"Hel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 558.

  • PERSOEIRO

    Escritor flamengo. Desenvolveu unha obra novelesca no marco do nouveau roman. Publicou, entre outras, as novelas L’emploi du temps (O emprego do tempo, 1956), La modification (A modificación, 1957), Degrés (Graos, 1960), Intervalle (Intervalo, 1973) e os ensaios Repertoire (Repertorio, 1964-1976), Boomerang (Búmerang, 1978) e Quadruple Fond (Cuádruplo fondo, 1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Benedictino de Solesmes (1878), foi abade de Farnborough (1903). Autor de Le livre de la prière antique (O libro do rogo antigo, 1900). Dirixiu os Monumenta Ecclesia Liturgica (Actas eclesiásticas litúrxicas, 1900-1912) e o Ditionnaire d’archéologie chrétienne et de liturgie (Dicionario de arqueoloxía cristiá e de liturxia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lume feito ao ar libre cunha morea de leña ou con outro combustible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capa vermella e dura que se forma na superficie das feridas por coagulación do sangue.

    2. Ferida pequena cuberta de costra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da Caldas de Reis. Outros apelidos relacionados con esta caste son Cacharela, Cachelas, Cacheira e Cacheirada. As súas armas levan, en campo de azul, unha cachela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comida na que o ingrediente principal son os cachelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de barro empregado para escorrer as patacas despois de cocelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pataca cocida coa súa pel en auga e sal, moi utilizada como acompañamento de diversos pratos en Galicia. Ás veces aplícase este termo á pataca cocida sen pel ou á pataca cocida cortada en cachos.

    2. Anaco de pataca que contén o grelo para poder sementala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal brasileiro. Ordenado sacerdote en agosto de 1931, foi designado bispo auxiliar de Rio de Janeiro en 1952 e posteriormente secretario xeral do episcopado brasileiro. No Concilio Vaticano II actuou como animador do grupo da Igrexa dos Pobres. Despois do Concilio creou o Movimento da Violência dos Pacíficos, que preconizaba un socialismo non totalitario. Loitador dos dereitos humanos e contra a inxustiza social, en 1973 asinou, canda outra ducia de bispos, o documento titulado Escoitei o berro do meu povo, no que denunciaba a situación de miseria do NL do Brasil. Despois de exercer como bispo de Recife entre os anos 1965 e 1985, presentou a súa renuncia e principiou unha campaña pola paz en todo o mundo. En 1974 foi galardoado co Premio Nobel Popular da Paz, distinción creada polo movemento das ONGs norueguesas á marxe das academias oficiais. Foi nomeado doutor honoris causa pola Université de La Sorbonne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecta. Estudiou arquitectura en Madrid e Barcelona, cidade na que rematou os seus estudios en 1966. Instalada en Galicia, traballou con César Portela. Entre as súas obras destacan o concello de Pontecesures, as escolas nacionais de Campañó e Salcedo e a escola de acuicultura da Illa de Arousa (1992). Realizou tamén a rehabilitación arquitectónica do conxunto histórico de Combarro e restaurou a igrexa e o curro de Sabucedo, na Estrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante alemán. Na Primeira Guerra Mundial foi membro do servizo de espionaxe naval en Madrid. Nomeado xefe da Abwehr en 1935, cooperou coas forzas do xeneral Franco durante a Guerra Civil de 1936-1939. Desde 1938 mantivo unha actitude contraria á política de expansión de Hitler, que levou á disolución da Abwehr (1944). Participou no atentado de xullo de 1944 contra Hitler. Foi arrestado e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política estadounidense. Casou en 1902 con Taddeus H. Caraway, congresista e senador por Arkansas. Cando este morreu, en novembro de 1931, foi designada para substituílo no Senado e converteuse na segunda muller senadora dos EE UU. En xaneiro de 1932 gañou a votación convocada ao efecto e, posteriormente, foi reelixida nas eleccións dese ano e nas de 1934. Abandonou o cargo en 1945. Foi a primeira muller en presidir unha sesión e en dirixir un comité do Senado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado nunha zona montañosa drenada polo río Granada (1.564 h [1996]). O cultivo de oliveiras e a fabricación de xabón son as principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Doutora en Filoloxía Clásica e docente na Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en revistas como Dorna, Ólisbos ou Festa da palabra silenciada. Publicou o volume Alta casa (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bióloga e conservacionista norteamericana. Traballou no US Fish and Wildlife Service entre 1936 e 1952, como encargada de dirixir o servizo de publicacións. Os seus libros Under the Sea-Wind (Baixo o vento mariño,1941); The Sea Around Us (O mar ao noso redor, 1951); The Edge of the Sea (O límite do mar, 1955) e Silent Spring (Primavera silenciosa, 1962), foron premiados e traducidos, caracterízanse pola combinación de rigor científico e un coidado estilo literario. A súa obra, que tratou a problemática ambiental do planeta, constituíu un dos alicerces do movemento ecoloxista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa infancia transcorreu no campo de concentración de Mauthausen e nun reformatorio relixioso español. Entre outras obras, é autor de Tanguy (1957), Le silence des pierres (O silencio das pedras, 1975), Le sortilège espagnol (O sortilexio español, 1977), La nuit du décret (A noite do decreto, 1981) e La gloire de Dina (A gloria de Dina, 1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edgar Algernon Robert Gascoyne-Cecil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse nos obradoiros de Giuseppe Cesari, Il Cavaliére d’Arpino, e de Jacob de Haase, ata que entrou en contacto con Pieter van Laer, quen o introduciu nas propostas naturalistas do caravaggismo e na creación de bambochadas. Esa tendencia estivo patente nas súas primeiras obras: Cardadora de la e Saqueo dun burgo (1630). A súa obra evolucionou cara a unha profunda descrición da realidade: A revolta de Masaniello e O bebedoiro. Pola súa destreza na pintura de cadros de temática bélica asignáronlle o alcume do Michelangelo das Batallas. Foi o creador das bambochadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Foi profesor de xeodesia e mecánica aplicada na Escola Politécnica e de xeometría superior na Sorbonne. Creou a xeometría proxectiva moderna independentemente de Jakob Steiner. É autor de Traité de géométrie supérieure (Tratado de xeometría superior, 1852) e Traité des sections coniques (Tratado das seccións cónicas, 1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo checo. Pensador do movemento husita na liña de Wycliffe e Huss. Rexeitou toda autoridade, agás a do Novo Testamento, e negou a necesidade de lexislación e goberno na comunidade cristiá. Condenou a guerra e predicou o retorno á primitiva orde cristiá. Escribiu Sit’víry (A rede da fe, 1440).

    VER O DETALLE DO TERMO