentín Lamas Carvajal. A través dos seus comentarios criticou o caciquismo e defendeu a independencia política dos partidos e a fe cristiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada a partir de 15 de xaneiro de 1889 en Montevideo. Cesou a súa edición o 28 de febreiro dese ano (nº37). Subtitulouse “Diario de la mañana. Todo por España. Todo por Galicia”. Dirixida por Ramón G. Vicetto, incluía diversos poemas e difundiu en folleto O Catecismo do Labrego, de Lamas Carvajal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado en setembro de 1906. Cesou a súa edición en 1950. Subtitulouse “Órgano de las colectividades gallegas en el Plata” e “El periódico gallego de mayor circulación en la Argentina y el Uruguay”. Dirixido por Julio de la Cuesta, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Iberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada a partir do 1 de xuño de 1922 en Bos Aires. Foi o voceiro oficial da sociedade Hogar Gallego, escindida da Casa de Galicia. Nos seus primeiros números foi quincenal, mentres que a partir do 29 se converteu en mensual. Incluíu informacións da sociedade, e seccións dedicadas ao deporte e á cultura, ademais de colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en La Habana a partir de xullo de 1926. Cesou a súa primeira etapa en agosto de 1928. Subtitulouse “Paladín de la cultura y defensor de la colonia gallega de Cuba”. Dirixida por Xosé Mª Sánchez Brea, incluía información sobre as actividades da colonia galega na illa. Na súa segunda época, desde agosto de 1928 ata maio de 1930, converteuse en revista mensual e inseriu crítica musical e teatral, novas sociais e literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semanal editada en La Habana a partir do 3 de xuño de 1909. Voceira das Sociedades Gallegas de Instrución, foi dirixida por Casimiro Fernández. Ademais da información societaria, incluíu tamén artigos de carácter cultural, xunto con algunhas colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado na Coruña a partir do 1 de abril de 1917. Nos seus inicios subtitulouse “Diario católico, regionalista e independiente”, de acordo cos principios do seu fundador, o sacerdote Xosé Toubes Pego. Veu encher o oco deixado polo periódico católico El Eco de Galicia, destruído por un incendio. En 1931 incorporouse ao grupo da Editorial Católica, propietaria de El Debate, do diario Ya e da axencia Logos, entre outros medios de comunicación. Durante a Segunda República (1931-1936) sufriu a acción da censura. Nese mesmo período serviu como apoio da CEDA, defendeu a opinión da Igrexa Católica e a acción da alta burguesía de Galicia. No período de posguerra seguiu mantendo a súa orientación ideolóxica e mantivo unha estreita relación co goberno franquista, xa que moitos membros do seu consello de dirección pertencían a diversas institucións e cargos públicos. Ao longo da súa traxectoria editorial, dirixírono: Alfredo G. Ramos, Xacobe Varela, Xosé Mª de Santiago,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Vigo a partir de xuño de 1986. Dirixida por Víctor Martínez de las Heras, incluía crónicas e noticias referidas á actualidade de Vigo e de Galicia, ademais de información sobre saúde, política, economía, espectáculos, deportes e cultura. Inseriu tamén numerosas entrevistas a persoeiros políticos, economistas, deportistas e intelectuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que apareceu en Ourense a partir do 1 de xaneiro de 1900 e que cesou en 1901. Subtitulouse “Revista semanal de enseñanza” e estivo dirixida polo inspector de ensino primario Xerardo Álvarez Limeses. Substituíu o Boletín de la Asociación Provincial de Primera Enseñanza como revista profesional de maxisterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se editou en Santiago de Compostela a partir de agosto de 1882 e que cesou en 1913. Subtitulouse “Revista de Instrución Primaria. Portavoz de la Asociación de Socorros de los Maestros del Distrito Universitario de Santiago”. Estivo dirixida por Augusto Milón e, posteriormente (1904), por Celestino Buján Suárez. En 1912 pasou a titularse Revista de Instrución Pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Traballou no grupo O Facho e, en 1983, fundou Danthea Teatro, compañía en que dirixiu as súas producións A máis forte (1985), Sobre o tabaco (1985) e Peluquillas Mangariñas II (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Madrid a partir do 1 de agosto de 1936 e que cesou ao ano seguinte (nº9). Subtitulouse “Órgano del Cuarto Batallón de la Primera Brigada Mixta de Líster” e editouse para aglutinar politicamente o Batallón de Milicias Gallegas. O promotor e principal executor foi Santiago Álvarez. De contido bélico e político, incluíu prosa e poesía de colaboradores como Ramón Cabanillas e Rafael Dieste. Foi un dos tres xornais galegos publicados na zona republicana durante a Guerra Civil Española, xunto con Nova Galicia e Nueva Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO