"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

  • Conca longa e estreita limitada por fallas normais que se estenden pola codia continental. Conservan o rexistro estratigráfico dun proceso de rift na creación de océanos que actualmente desapareceron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Cantal, Auvernia, Francia (30.773 h [1990]. Situada nos contrafortes do macizo de Cantal, trátase dun pequeno núcleo industrial dedicado fundamentalmente á fabricación de mobles, zapatos e paraugas. Antiga capital da Alta Auvernia, medrou a partir do mosteiro bieito de Saint-Geraud, fundado arredor do ano 894 por Xerardo, señor de Aurillac, que adoptou a reforma de Cluny. Nese mosteiro foi monxe, entre outros, Xerberto, futuro Papa Silvestre II. En 1298 o abade cedeu ao municipio todos os dereitos que posuía sobre a vila. Convertida en colexiata secular (1562), a abadía foi incendiada e destruída polos hugonotes en 1569. O derradeiro abade foi elixido en 1752.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nunha función dependente do tempo, correlación que existe entre os valores desta función, separados por un intervalo de tempo constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autolesión que comporta a mutilación dalgún membro, órgano, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Proceso con regulación propia.

      2. Reflexo con reacción compensatoria.

    1. Propiedade dun proceso ou dunha máquina que, despois dunha perturbación, consegue obter outra vez o equilibrio sen a intervención dun regulador.

    2. Proceso no que un ovo haploide adquire a diploidia ao dobrar o seu xenoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso reprodutivo das diatomeas, que acadan o talle crítico de viabilidade, que restaura o tamaño máximo da especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e historiador. Deixou manuscrita unha Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su Obispado, redactada entre 1839 e 1852; esta obra, que se conserva no Arquivo da Catedral de Tui, foi editada pola Xunta de Galicia en 1997. Así mesmo, o Museo de Pontevedra editou: El convento de ermitaños de San Cosme y San Damián, junto de Bayona (1942), Castillos de la tierra de Tuy (1943) e La Iglesia Colegiata de Bayona (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás baciláceas.

    2. Bacteria da familia das baciláceas.

    3. Familia de bacterias da orde das eubacteriais, integrada por bacilos capaces de producir endosporas cilíndricas, elipsoidais e esféricas, situadas en posición central, subterminal ou terminal. Xeralmente hidrolizan a xelatina e fermentan os azucres. Algunhas poden vivir a temperaturas superiores aos 50°C. A maioría son saprófitas e viven no solo; pero tamén as hai parasitas. Esta familia comprende dous xéneros: Bacillus e Clostridium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Margraviado do Sacro Imperio, do círculo de Suabia, que pertenceu desde 1515 a unha rama da casa de Baden, que agregaría as herdanzas das ramas de Hachberg (1535) e de Baden-Baden (1771).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou a pintura de temática histórica e costumista, é coñecido pola súa obra A Batalla de Almansa (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, ilustrador e escritor alemán. Estableceuse en Güstrow en 1910. A súa escultura inspirouse en tipos populares e na imaxinería medieval, especialmente a románica. Para a valoración das formas relacionouse coas investigacións cubistas. Participou da corrente e da concepción plástica e ideolóxica do Expresionismo alemán. As súas imaxes son sempre tensas e dramáticas. Na súa produción escrita, novela e sobre todo teatro, revelou a súa preocupación pola soidade e as miserias humanas fronte ao absoluto e a contraposición dos valores espirituais con respecto aos materiais. Durante a República de Weimar realizou monumentos conmemorativos da Primeira Guerra Mundial; o realizado para a catedral de Güstrow foi destruído polo réxime nazi ao ser considerada a súa arte como dexenerada. Á súa morte, o seu taller de Güstrow converteuse en museo. En Hamburgo existe outro museo dedicado á súa obra. Publicou en 1928 a súa autobiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rickettsia da familia dos bartonelácidos.

    2. Familia de rickettsias parasitos endocelulares vertebrados, que son transmitidos por artrópodos. Teñen aspecto bacteriano e son sensibles aos antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aprobación de quen é superior (xeralmente expresada por escrito coa fórmula visto bo).

    2. Consentimento que se pide ou se concede para realizar algunha cousa.

    3. Segundo o Código de Dereito Canónico, consentimento ou aprobación da Santa Sé esixida para a validez de determinados actos.

    4. Aprobación reservada ao Rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que se introduce un grupo benzoilo nunha molécula. Polo xeral úsase como reactivo o cloruro de benzoilo, como por exemplo a reacción de Schotten-Baumann de benzoilación dos alcohois.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás betuláceas.

    2. Planta leñosa, árbore ou arbusto da familia das betuláceas.

    3. Familia de plantas leñosas, árbores ou arbustos, que comprende unhas 70 especies, da orde das fagais. As flores dispóñense en amentos masculinos e femininos. A planta monoica florece antes da saída das follas. Danse nos países temperados e fríos do hemisferio norte, aínda que hai algunhas especies na alta montaña tropical de América e Asia. Gran parte das betuláceas proporcionan madeira, moi apreciada na construción de mobles. A esta familia pertencen o amieiro, o bidueiro e a abeleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Está considerado como o máis importante poeta simbolista do seu país, influído directamente pola corrente do Parnasianismo. Colaborador asiduo do xornal A Noticia, publicou entre outras obras: Poesias (1888) e Tarde (1919). A súa obra máis destacada é O caçador de esmeraldas (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incremento da concentración de compostos químicos que, por non ser biodegradables e ter unha taxa de absorción e almacenamento maior ca a de excreción, se almacenan tanto no ser vivo individual como na cadea alimenticia. Nos animais, esta acumulación ten lugar principalmente nos tecidos graxos. Un exemplo é a bioacumulación de pesticidas organoclorados como o DDT que, empregado para combater pragas de insectos, foi o responsable da diminución alarmante das poboacións de aves insectívoras e, especialmente, dos seus depredadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador provenzal. Foi señor de Aups. Acolleu na súa corte numerosos trobadores -entre outros, Ramón Vidal de Besalú-, e converteuse no prototipo de nobre cortesán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Realizou estudios no Musikhochschule de Berlín (1924-1926), onde posteriormente exercería como mestre (1948-1970). Na composición de pezas escénicas, destaca a súa ópera Romeo und Julia (Romeo e Xulieta, 1943) e o ballet Tristan (1965); como compositor de música instrumental é relevante a peza Variaciones Paganini (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orientalista francés. Director do Institut d’Études Islamiques, é autor dunha Histoire de la littérature arabe des origines à la fin du XVème siècle (Historia da literatura árabe desde as súas orixes ata finais do s XV, 1952) e dun Ditionnaire arabe-français-anglais (Dicionario árabe-francés-inglés).

    VER O DETALLE DO TERMO