"Omán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 328.

  • PERSOEIRO

    Ximnasta romanesa. Nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976, foi proclamada a mellor deportista da olimpíada con cinco máximas marcas (10) e tres medallas de ouro. Nos Xogos Olímpicos de Moscova (1980) gañou a medalla de ouro en barra de equilibrios, a de prata por equipos e o bronce no concurso xeral. Ademais foi campioa de Europa en 1975, 1977 e 1979. En 1989 abandonou o seu país e refuxiouse nos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Maceda. Non se sabe con certeza se tivo unha orixe defensiva ou se foi unha residencia fortificada. Trátase dun edificio de planta cadrada rodeado dun recinto amurallado de forma poligonal no que sobresaen dúas torres de planta semicircular. Na vivenda destaca a portada principal cunha solaina balconada. Está documentado que o castelo se entregou en dote a dona María Fernández, filla do conde de Traba Pedro Froilaz, polo seu casamento con don Xoán de Ares de Novoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. No 1841 proclamouse esparterista. Despois uniuse a Prim e interveu no alzamento de xuño de 1866 en Madrid. Foi deputado nas Cortes Constituíntes de 1869 e dirixente dos “intransixentes” dentro do partido republicano federal. Proclamada a Primeira República, foi capitán xeneral de Catalunya (febreiro-marzo de 1873), e púxose á cabeza do movemento cantonalista de Cartagena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impulso obsesivo cara ás materias fecais e aos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés de Chō ḷ amanala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adiviñación que se efectúa empregando unha peneira. Un dos métodos máis utilizados en Galicia consiste en que unha persoa especializada, tras abrir unhas tesoiras e pendurar da súa punta unha peneira, pronuncie ditos do xeito de “co poder de Deus e das areas do mar/dime, peneiriña, que che hei preguntar” e, despois, a persoa preocupada polo futuro concentra o pensamento no que desexa saber. A peneira indica resposta afirmativa ao se decantar á dereita ou co simple movemento, mentres que a quietude ou o xiro á esquerda son sinal da negación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de acontecementos políticos de mediados do s XIX que culminaron coa ocupación e supresión dos Estados Pontificios por Víctor Manuel II de Italia (1870). A Revolución de 1848 proclamou a República Romana (1849); sen embargo, restaurado o poder papal, Pío IX adoptou unha política reaccionaria, hostil á posibilidade de que a unificación italiana se producise baixo a Coroa de Savoia; isto fíxoo depender da protección de Napoleón III de Francia. O problema agravouse coa proclamación do Reino de Italia (1861). Ao retirarse as tropas francesas e caer Napoleón III (1870), os italianos tomaron Roma. Non obstante, ningún papa aceptou os feitos ata 1929, cando se asinaron os Pactos de Letrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos da familia das solanáceas, de ata 3,5 m de altura, pubescentes e con follas en forma de corazón de ata 40 cm de lonxitude. Presentan flores recendentes, pentámeras, con forma de funil e de cor vermella, que dan lugar a froitos en baga alongada, de ata 7 cm de lonxitude e cor laranxa; estes cómense frescos ou cocidos e teñen sabor a tomate acedo. A especie C. betacea, orixinaria de Brasil e Perú, cultívase na rexión andina e noutras zonas subtropicais. En Galicia cultívase como ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dialecto principal do romanés, subdividido en moldavo e valaco. Chámase así porque comezou a desenvolverse na antiga provincia romana de Dacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Último rei de Persia (336-330 a C). Membro dunha rama lateral dos aqueménidas, accedeu ao poder despois do envelenamento de Artaxerxes III e mais o seu fillo. Enfrontouse á invasión de Alexandre o Grande, quen venceu o xeneral mercenario Memnón de Rodas na Batalla de Gránico (334 a C) e despois a Darío III en Isos (333 a C). Intentou deter o avance de Alexandre ofrecéndolle Asia Menor, pero este rexeitouno e Darío III foi derrotado de novo en Gaugamela (331 a C). Despois desta batalla Darío buscou refuxio na Bactriana, onde morreu asasinado polo sátrapa Bessos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa e escritora. Comezou a publicar baixo o pseudónimo de Unha muller rusa e foi responsable da saída do prelo do primeiro gran dicionario de ruso. Contribuíu á entronización de Catarina II, foi directora da Academia Rusa de Ciencias (1783) e fundadora da Academia Rusa da Lingua. Colaborou na revista Nevinnoje upražnenije. Tamén escribiu Memoirs of the Princess Dashkow Written by Herself (Memorias da princesa Dashkow escritas por ela mesma, 1840), obra escrita orixinariamente en francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de adiviñar mediante a influencia dos demos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manía de quen se cre posuído polo demo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á demonomanía.

    2. Que ou quen sofre de demonomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica a demonomancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Dedicouse á carreira militar e á política. Entre as súas obras cómpre destacar Starina i novizna (O vello e o novo, 1773), Oda K Felica (1782), Bog (Deus, 1784) e Vodopad (Fervenza, 1791 -1794).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1935. Foi dirixida por Josef von Sternberg e interpretada por Marlene Dietrich, Lionel Akill, César Romero e Edward Everett Horton. Este filme causou unha forte polémica en España, xa que o goberno da República non estaba de acordo coa visión que se daba do país, ao ambientar a película nunha Sevilla chea de tópicos. Ante o veto imposto polo goberno español, os estudios Paramount tiveron que destruír todo o material, agás unha copia que conservou Marlene Dietrich. A trama é un triángulo amoroso no que o desexo, a paixón e os desamores son frecuentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impulso morboso e irresistible polas bebidas alcohólicas de alta graduación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen padece dipsomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • dipsomaníaco.

    VER O DETALLE DO TERMO