"Iros" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 271.
-
GALICIA
Concello da comarca de Betanzos, situado na provincia da Coruña no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Paderne e Irixoa, aoS cos de Oza dos Ríos e Aranga, ao L cos de Irixoa e Aranga, e ao O cos concellos de Betanzos e Oza dos Ríos (todos eles da comarca de Betanzos). Abrangue unha superficie de 33,9 km 2 cunha poboación de 1.660 h (2007), distribuídos nas parroquias de Armea, Coirós, Colantres, Santa María de Ois, Santa Mariña de Lesa e Santiago de Ois. A capital municipal, Coirós de Arriba, na parroquia de Coirós, está situada a 43° 15’ de latitude N e 8° 9’ 45’’ de lonxitude O, 27 km ao SL da Coruña e 63 km ao NL de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Betanzos e arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Coirós está baixo o dominio climático oceánico húmido, se ben as diferencias topográficas intramunicipais fan que pertenza dentro das variedades galegas a dous subtipos diferentes:... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Coirós. Construíuse a finais do s XII ou a principios do s XIII. Consta dunha soa nave, con ábsida de planta rectangular, cuberta cunha bóveda de canón apuntado e reforzada cun arco faixón de igual directriz. O arco triunfal é apuntado e dobrado, a rosca menor sostense por dúas semicolumnas con bases de características áticas, adornadas con follas, relevos en zigzag e sogados. A decoración dos capiteis é vexetal e está formada por talos curvos que se unen no extremo superior en forma de piñas ou de volutas. Este modelo repítese nunha das cestas que rematan as columnas que sosteñen o arco faixón, mentres que na outra presenta unha orde de follas anchas, sen nervios e rematadas en pomas. No exterior do testeiro da ábsida, ábrese unha fiestra formada por dúas arquivoltas rodeadas por unha chambrana de billetes, a rosca menor apóiase nun par de columnas acobadadas sobre bases áticas e con capiteis con follas pegadas á cesta e rematadas en pomas, sobre as que se...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Congregación fundada en Vic por Antón María Claret i Clarà en 1849. Os misioneiros claretianos dedicáronse primeiramente á predicación popular en Catalunya, pero axiña abrangueron outras ocupacións. A aprobación civil da congregación tivo lugar en 1859 e a aprobación pontificia no ano seguinte. Destinada ao ensino cristián, as súas casas distribúense entre once países de América, Europa, África e Asia. En 1855, o propio Antón María Claret e Antònia París i Riera fundaron en Santiago de Cuba o Instituto Apostólico de María Inmaculada para o ensino. O claretiano Lluís Pujol i Tordera fundou en 1951 en Vic o Instituto Secular Misioneiros da institución claretiana coa finalidade de exercer o apostolado en parroquias obreiras e zonas descristianizadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
eiros unidos de dous en dous pola súa base, sendo esta do mesmo esmalte.
-
GALICIA
Mestre de arquitectura e escultor. Realizou dous retablos colaterais para a igrexa de San Pantaión das Viñas (Betanzos), un dedicado á Virxe María e outro a santo Antón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Siria (95 - 88 a C). Impúxose a Antíoco X coa axuda de Exipto e repartiu o reino co seu irmán Filipo, co que se puxo a mal máis tarde. Morreu en catividade.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que denota ou implica desaire.
-
Que lle falta elegancia ou conveniencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten ou mostra donaire.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída en Madrid o 16 de marzo de 1997 baixo a presidencia de honra de Dorinda Ramos Ramos e presidida por María Luz Barreiros, filla de Eduardo Barreiros. Entre os seus obxectivos destacan a promoción do coñecemento e a divulgación da historia do deseño industrial, como parte do patrimonio cultural dos pobos, a promoción e a investigación no campo da tecnoloxía da automoción e dos motores para todo tipo de vehículos, o fomento da investigación, o estudo e a experimentación de novos métodos e técnicas relacionadas cos anteriores, e a institución e dotación do Premio Eduardo Barreiros, que recoñece publicamente os méritos daqueles traballos de investigación no campo que constitúe o obxecto da fundación. Para o cumprimento destes obxectivos desenvolvéronse diferentes actividades, entre as que sobresaen o sostemento do Museo Eduardo Barreiros, que acolle a colección Barreiros; a realización de seminarios, coloquios e conferencias; a edición de publicacións;...
