"Istra" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 72.

  • Que pode ser subministrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de subministrar.

    2. Aquilo que se subministra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen subministra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prover a alguén de algo que precisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prover a alguén de algo que precisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Déspota de Mistra (1407-1428), fillo do Emperador Manuel II. Sucedeu ao seu tío Teodoro I. Baixo a súa éxida acadouse case a completa unificación do Peloponeso (coa anexión de Acaia). Protector de intelectuais e humanistas, deixou o poder ao seu irmán Constantino e retirouse a un mosteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia ou neve acompañadas de vento moi frío e forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de música folk fundado en Vigo en 1988 co obxectivo de recuperar temas populares do sur de Galicia e do norte de Portugal. Da súa discografía destacan Adicado (1997), Xistralia: República Independente (2000) e Tres nun (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Lugo en 1949. Promovida por Ánxel Johán e Luís Pimentel, do grupo Ronsel, foi dirixida por Manuel María e M. A. Sopena Somoza. De carácter literario, dedicouse á poesía aínda que tan só se publicaron dous números, pero Ánxel Johán continuou cunha colección poética co mesmo nome na que publicaron destacados escritores galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra litoral cunha altitude media de 700 m, situada entre os concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, Ourol, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo. As maiores altitudes rexístranse nos picos Lomo Pequeno (1.015 m), Xistral (1.033 m), Seixo Branco (1.057 m) e o Cadramón (1.056 m). Neste núcleo montañoso nacen os ríos Landro, Ouro, Masma e Eume. Cara ao N esta superficie alóngase nunha ampla crista que culmina no Chao de Lamoso (1.039 m). Desde 2001 forma parte de Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). O seu principal punto de interese é a abundancia de turbeiras, enriquecidas con especies endémicas. Ademais, da súa flora destaca a presenza de narcisos e esfagnos, e en canto á súa fauna, pódense atopar aves como o pincaouro ou varias especies de picanzos, anfibios como a píntega rabilonga ou réptiles como diversas lagartas, así como bolboretas do xénero Erebia, consideradas reliquias de épocas glaciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano e inquisidor. Reprimiu a herexía husita en Alemaña, Bohemia e Hungría, e perseguiu duramente os xudeus de Europa Central. Predicou a cruzada contra os turcos e conseguiu a liberación de Belgrado (1456). A súa festividade celébrase o 25 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO