"Melo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 89.

  • Construción situada sobre o río Bouzas en Melón. Está realizada en cantaría con arco de medio punto e pode datarse entre os ss XIII e XIV. Ten un só van con arco oxival e unía o antigo camiño de Melón a Penavaqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o regato da Cortella, en Melón. Data de arredor do s XV e está realizada en cantaría con arco de medio punto lixeiramente apuntado, cun só van. Unía o camiño vello de Melón ao Coruxal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro cisterciense situado en Melón. O primitivo cenobio fundouse no s XII e a súa orixe confundiuse con frecuencia coa do mosteiro de Santa María de Bárcena. A súa construción foi similar á do mosteiro de Santa María de Oseira, aínda que con dimensións máis reducidas, e un ano despois que aquel, incorporouse (1142) á orde do Císter, baixo a dependencia de Clairvaux. A primeira referencia documental do templo data de 1158, cando se produciu unha doazón ao mosteiro da condesa Froila Fernández. Afonso VII dotou o mosteiro de numerosos bens como o couto de Melón e o monte Verdugo; as posteriores doazóns dos monarcas Fernando II e Afonso VIII, así como a concesión do reguengo de Vigo en 1176, convertérono nun dos cenobios máis destacados de Galicia, do que dependeron os mosteiros de Santa María de San Clodio e Santa María da Franqueira. En 1506 incorporouse á Congregación de Castela e estivo habitado ata a expulsión dos monxes pola Lei de Desamortización de Mendizábal, en 1835. Despois...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Declamación musical que empregaban os antigos gregos.

    2. Fragmento melódico pouco inspirado e monótono.

    3. Estado de embriaguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cirurxía plástica coa que se repara unha meixela destruída mediante unha autoplastia.

    2. Cirurxía plástica ou reparadora dos membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves psitaciformes, da familia dos psitácidos, de ata 20 cm de lonxitude, que presentan as ás longas e aguzadas, a plumaxe de cores vivas e o peteiro pequeno e amarelo. A este xénero pertencen os periquitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ósea que se caracteriza por unha hiperostose e que ocupa toda a lonxitude dun membro, en forma de goteo ou de gotas de cera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de meloso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten algunha propiedade análoga á do mel.

    2. Que mostra unha dozura ou cariño afectados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Michelozzo degli Ambrogi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no val do Congost (8.592 h [2001]). A industria é a actividade máis importante do termo, e destacan as empresas alimentarias, da construción e químicas. Posúe un circuíto de velocidade onde se disputa o Gran Premio de Catalunya de motociclismo e automovilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e músico brasileiro. Coñecido como Vinicius de Moraes, presentou un estilo populista e triunfou coa peza dramática Orfeu da Conceição (1956), orixe do filme Orfeu Negro (1959). Renovou a música popular coa creación da bossa nova, e da súa discografía destacan Canção de Amor Demais (1958), Os Afro-Sambas (1966), O Poeta e o Violão (1975) e Un Pouco de Ilusão (1980). Publicou libros como O caminho para a distância (1933), Cinco elegias (1943) e Pátria minha (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e diplomático brasileiro. Traballou na Associação Comercial de Pernambuco, no departamento de Estatística de Brasil, e foi Assistente de Selação do DASP (1943) e diplomático (1945) en Rio de Janeiro. Comezou a súa carreira diplomática internacional en 1947 como cónsul en Barcelona; posteriormente foi embaixador en Senegal (1976-1979), Ecuador (1979-1981) e Honduras (1981-1984); en 1986 exerceu como cónsul xeral de Brasil en Porto (Portugal). Durante o goberno de Jânio Quadros foi xefe de gabinete do ministro de Agricultura. Como escritor, comezou coa poesía hermética en Pedra do sono (1942) e O engenheiro (1945), para logo evolucionar cara á expresión da problemática socioeconómica do NL brasileiro, feito que o converteu no poeta con máis sona do seu país. Da súa produción destacan o ensaio Joan Miró (1950) e os libros poéticos O rio (1954), Duas águas (1956), Quaderna (1960), Dois parlamentos (1961) e Educação pela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Pensador cristián, opúxose a todo idealismo e inmanentismo. Ademais de obras sobre Abelardo, o escolástico Guglielmo d’Auxerre, o cartesianismo e B. Croce, escribiu Critica dell’idealismo (1936), Metafisica dell’essere parziale (1942) e La tragicità del reale ovvero la malinconia delle cose (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á colonia de algas verdes unicelulares en que os seus compoñentes se multiplican vexetativamente nunha masa mucilaxinosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Cadaval (1648-1727?). Durante o alzamento portugués contra Castela favoreceu a causa do oitavo duque de Bragança, Xoán II, quen, ao se converter en rei como Xoán IV de Portugal, lle outorgou varios cargos e o título de duque de Cadaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore perenne, do xénero Citrus, da familia das rutáceas, que pertence ás especies C. maxima e C. paradisi. Pode alcanzar ata 10 m de altura, ten copa redondeada, follas coriáceas, simples, oblongas, elípticas ou elíptico-lanceoladas, agudas no ápice e con pecíolo estreitamente alado. As flores solitarias ou en acios, brancas con 4-5 pétalos e numerosos estames, e o froito en hesperidio, de 10 a 15 cm de diámetro, de sabor amargo, coa codia moi grosa de cor amarela pálida, a polpa zumenta e amarela aínda que algunhas variedades a teñen rosada. A especie C. paradisi, con codia máis grosa, procede de Xamaica ou da península de Malacca, e C. maxima, de Indonesia. É unha importante fonte de vitamina C e de inositol.

    2. Froito desta árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘recibo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen mira de esguello e abrindo moito os ollos.

    2. Que ou quen padece estrabismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Montaña dos Alpes Graios, situada ao O de Turín. Acada unha altitude de 3.538 m.

    VER O DETALLE DO TERMO