"Nina" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 120.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polímero aromático natural, de gran peso molecular, con grupos hidroxilos metilados que deriva pricipalmente do fenilpropano. Forma parte da parede celular, xunto coa celulosa, de moitas células vexetais, ás que confire dureza e resistencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lactona triterpénica responsable do gusto amargo do zume das froitas dos cítricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia branca, cristalina e amarga contida no liño silvestre. Empregouse como purgante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de cobre (84%), manganeso (12%) e níquel (4%), que se emprega na fabricación de resistencias eléctricas pola súa baixa resistividade (0,38 · 106 ·m).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lactona do ácido meconínico. Foi illada do opio en 1832, e está presente nas raíces dalgunhas ranunculáceas como Hydrastis canadensis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento escuro responsable da cor da pel, do pelo e do iris dos ollos dos mamíferos, doutros grupos de animais e de certos vexetais e microorganismos. A síntese ten lugar nas células denominadas melanocitos. Prodúcese por polimerización da indolecinase. O albinismo e a presenza de ollos azuis é consecuencia da ausencia de melanina. A incidencia da radiación UVA, provoca un aumento na concentración deste pigmento, como defensa fronte á radiación solar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona amínica sintetizada a partir da serotonina, que é segregada principalmente pola glándula pineal dos vertebrados. Nos mamíferos inhibe moitas funcións endócrinas. A secreción da melatonina parece seguir un ritmo día-noite, e regula outras funcións fisiolóxicas que aparecen relacionadas con este ritmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abertura do iris situada xeralmente no centro, por onde pasan os raios luminosos cara ao interior do ollo, e que ten por obxecto dosificar, segundo as circunstancias, a claridade que penetra no ollo. OBS: Tamén se denomina meniña do ollo, pupila e santiña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pintura de Diego Rodríguez de Silva y Velázquez realizada en 1656. Representa o taller do pintor no Alcázar de Madrid, coa infanta Margarida de Austria e as súas damas de compañía, ou meninas, a gardadamas, un servidor, dous ananos e o aposentador de palacio. Velázquez aparece pintando os reis Filipe IV e Mariana de Austria, que se ven reflectidos no espello do fondo. Exponse no Museo Nacional del Prado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de cincuenta e oito pinturas ao óleo sobre tea, executada por Pablo Ruiz Picasso do 17 de agosto ao 30 de decembro de 1957. A maioría son interpretacións libres do cadro de Velázquez e doounas ao Museo Picasso de Barcelona en 1968.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido esencial que se encontra na maior parte das proteínas. Na síntese de proteínas é o aminoácido iniciador da cadea peptídica. As bacterias e as plantas sintetízano a partir do ácido aspártico mentres que os mamíferos teñen que adquirilo a través da dieta, xa que non o sintetizan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aglucona da narinxina que se obtén por hidrólise e que, ao contrario desta, non é amarga. Preséntase en forma de láminas que se forman a 251°C e son solubles nos disolventes orgánicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
NADP.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que, segundo algúns investigadores, é o hipocorístico ruso de Catarina, Ana e Antonina. Para outros, deriva dun nome hebreo latinizado en Ninus ‘bela’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pastora Mª Pavón Cruz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente que se produce pola interacción do océano e a atmosfera, que se dá no Pacífico ecuatorial cada certos anos e que se caracteriza principalmente por presentar condicións da temperatura do mar máis frías do normal nunha extensa área, entre as costas de Sudamérica e Oceanía. Foron de especial intensidade catastrófica as correntes dos anos 1904-1905, 1908-1909, 1910-1911, 1916-1917, 1938-1939, 1950-1951, 1955-1956, 1973-1974, 1975-1976 e 1988-1989.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carabela que participou na primeira viaxe colombina, comandada por Vicente Yáñez Pinzón.
-
-
Conxunto de crías, de ave ou de réptil, que nacen no mesmo niño.
-
Conxunto de crías que naceron nun mesmo parto.
-
Conxunto dos órganos sexuais femininos ou masculinos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
aniñador.