"Gard" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 88.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica estadounidense. En 1941 contratouna a Metro-Goldwyn-Mayer grazas a unhas fotos enviadas por un familiar. Comezou facendo pequenos papeis secundarios, ata que en 1946 protagonizou a súa primeira película, The Killers. A partir dese momento protagonizou numerosas películas, entre as que destacan Show Boat (1951), Pandora and the Flying Dutchman (1951), The Snows of Kilimanjaro (1952), Mogambo (1953), The Barefoot Comtessa (1954), The Angel Wore Red (1960), 55 Days at Peking (1963), Seven Days in May (1964), The Bible (1966), The Blue Bird (1976) e The Cassandra Crossing (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor norteamericano. Exerceu a avogacía e creou o personaxe de Perry Mason. Publicou tamén baixo os pseudónimos de A. A. Fair e Carleton Kendrake.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero carnívoro de mediano tamaño, similar á marta, ambas do xénero Martes. O tamaño da cabeza e do corpo varía entre 41 e 51 cm, a cola entre 23 e 27 cm. Presenta unha coloración parda, cunha mancha branca na gorxa e no peito ata a parte superior das patas. O seu corpo é esvelto e alongado, a cabeza grande e alongada, máis clara ca o resto do corpo, coas orellas bordeadas de branco. O fociño é alongado e o nariz carnoso, as patas curtas, máis escuras ca o corpo. Existe unha subespecie de garduña nas Illes Balears, probablemente extinguida. O seu territorio pode acadar o redor de 10 km de radio. Dentro deste territorio dispón de varios tobos. Habita zonas montañosas e rochosas, con pouca vexetación e carballeiras, faiais, aciñeirais, soutos e ribeiras. Dentro da Península Ibérica, a súa distribución é máis ou menos regular, máis abundante no NO, Araba, Cáceres e parte de Granada. Atópase en regresión debido principalmente á caza ilegal e á destrución do seu hábitat. Aliméntase de lebres...
-
VER O DETALLE DO TERMO
gaduñar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trampa para cazar animais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
garduño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen rouba cousas de pouca importancia con habilidade e disimulo.
-
PERSOEIRO
Fotógrafa. Centrou a súa obra en personaxes da vida cotiá e do campo. Publicou Magia del juego eterno (1985) e Bestiario (1987). Individualmente, expuxo no Musée de l’Elysés, de Lausanne, no Museum Reise, de Stadt Mannheim (Alemaña), no Art Institute of Chicago e no N.Y. Museum of Photographic Arts de San Diego, en EE UU. Participou tamén na V Fotobienal de Vigo (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico. Doutorouse na Universidade Johns Hopkins de Baltimore (1953). Foi director do departamento de bioquímica dos Laboratorios de Investigación Geigy (Nova York), profesor no Colexio Albert Einstein (Nova York), da Escola universitaria de medicina de Yale (Connecticut) e da Universidade de Rockefeller (Nova York), na que dirixe o Laboratorio de Neurociencia Celular e Molecular. Realizou numerosos estudios sobre a función e a distribución no cerebro dos receptores da dopamina, e foi o primeiro en identificalos. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (2000), xunto con Eric Kandel e Arvid Carlsson, polos seus estudios sobre a transmisión de sinais no sistema nervioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe xermánica, transmitido a través do francés Hildegarde, composto de dous elementos *hiltja- ou *hildi ‘batalla’ e *gard- ‘vara ou xostra máxica’ (para algúns estudiosos este segundo elemento viría de gardan ‘coñecer’). Outros parten de Hild (nome dunha valquiria) e hart ‘garrida’, ‘carraxenta’. Santa Hildegarda de Bingen (1098-1179) celébrase o 17 de setembro.
-
PERSOEIRO
Bieita alemana. Coñecida como a sibila do Rin, fundou o mosteiro de Rupertsberg, preto de Bingen. Recolleu as súas visións no libro Sci vias Domini ou Liber Scivias (Coñece os camiños do Señor). Tamén escribiu o tratado de medicina Causae et curae. Na iconografía viste hábito de abadesa bieita e represéntase ditando a un escribán con cinco chamas vermellas sobre a testa. A súa festividade celébrase o 17 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e ceramista francés, fillo de Josep Llorens i Artigas. Coñecido como Gardy Artigas, formouse xunto a Chagall, Braque e Giacometti. En París colaborou con Joan Miró, especialmente nas obras para a exposición Osaka 70, en Xapón. A súa obra recrea formas orgánicas con independencia do seu contexto e do seu tamaño real. Destaca Porta per a una ciutat (1974), na autopista Barcelona-Girona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Escribiu obras narrativas, de teatro e de teoría da literatura, e destacou polo seu espírito obxectivo e escrupuloso. Da súa produción destacan Jean Barois (1913) e a serie Les Thibault (1922-1940), que narra a historia dunha familia a principios do s XX. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1937.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Mugardos ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Mugardos.
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xulián que dá nome ao concello de Mugardos, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Ferrol, situado ao NO de Galicia e ao NO da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é de 43° 27’ de latitude N e 8° 15’ de lonxitude O. Limita ao N coa ría de Ferrol, ao L co concello de Fene (comarca de Ferrol), ao S co concello de Ares (comarca de Ferrol), e ao O co concello de Ares. Abrangue unha superficie de 12,8 km 2 cunha poboación de 5.636 h (2007) distribuída nas parroquias de Franza, Meá, Mugardos e Piñeiro. A capital do concello é o lugar de Mugardos, situado a 56 Km da cidade da Coruña e a 89 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Mugardos localízase na vertente S da ría de Ferrol e está situado en fronte do porto ferrolán, do Arsenal e da base naval da Graña. A superficie reducida fai que non se atope ningunha unidade de relevo importante no concello. De feito, se algo caracteriza a Mugardos é o seu carácter costeiro,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada por Ramón de Valenzuela en Bos Aires en 1957. Editada no exilio na editorial Citania e dentro da colección “Mestre Mateo”, foi a primeira novela do autor e a primeira obra galega que analiza a contenda da Guerra Civil Española. Ademais da súa importancia como documento histórico, cómpre salientar tamén algúns aspectos autobiográficos que constitúen a base sobre a que se asenta esta historia. Nela cóntanse as historias vividas polo seu personaxe principal, Gonzalo Ozores, de ideoloxía nacionalista e identificado co propio autor, que foxe polas terras do Deza ata que se alista no exército franquista e actúa como espía para os republicanos. Novela de ideoloxía marxista, cómpre destacar a súa defensa do galeguismo e a conciencia de clase.
-
-
Impedir que algo ou alguén sufra algún dano, agresión ou prexuízo facendo que estea libre da súa influencia.
-
Protexerse dalgún dano, agresión ou prexuízo, valéndose dos medios precisos segundo o caso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento onde consta que se fixo un trámite, unha entrega ou que se efectuou un pagamento.
-
-
Tropa que marcha ao final dunha columna para darlle seguranza nunha acción de guerra.
-
Tropas máis afastadas do inimigo nun despregamento.
-
Espazo que queda atrás nunha fronte de guerra, onde se levan a cabo as operacións de abastecemento e evacuación. É especialmente vulnerable pola aviación, os mísiles e os paracaidistas. A guerra de guerrillas baséase en accións para dominala ou convertela en zona de combate.
-