"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • Personaxe literario nacido probablemente da literatura grega helenística. A súa aparición máis antiga atópase nunha novela latina anónima dos s III a C: Historia Apolloni regis Tyri. As aventuras de Apolonio culminan coa súa unión con Luciana e, nunha segunda parte, coa accidentada recuperación de súa filla. O tema de grande aceptación na Idade Media, foi recollido na Gesta Apolliniis, probablemante do s X. Reapareceu posteriormente en Shakespeare, Cervantes e Victor Hugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático grego, o máis importante da súa época, coñecido polo alcume o Díscolo, ou sexa ‘o difícil’, por mor da súa escuridade (motivada en gran parte pola súa pésima linguaxe, chea de solecismos e anacolutos). Consérvanse del catro libros: Pronome, Conxunción, Adverbio e Sintaxe. Foi o que impuxo o termo de sintaxe para designar a teoría da construción do discurso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor grego. Autor do torso do Belvedere e do Puxilista sentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático grego, último dos grandes xeómetras helénicos. É famoso o seu tratado sobre as Cónicas, o libro oitavo que foi recuperado por E. Halley (1646). Fixo o estudo da elipse, da hipérbole e da parábola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego, discípulo de Calímaco, sen dúbida o principal poeta épico da época helenística. Non se conserva íntegra a súa obra completa, aínda que si a máis exitosa: Os argonautas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo neopitagórico, presunto autor dunha Vida de Pitágoras e do tratado Iniciación e sacrificios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor grego, autor, xuntamente co seu irmán Taurisco, do coñecido grupo do Touro Farnese, conservado en Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado a cada un dos escritores cristiáns que no s II fixeron defensa da súa fe perante gobernantes romanos, xudeus e outros pagáns. Os principais foron Arístides, Xustino, Taciano, Atenágoras, Teófilo, Minucio Félix e Tertuliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á apoloxía.

    2. Que ten por obxecto a apoloxía dunha persoa ou cousa.

      1. Relativo ou pertencente aos apoloxetas.

      2. Dise de todo libro que fai apoloxía da relixión cristiá.

    3. Parte da Teoloxía que ten por obxecto a defensa da fe cristiá e a súa fundamentación razonable. Nos primeiros séculos do Cristianismo precisouse dunha defensa da fe contra as obxeccións dos non crentes (apoloxeta), necesidade confirmada así mesmo durante a Idade Media (Tomé de Aquino, Bossuet, Pascal, etc), pero que non foi obxecto de estruturación científica ata que foron atacados os fundamentos do Cristianismo. A misión da Apoloxética tradicional é demostrar a credibilidade da Revelación cristiá ( Teoloxía fundamental), polo que a miúdo se basea en noticias externas como os milagres. Actualmente consiste nunha investigación sobre razoabilidade da fe a cargo de estudiosos como Dondeyne e Rahner.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Discurso ou escrito xustificativo en defensa ou gabanza dalgunha persoa ou causa.

      1. Defensa de determinadas verdades da fe cristiá ante as obxeccións de quen as neguen coa intención de demostrar a compatibilidade destas verdades coa razón.

      2. Escrito dun apoloxeta.

    2. Apoloxía dos feitos ilícitos ou dos culpables destes, considerada pola doutrina como unha forma atenuada de indución e, por iso, sancionada, a miúdo, polas lexislacións. Nas leis penais españolas a apoloxía do terrorismo e dos terroristas ten a consideración de delito autónomo, especificamente tipificado e penalizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quen ou o que fai apoloxía de alguén ou dalgunha cousa.

    2. apoloxeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer apoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pousarse nun asento con toda a comodidade estirando os brazos e as costas.

    2. Situarse nunha posición socialmente cómoda ou actuar dun xeito despótico no exercicio dun cargo público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lista de arcebispos dunha sé arcebispal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor romano. Colaborador de César, estivo con el na Batalla de Mundae; morto este, loitou contra Sexto Pompeio. Marco Antonio fíxolle legado da Galia Traspadana, onde repartiu as terras entre os soldados. Devolveulle a Virxilio a súa pequena leira, confiscada anteriormente, motivo polo que este lle dedicou a égloga cuarta. Foi nomeado cónsul trala Paz de Brindisi (40 a C). Obtivo numerosas vitorias ante os partos (39 a C) pero rompeu con Marco Antonio e retirouse a escribir. Entre as súas obras poéticas, dramáticas, etc, a máis importante, hoxe perdida, foi unha Historia da Guerra entre César e Pompeio. Fundou a primeira biblioteca pública de Roma e instituíu as recitacións públicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación internacional fundada no ano 1973 que reúne xuristas e bromatólogos e ten a súa sede en Bruxelas. Os seus obxectivos son a divulgación, o desenvolvemento e a harmonización internacionais do dereito alimentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico austríaco da escola vienesa. Introduciu a percusión como método de exploración clínica, sistema que describiu na obra Inventum novum (Invento novo, 1761).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Saxonia e Rei de Polonia (1697-1733). Obtivo a coroa polaca despois de converterse ao Catolicismo. Todos os seus intentos de establecer unha gran monarquía absoluta, as ininterrompidas guerras e as invasións puxeron de manifesto a decadencia política e cultural de Polonia. Aliado de Pedro o Grande, foi destronado por Carlos XII pero recuperou o trono trala batalla de Poltava (1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Saxonia e Rei de Polonia (1733-1763). Fillo de Augusto II de Polonia. Obtivo a coroa na loita contra Estanislao Leszczýnski, sogro de Luís XV. Deixou o goberno nas mans do Primeiro Ministro Brühl; a súa pasividade fixo que o Reino se reducise a unha provincia rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estanislau II de Polonia.

    VER O DETALLE DO TERMO