Xistra de Coruxo
Xistra de Coruxo
Grupo de música folk fundado en Vigo en 1988 co obxectivo de recuperar temas populares do sur de Galicia e do norte de Portugal. Da súa discografía destacan Adicado (1997), Xistralia: República Independente (2000) e Tres nun (2003).