-
GALICIA
Empresario. Fundou en 1958 Prefabricados Eiros, empresa pioneira na fabricación de bloques de formigón de Galicia. A partir da aplicación das técnicas do moldeado de cemento traídas polos portugueses ao N de Lugo na década dos cincuenta, deseñou e puxo en funcionamento a primeira das máquinas de bloques da empresa. Alcalde de Meira (1982-1983), conseguiu o establecemento dun instituto de bacharelato e creou a Biblioteca Municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecta. Estudiou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona e da Coruña, onde se licenciou en 1985. Diplomouse en historia da arquitectura na Oxford University (1995) e ampliou estudios no eido da conservación arquitectónica na Oxford Brookes University (1996). Entre as súas intervencións arquitectónicas destacan os seus traballos de rehabilitación no centro histórico de Santiago de Compostela (1999), na casa Abraira en Pousadoira (Miño, 1999-2001), na casa do Vilar (Mondariz, 2001) e na casa do Castro (Poio, 2001-2002). As súas investigacións centráronse no campo da arquitectura tradicional galega do s XIX. Realizou a catalogación da arquitectura doméstica na comarca da Terra Chá (1763-1936), pola que recibiu o Premio Constanza de Castro (1999). Colaborou, entre outras obras, na Encyclopedia of Vernacular Architecture of the world (Enciclopedia da arquitectura vernácula no mundo, 1995) e La Galicia de los Pazos (2002). Escribiu tamén A casa grande...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Coñecida como Fina Eiros, formouse na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Lugo e na Escola Superior de Disseny i Art Eina da Universitat Autónoma de Barcelona (1989-1997). Ampliou a súa formación coas bolsas da Fundación Unión Fenosa (1996 e 1998) e coa do Oxford Centre for Galician Studies (1994-1995). A súa obra evolucionou dende os modelos figurativos ata unha pintura paisaxística e experimental que a levou a unha abstracción formal e un colorido desbordante. Da súa produción destacan as series Terra Incógnita e Antártica. Participou, entre outras mostras colectivas, na Semana Blava. Eina (1993 e 1994), no XIII Certame de Pintura Concello de Cambre (1996), no IV Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo (1998), na II Convocatoria de Pintura da Fundación Nelson Zumel (1998), no Certame de Pintura Galería Burela (1998-2000) e no X Concurso de Pintura Bello Piñeiro (Mugardos, 2000). Realizou exposicións individuais na Coruña, Meira, Lugo,...
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que lles serve de límite ás parroquias de San Martiño de Manzaneda e Cesuris, no concello de Manzaneda. O seu cumio acada os 424 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escola agrícola que se puxo en marcha na Granxa de Barreiros de Ortoá (Sarria), baixo o impulso do empresario agrícola Antonio Fernández López (1903-1971) e do mestre galeguista e renovador Avelino Pousa Antelo (1914). Ambos os dous estaban convencidos de que a transformación social e económica do medio rural podía comezar pola escola se esta lograba dedicar o tempo necesario á formación dos nenos dos labradores partindo do seu propio sistema de vida e do coñecemento práctico e efectivo do medio rural natural e social. Con este obxectivo o 1 de febreiro de 1948 inaugurouse a Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros, totalmente gratuíta para os escolares da parroquia. As clases repartíanse en sesións de mañá, tarde e noite, seis días á semana. Para que a escola fose eficaz en relación co medio circundante, esta tiña que preparar os alumnos e darlles coñecementos en diversos campos, entre eles, no das técnicas agropecuarias. Estas realizábanse in situ nos campos...
-
-
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada o 29 de outubro de 1977 en Santiago de Compostela que ten como finalidade a defensa dos intereses dos libreiros, do libro e da cultura de Galicia. Ademais, procura a mellora profesional e material dos seus asociados, promove o libro e a lectura a través de diversas actividades, e representa o sector en todos os foros de decisión e debate. Ao longo da súa historia, presidírona Xesús Couceiro Rivas, Ángel Martínez Ferrer, Xosé M. Alonso Martínez e Xaime C. Corral Prieto. Está formada por sete Agrupacións de Libreiros (Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo). Publicou os tres primeiros tomos do catálogo das publicacións en galego dende as Cantigas de Santa María ata o ano 1993. Anualmente, edita antoloxías e monografías dos escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas. Ademais, encárgase da organización das Feiras do Libro Novo e as do Libro Antigo e de Ocasión que se celebran en Galicia, xunto con xornadas monográficas sobre...
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Piñeira, no concello de Ribadeo, que separa as enseadas de Loureiro, ao L, e da Vella, ao O.
VER O DETALLE DO TERMO