"Lois" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 81.
-
GALICIA
Político. Militante e membro do consello nacional do BNG desde 1986, foi alcalde de Vigo (1999-2003), e como tal presidiu a Mancomunidade de Concellos da Área Intermunicipal de Vigo e a Fundación Provigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en 1914 en Madrid coa tese El sistema parlamentario en España y sus relaciones con el caciquismo. Foi catedrático na Universidade de Santiago de Compostela e concelleiro agrarista e presidente da Irmandade da Fala desta cidade. En 1917 formou parte da representación galeguista que organizou en Barcelona unha semana galeguista organizada pola Lliga Regionalista. Pódese afirmar que foi un dos creadores do nacionalismo na súa vertente política, así como un acérrimo defensor da lingua galega, pero non esqueceu a europeización da cultura e rexeitou o separatismo. Considerou a Galicia e a España como dous entes diferenciados pero cunha estreita interrelación. Os seus escritos atenderon a un dobre núcleo temático: definiu a España cono unha organización defectuosa que se fundou na oligarquía e no caciquismo e responsabilizou os galegos e os factores endóxenos de Galicia do seus propios problemas....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte austríaco. A partir dunha análise directa histórico-filolóxica do material artístico, considerou a historia da arte como unha sucesión de fases individualizables por elementos caracterizadores, que son resultado dunha determinada e consciente vontade ou intencionalidade artística (Kunstwollen), que é específica para cada época e corresponde coas actitudes xerais do pensamento e da cultura. Escribiu Stilfragen (Cuestións de estilo, 1893), Spätrömische Kunsindutrie (Industria artística do romano tardío, 1901) e Die Entstehung de Barockkunst in Rom (A formación da arte barroca en Roma, 1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo austríaco. A súa filosofía representou unha crítica das ciencias, rexeitou toda metafísica e aspirou a superar todo dualismo, especialmente entre a realidade física e a psíquica. Da súa obra destacan Der philosophische Kritizismus und seine Bedeutung für die positive Wissenschaft (O criticismo filosófico e a súa significación para a ciencia positiva, 1876-1887) e Beiträge zur Logik (Contribucións á lóxica, 1892).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e escritor. Colaborador de diversas publicacións, como Faro de Vigo e El Progreso, no Almanaque Agrícola ZZ publicou os estudos “A zanfona” e “O oficio de canteiro”. É autor da triloxía sobre o mundo rural Un fachico de contos (1980), Contos para engaiolar (1984) e Contos da baiuca (1995), en que presenta personaxes e costumes populares. Ademais escribiu As bolboretas brancas (1989), premiado no IV Concurso Barco de Vapor, e O cabalo ceibe (2004), onde a través dos animais reivindica un mundo máis nobre e ecolóxico. Tamén no eido da literatura infantil tirou do prelo As botas de Zapeto (1992). Do seu interese pola etnografía e a recuperación das tradicións e da lingua popular xurdiu A cultura tradicional do pan (2002), en que introduce un apartado con refráns, cantigas e contos do folclore popular galego. Director de diversos traballos escolares premiados polo Museo de Pontevedra, recibiu o...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e ilustrador. Coñecido como Pitón, colaborou en varios suplementos de La Voz de Galicia, ilustrou varios libros infantís e dedicouse ao debuxo animado. Participou na exposición colectiva From Galicia with Humor.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, irmán de Xosé Sánchez Pereiro. Coñecido como Lois Pereiro, formouse no ambiente universitario de Madrid e participou, con Antón Patiño, Xosé M. Pereiro e Manuel Rivas, na creación da revista Loia, onde escribiu diversos poemas que posteriormente foron recollidos en Poemas para unha loia (1996). Formou parte do grupo de poetas da década de 1980 que publicaron o libro colectivo De amor e desamor (1984). Na revista Luzes de Galiza viron a luz os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso. Da súa obra, con temas recorrentes como a morte, o desamor, o odio ou o caos, destaca Poemas 1981/1991 (1992), con composicións caracterizadas pola súa estética próxima ao expresionismo alemán con trazos de existencialismo. Tamén salientan Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995) (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista austríaco. Pensaba no futuro do capitalismo, entendendo que non sería derrocado polo fracaso, senón que o seu éxito inevitablemente creaba condicións que o unían ao socialismo. Publicou Business Cycles (1939) e History of Economic Analysis (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor. Descubriu a litografía que introduciu en París en 1802. En 1826 realizou as primeiras impresións polícromas e en 1833 trasladou á tea pinturas ao óleo reproducidas sobre pedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Blois, Tours e Chartres (1037-1089?) e de Troyers e Meaux (1063-1089?), fillo de Eudes II de Blois. Nacido nunha familia de grandes feudatarios, a casa de Champagne, enfrontouse diversas veces ao Rei Enrique I de Francia. Perdeu Tours (1037-1063) e pouco despois apropiouse da herdanza do seu sobriño Eudes III, ao ocupar Troyes e Meaux.