"Levi" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 65.

    1. Transmisión a distancia de imaxes en movemento e de sons por medio de ondas electromagnéticas ou ben de cable. O alemán P. G. Nipkow patentou un sistema electromecánico de TV en 1884, en que a cámara consistía nun disco rotatorio con buratos formando unha espiral que permitían iluminar sucesivamente pequenos elementos do obxeto. O sinal luminoso recollíase nun dispositivo feito de selenio en que se producía unha corrente variable coa intensidade da luz reflectida. Un receptor en sincronismo cun disco semellante e sincronizado co da cámara invertía o proceso e mostraba a imaxe. A velocidade de rotación do disco determinaba, neste caso, o número de tramas de imaxe transmitidas por segundo. O primeiro sistema de televisión apareceu en Inglaterra (1926) da man do escocés J. L. Baird, e consistía esencialmente no sistema de Nipkow, máis un amplificador, un transmisor e un receptor electrónicos. A BBC empregou o sistema electromecánico de Baird para transmitir a partir de 1926 imaxes de TV de...

    2. Sistema de emisión de televisión en que o sinal se transporta ata o receptor ou a través de cable coaxial ou de fibra óptica. OBS: Tamén se coñece como televisión por cable.

    3. televisor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadea pública de televisión da Comunidade Autónoma de Galicia que comezou as súas emisións en probas o 24 de xullo de 1985, integrada na Compañía de Radio-Televisión de Galicia. A súa programación regular, integramente en galego, comezou o 29 de setembro de 1985 con 39 horas semanais, que en 2002 chegaron a 168 horas, a maior parte de produción propia. Emite para todo o territorio galego a través de catro centros emisores (Pedroso, A Bailadora, Domaio e Tomba), que incorporaron a tecnoloxía dixital en 2002. Foi a primeira canle autonómica que emitiu regularmente en vía satélite (1994), ademais de manter a súa propia canle vía satélite cara a América (1997). Recibiu o Trofeo Galeguidade no Mundo (1992) e o Premio Galicia de Comunicación (1997 e 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadea pública española de televisión de ámbito estatal que comezou a emitir o 28 de outubro de 1956, coas primeiras instalacións na Avenida de La Habana, en Madrid. A programación regular chegaba só a área de Madrid pero, a partir de 1960, foise ampliando ao resto do Estado. Ese mesmo ano comezaron as retransmisións a través de Eurovisión e a TV por satélite (1962). En 1965 TVE fixo probas para implantar a televisión en cor e comezou a emitir en UHF, unha canle que logo pasou a denominarse La 2 (1990). Establecida nos estudios de Prado del Rey (1972), ampliou a rede de centros territoriais de TVE, creáronse os Servicios Informativos (1967), implantouse o Teletexto (1985) e comezaron as retransmisións de Hispavisión de TVE para América (1994). Recibiu o Premio Galicia de Comunicación (1998), ademais de multitude de galardóns por destacados programas como “En Portada”, “Documentos TV” ou “Informe Semanal”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que recibe o sinal de televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO