"Mos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 604.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén bromo (III), é dicir, bromo en estado de oxidación +3.
-
-
Cristal higroscópico de sabor amargo.
-
Proba, case en desuso, destinada a explorar a función excretora do fígado. Consiste na inxección intravenosa de bromosulfoftaleína e na determinación do tempo que esta tarda en desaparecer do sangue circulante.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Con bruma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Santa María de Budiño (O Pino) que, segundo se cita na Historia Compostellana, foi obxecto de doazón á igrexa de Santiago no ano 1114.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo a mitoloxía grega, fillo do Rei fenicio Agenor que fundou a cidade de Tebas cando buscaba a súa irmá Europa. Casou con Harmonía, filla de Ares e Afrodita. Reinaron en Tebas e Iliria, pero ao final foron convertidos en serpes e pasaron aos Campos Elíseos. A Cadmos atribúeselle a invención do alfabeto e a fusión dos metais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos rebaixes do cancil dun xugo nos que se asentan os apeares.
-
-
Que non manifesta alteracións bruscas.
-
Que ten ou manifesta tranquilidade de maneira excesiva, sobre todo aplicado ás persoas que presentan un estado de ánimo carente de inquietudes, excitacións ou preocupacións.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación cultural compostelá fundada en 1921 e impulsada por Salvador Cabeza de León, Camilo Díaz Baliño, Enrique S. Guerra e Bernardo del Río. Representou No quinteiro, de Xesús San Luís Romero, e O Alalá, de Francisco Porto Rey (1922); Axúdate, de Charlón Arias e Sánchez Hermida (1923); A lenda de Montelongo, de Rey Pose e Buhigas Alavarrieta, e Vaites...vaites!, de Frade Giráldez (1924); e Antón de Freixide de Manuel María González (1925). Despois dun parón na súa actividade, achegouse de novo ao teatro trala Guerra Civil. En 1959, R. López Veiga-Ponte asumiu a dirección do grupo, que puxo en escena, entre outras, Unha noite no muíño (1959) e O fidalgo (1967), ambas as dúas de San Luís Romero; Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (1961); Catuxa de Houlihan, de W. B. Yeats (1966); A noite vai coma un río, de Cunqueiro (1966); As bágoas do demo, de Valenzuela (1967); A...
-
GALICIA
Historiadora da arte. Licenciada en Filosofía e Letras e doutora en Arte, foi directora da escola de artes aplicadas e oficios artísticos Ramón Falcón de Lugo e profesora de arte e directora do departamento de Historia da Arte e Xeografía da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo, da que foi decana. Foi comisaria das exposicións Julia Minguillón: período de 1934-1964 (1991), Olga Reinoso (1993) e Luís Seoane: pinturas, debuxos e gravados, 1932-1979 (1999). Ademais de numerosos artigos sobre arquitectura e transformacións urbanas, e sobre diversos artistas galegos (Camilo Díaz Baliño ou Arturo Souto), publicou as obras: La ilustración en la revista Nós (1983), Julia Minguillón (1984), Os castelaos de Ourense (1985), Antonio Failde (1986), La transformación de una ciudad: Orense (1995) e El santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (1996), xunto con Antonio Bonet Correa. É membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia Gallega de Bellas Artes...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1322-1328) e de Navarra (Carlos I, 1322-1328). Terceiro fillo de Filipe IV de Francia e de Xoana I de Navarra, sucedeu ao seu irmán Filipe V. Apoiou ao Papa Xoán XXII contra o emperador romano-xermánico Luís IV de Baviera e tamén o seguiu no favor prestado ao infante Filipe de Mallorca, titor de Xaime III, contra os designios de Xaime II de Aragón. En 1324 levou a cabo frutíferas campañas no ducado de Aquitania, coñecidas como Guerra de Saint-Sardos. Con el extinguiuse a liña masculina dos Capetos directos. A reivindicación dos dereitos do seu neto Eduardo III de Inglaterra iniciou a Guerra dos Cen Anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en Betanzos. Recibiu tamén o nome de San Paio de Xeronzo e Santa María das Donas. Fundouno o conde Froila Bermúdez e refundouno cara ao 1138 o conde Vermudo; este último entregoullo á súa filla Urraca e en 1145 foi doado ao mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Paradela baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Emigrou a Arxentina e en 1804 ingresou no exército. Participou nas campañas de defensa da cidade de Montevideo e, unha vez que triunfou a Revolución de Maio de 1810, colaborou co xeneral arxentino Carlos María de Alvear no sitio e na rendición da cidade de Montevideo (1814). Posteriormente, viaxou a Carmen del Río Negro, na Patagonia, para loitar contra os partidarios do dominio español e pola independencia arxentina. En 1815 ascendérono a subtenente da IV compañía do batallón II do rexemento número 8, ao mando da que loitou nas batallas de Chacabuco (2 de novembro de 1817) e Maipú (5 de abril de 1818). En 1819 ascendérono a capitán e, pouco tempo despois, nomeárono tenente primeiro co grao de capitán do estado maior da praza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Venecia 1432 - ? 1488) Explorador. Estivo ao servizo do infante Enrique de Portugal, para o que en 1455 explorou as Islas Canarias e as costas de Senegal ata Gambia. En 1456 descubriu as illas de Cabo Verde e chegou ás illas de Bijagós no transcurso dunha nova expedición.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Castroverde. Construída en estilo románico, ten nave única con cuberta de madeira e ábsida cadrada. No interior conserva unha pía bautismal do s XVI e un retablo barroco do 1796. O exterior é austero e a fachada principal remata cunha espadana central.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten celme.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. Os nomes de lugar Chamosa semellan ter significado fitonímico: lugar onde se ía buscar material para o lume; xa que logo, remitirían ao latín flamma ‘chama’ máis un sufixo abundancial -oso. Como apelido documéntase no s XVIII: “Vicenta Chamosa” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 54). A mesma orixe ten o apelido Chamoso.