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Blois, Chartres e Meaux (1102-1052) e conde de Champagne (Teobaldo II; 1125-1152), fillo de Estevo III Enrique, conde de Meaux e Brie e de Blois e Chartres, e de Adela, irmá de Enrique I de Inglaterra. Enfrontouse sen éxito a Luís VI de Francia en 1107, e novamente en 1112, aliado con Enrique I de Inglaterra. Aliado de novo co rei de Inglaterra, atacou os dominios reais, pero, en 1118, foi derrotado preto de Alençon.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Diplomático. En 1916 trasladouse a Santiago de Compostela onde se licenciou en Dereito (1927). Participou en 1923 na fundación do Seminario de Estudos Galegos do que foi secretario de actas ata 1928. Ingresou co traballo “Algunhas moedas castelás atopadas no Valadouro”. En 1936 converteuse en conselleiro permanente do Seminario en calidade de director da sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. Durante este tempo realizou investigacións históricas que publicou no Boletín da Real Academia Galega, Nós e Arquivos do Seminario, ademais do “Vocabulario popular galego-castelán” que publicou en Faro de Vigo. En 1929 trasladouse a Berlín onde iniciou estudos de ciencia política e entrou en contacto co marxismo. No curso 1930-1931 converteuse en profesor de dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en que incluíu un pequeno curso da historia do dereito galego, e en 1931 trasladouse a Madrid para realizar o doutoramento. Ese mesmo ano participou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo e paleontólogo. Director do Institut de Paléontologie Humaine (1942) e do Musée de l’Homme (1950), de París, das súas obras destacan Traité d’anthropologie (1926), Les races humaines (1944) e La paléontologie et l’origine de l’homme (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Francia, situada en Île de France, constituída por unha ampla chaira á esquera do Oise e comprendida entre os departamentos de Aisne e Oise. A capital é Crépy-en-Valois. O territorio constituíu o condado de Valois en época carolinxia. Ao morrer o conde Raúl III en 1191, uniuse ao dominio real do que se separou e volveu en diversas ocasións. En 1630 o Rei Luís XIII cedeuno ao seu irmán Gastón de Francia, duque de Orléans. Desde entón foi un dos títulos da casa ducal de Orléans ata que estes foron suprimidos en 1790.
VER O DETALLE DO TERMO -
DINASTIAS
Dinastía real francesa, da rama dos Capetos, que reinou desde 1328, con Filipe VI, ata a morte de Carlos VIII en 1498. Denomínase tamén dinastía dos Valois directos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como madame de Caylus, escribiu Mes Souvenirs (1770), sobre a Corte de Luís XIV de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
DINASTIAS
Dinastía real francesa, da rama dos Capetos, que reinou desde 1515, con Francisco I, ata a morte de Enrique III en 1589. Tamén se lle chama dinastía de Angulema.
VER O DETALLE DO TERMO -
DINASTIAS
Dinastía real francesa, da rama dos Capetos, que reinou en Francia de 1498 a 1515, con Luís XII, e constituíu a primeira dinastía dos Orléans. Denominouse tamén de Orléans.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso mercedario. Doutor en Teoloxía e licenciado en Lingua e Literatura Francesa, foi director da revista Estudios e codirector do Instituto de Estudios Tirsianos (IET). Investigador e estudoso de Tirso de Molina e de Antonio Rey Soto, colaborou en Encrucillada, Grial, La Voz de Galicia e Ya. Publicou diversos ensaios, como Galegos en Europa (1973) e Homenaje a Tirso (1981), e poemarios, como Huellas (1964), Memorial de la vida (1976) e Mi soledad sonora (1992), algúns deles en galego, como No noso bosque convosco (2000) e O neno que fun (2001). É membro da Real Academia de Historia e da de Ciencias y Bellas Artes de Toledo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Foi director de Teima (1976-1977), correspondente do diario El País en Santiago de Compostela, e redactor xefe e subdirector de Faro de Vigo (1986-2000), cargo que abandonou para exercer como columnista de La Opinión de A Coruña e Faro de Vigo. Publicou Dr. Fraga y Mr Iribarne: una biografía temperamental (1995). Recibiu o Premio Galicia de Comunicación (1996) e o Premio Prestixio na Información (2003), da Plataforma Cívica Nunca Máis.
VER O DETALLE DO TERMO