"Oria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 423.

  • Empresa editorial fundada en 1945 en Madrid por Amparo Soler Gimeno. Dirixida por Federico Ibáñez Soler, está especializada en literatura clásica española. As súas coleccións máis destacadas son: Clásicos Castalia, dirixida por Alonso Zamora Vicente e con máis de 250 títulos publicados, Castalia Didáctica, Odres Nuevos, Castalia Prima, Literatura y Sociedad, Nueva Biblioteca de Erudición y Crítica, Castalia Instrumenta, Historia y Textos e Antología comentada de la Literatura Española, dirixida por Andrés Amorós. A súa Biblioteca de Escritoras, con máis de cincuenta títulos editados, conta cun consello editor formado por Marina Mayoral, Amparo Soler e Elena Catena.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos grupos nos que se poden clasificar os obxectos atendendo a unha propiedade, a unha condición ou a outra característica que posúan en común.

      2. Conxunto de individuos cunhas características comúns, determinadas a priori con finalidade clasificadora ou tipolóxica.

      3. Importancia de algo polo seu valor con relación a unha clasificación previa.

      1. Cada un dos graos ou grupos que se establecen nunha profesión segundo os coñecementos e o tipo de traballo que realiza cada persoa.

      2. Cada un dos grupos nos que se dividen, durante toda unha tempada, os participantes nun campionato deportivo estruturado de xeito xerárquico, ben pola idade dos seus integrantes, ben polos méritos adquiridos anteriormente. Atendendo á idade, adoitan habilitarse procedementos regulamentarios para que un deportista poida participar nas competicións de idades superiores. No caso dos méritos, existe a posibilidade de acceso ou descenso a outra categoría ao remate da tempada: segundo o que se contemple nas distintas regulamentacións, o cambio de categoría pode producirse segundo a clasificación final da competición en cada unha delas, ou logo de disputar unha fase ou eliminatoria de promoción nas que se enfrontan os equipos de categorías contiguas. Noutros casos, é posible adquirir o dereito a participar nunha categoría superior mediante a cesión da praza, adquirida por outros competidores (xeralmente previo pagamento dunha cantidade económica), ou por invitación da institución organizadora (federación...

      1. Clases xerais ás que se poden reducir os termos, os conceptos ou os entes. O uso técnico da palabra categoría está determinado fundamentalmente pola doutrina de Aristóteles e Kant. Para Aristóteles as categorías son os distintos tipos de predicado que se poden afirmar dun suxeito e que corresponden aos distintos modos de ser das cousas. A lista das categorías é o resultado dun intento de reducir a modos primitivos e irredutibles (xéneros supremos) as múltiples maneiras de predicar ou de ser. Aristóteles distinguiu dez categorías: substancia, cantidade, calidade, relación, lugar, tempo, posición, estado, acción e paixón. Os estoicos propuxeron outras enumeracións e san Tomé de Aquino intentou xustificar racionalmente a lista aristotélica. A linguaxe escolástica emprega o termo de predicados para referirse ás categorías. Para Kant as categorías son conceptos puros do entendemento, formas a priori, é dicir, non proceden da experiencia e representan as funcións...

      2. Concepto fundamental no sistema de referencias mentais dun filósofo (dunha tendencia ou dunha época) ou dun tipo de actividade humana. Así, fálase, por exemplo, de categorías hegelianas, existencialistas, medievais, psicolóxicas, políticas, etc.

    1. ...

  • Fenómeno, frecuente nas selvas intertropicais, que consiste no nacemento das flores e, consecuentemente, dos froitos, sobre o tronco ou as pólas vellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial Céltiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herba bienal, de ata 150 cm de altura, de follas bipinnatisectas, con flores brancas ou rosas, dispostas en umbelas compostas, e de froitos aculeados en aquenio. A forma cultivada, a subespecie sativus, presenta unha raíz axonomorfa. Existen en Galicia e de xeito espontáneo outras formas como a subespecie maximus, propia de baldíos, ribeiras e beiras de camiños; e as subespecies maritimus e gummifer, propias de rochedos marítimos.

