Xistral
Xistral
[PUBLIC]
Revista publicada en Lugo en 1949. Promovida por Ánxel Johán e Luís Pimentel, do grupo Ronsel, foi dirixida por Manuel María e M. A. Sopena Somoza. De carácter literario, dedicouse á poesía aínda que tan só se publicaron dous números, pero Ánxel Johán continuou cunha colección poética co mesmo nome na que publicaron destacados escritores galegos.