    2. Raíz comestible da planta do mesmo nome. Ten forma fusiforme, consistencia dura, pero zumenta e cor alaranxada. O sabor é suave e doce. Foi introducida en Europa polos árabes. Pode consumirse crúa (en zumes, ensaladas, etc) ou como integrante de minestras ou gornicións (en todo tipo de guisados, tanto de peixes como de carnes) e dalgúns pasteis, sopas e cremas vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea perenne que acada os 100 cm, pubescente, de raíz engrosada, con talos erectos e ríxidos, e follas basais con pecíolo, lanceoladas e pinnatífidas. As follas do talo son enteiras e amplexicaules, con capítulos de ata 4 cm de diámetro de flores de cor azul intensa e froitos en aquenio de 3 mm de longo con pequenas escamiñas na parte superior. Presenta unha distribución eurosiberiana e constitúe unha especie ruderal que aparece en beiras de camiños e entullos. En Galicia é unha planta pouco común que aparece, as máis das veces, en posicións de solaina e por baixo dos 600 m de altitude. As follas consómense en ensaladas. A raíz presenta inulina, lactucina e lactopicrina; a auga da cocción ten propiedades laxantes e diuréticas, e torrefacta emprégase como sucedáneo do café.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Tamaulipas, México, nos contrafortes de Sierra Madre, drenada polo río Grande (194.996 h [1990]). O comercio, a industria téxtil e a alimentaria son as principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo de coadxutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición ou calidade de coautor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro do s XIII conservado no mosteiro de San Lorenzo de El Escorial (I. b. 2), que contén parte das Cantigas de Santa María. Da mesma extensión que T + F, é o manuscrito que contén case a totalidade das cantigas marianas de Afonso X (416 textos). Está copiado en pergamiño, con escritura gótica a dúas columnas e iniciais en cor azul e encarnada. Presenta notación musical pero non as páxinas miniadas de T e F; sen embargo, as 40 cantigas de loor e a primeira cantiga están adornadas cunha viñeta a ancho de columna que representa diferentes personaxes tocando variados instrumentos musicais, polo que se coñecen como miniaturas dos músicos, designación que se estende ao códice enteiro, coñecido como Códice dos músicos. Para levar a cabo este proxecto de recoller 400 cantigas, facían falta 359 das de milagre, pero ao rematar o códice aínda faltaban algunhas (quizais se estivese traballando simultaneamente neste códice e en F,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro do s XIII conservado na Real Biblioteca de San Lorenzo de El Escorial (T, I. 1), que contén parte das Cantigas de Santa María. Adoita ser coñecido co nome de “códice rico” debido ás exquisitas páxinas miniadas (212 con 1264 viñetas) que acompañan os textos. Copiado en follas de pergamiño de vitela de 486 por 332 mm, con escritura gótica francesa a dúas columnas, contén, ademais, a notación musical completa, ás veces para o texto enteiro. Ao comenzo de cada cantiga debuxouse unha letra capital, de entre tres a catro cm, con predominio das cores azuis. O texto está escrito en tinta negra, excepto os versos correspondentes ao refrán, que se copiaron con tinta encarnada. Ao decidirse a continuación do proxecto inicial e, polo tanto, comezar a luxosa confección de T, o material que contiña a primeira colección tivo que reordenarse (dispuxéronse as cantigas respectando a inicial sucesión de cantigas de milagre e a décima de loor, de xeito que as cantigas con ordinal...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección privada de constitucións imperiais romanas que recolle a lexislación desde a época do Emperador Adriano ata a de Diocleciano, concretamente ata a súa publicación no 291.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie documental publicada entre 1842 e 1895, que consta de 113 volumes, máis dous índices aparecidos en 1930-1931. Foi dirixida por Martín Fernández de Navarrete, Miguel Salvá e Pedro Sáinz de Baranda e, posteriormente, por José Sancho Rayón, Francisco de Zabálburu e o marqués de Fuensanta del Valle. En xeral, ofrece numerosos documentos dos ss XVI e XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de colector.

    2. Lugar ou oficina onde se exerce o cargo de colector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa italiana, marquesa de Pescara. Entre as súas composicións destacan os poemas de influencia petrarquista Rime (Rimas, 1558) e a recompilación de cartas Lettere (Cartas, 1542-1545).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da matemática que estudia a formación de subconxuntos a partir dun conxunto dado, tendo en conta o número e a orde dos seus elementos. Presenta especial interese o estudo das variacións, das combinacións e das permutacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás Comores, aos seus habitantes ou á lingua comoriana.

    2. Natural ou habitante de Comores.

    3. Lingua pertencente á familia lingüística níxer-congo, que se fala en Comores e en Madagascar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial constituída en Santiago de Compostela en 1938 por Juan Sáenz-Díez García. Amais da publicación, impresión, edición e venda de xornais, libros, revistas e publicacións en xeral, participa na creación e na explotación de empresas de comunicación (radio, televisión, axencias informativas, centros de proceso de datos, informática, telemática, etc) e na produción e realización de programas audiovisuais para empresas de televisión e radio. No que respecta á área informativa, edita, imprime e distribúe diariamente os xornais El Correo Gallego e O Correo Galego. No apartado das artes gráficas, edita, imprime e distribúe xornais non diarios e boletíns oficiais, como é o caso do Diario Oficial de Galicia (DOG). Na área editorial, encárgase da edición do Anuario, da Agenda de la Comunicación de Galicia, da Guía Municipal de Galicia, do Ranking de empresas de Galicia y Norte de Portugal, e do Atlas comercial de Galicia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un consistorio.

    VER O DETALLE DO TERMO