"Pula" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 101.
-
-
Que ou quen manipula.
-
-
Aquilo que serve para manipular.
-
Aparato manual que establece modificacións nun circuíto, como conectalo ou desconectalo, e que se emprega en tracción eléctrica para controlar a marcha dos vehículos. OBS: Tamén se denomina controlador de marcha ou combinador de marcha.
-
Aparato constituído por dous brazos articulados que permite manexar a distancia substancias radioactivas. Emprégase, especialmente, nunha celda quente.
-
-
Persoa que se dedica á distribución e venda de produtos alimentarios frescos sen envasar, ou ben á elaboración, á manipulación e ao envase non mecánico ou sen esterilización posterior destes produtos, ou á preparación culinaria de alimentos destinados ao consumo directo. Os aspirantes teñen que pasar un examen no que se ten que demostrar coñecementos básicos sobre alimentación e hixiene.
-
-
-
Operar coas mans ou con outro instrumento sobre algunha cousa.
-
Manexar diferentes substancias para mesturalas e investigar con elas.
-
Obrar sobre algunha cousa con medios ou intencións fraudulentas.
-
Exercer un dominio abusivo sobre alguén para facelo pensar ou actuar dunha determinada maneira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de gran precisión mediante o que se pode manexar utensilios, como pinceis, pipetas ou agullas, de dimensións microscópicas, para efectuar operacións moi delicadas como a inxección de substancias nunha célula, a disección de microorganismos, a montaxe de compoñentes electrónicos ou a microcirurxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido de masas francés fundado o 26 de novembro de 1944, formado por organizacións de tradición socialdemócrata e vinculado ao mundo católico. Obtivo un grande éxito electoral en 1945 e suspendeu oficialmente as súas actividades en 1968.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada en Santiago de Compostela en 1975 co nome de Asociación para a Correspondencia e a Imprensa Escolar, en conexión coa asociación española do mesmo nome, e que despois pasou a denominarse Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega. Esta asociación naceu como consecuencia do movemento galeguista que xurdiu no ensino na década de 1970 e avogaba pola renovación pedagóxica, baseada na pedagoxía desenvolvida por Célestin Freinet, desde perspectivas galeguizadoras do ensino. Propugnaba unha escola popular e cooperativa, preferentemente ao servizo dos fillos das clases populares, en que o saber se construía coa participación de todos e cada un dos implicados na educación do neno, tanto no seu ambiente habitual coma no interior da escola. O Movemento editou, entre 1978 e 1981, a revista pedagóxica As Roladas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político que xurdiu en Angola o 10 de decembro de 1956. De natureza pro-comunista, enfrontouse ao colonialismo portugués e loitou pola independencia de Angola en colaboración con outras organizacións.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Moçambique, situada ao N do país (303.346 h [1997]). Ten industria de manufacturas de produtos agrarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Moçambique (81.606 km2; 2.975.747 h [1997]). A capital é Nampula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Competición atlética que se pretendeu celebrar en Barcelona en xullo de 1936, como protesta contra os Xogos Olímpicos de Berlín do mesmo ano, utilizados propagandisticamente por A. Hitler. Funcionaron dous comités deportivos, organizados en maio de 1936, en Madrid e Barcelona. Ademais do carácter antifascista da manifestación, pretendíase facer unha popularización do deporte. Lluís Companys foi nomeado presidente de honra e no seu financiamento interviron a Generalitat de Catalunya, o goberno de Madrid e o de París. Inscribíronse como participantes atletas de países como Francia, EE UU, Alxeria, Inglaterra, Bélxica, Canadá, Suíza, Marrocos, Grecia, Suecia ou Noruega, facendo un total dunhas 5.000 persoas. Programada do 19 ao 26 de xullo, tivo que ser suspendida por culpa do levantamento militar do día 19. Algúns atletas incorporáronse á loita o mesmo día 19.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lesión elemental da pel de tipo eruptivo, en forma de pequena elevación sólida e circunscrita, sen pus nin serosidade, que desaparece sen deixar cicatriz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación de pápulas nas doenzas eruptivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política española xurdida en 1982 da escisión da parte máis conservadora da Unión de Centro Democrático. Baixo a presidencia de Óscar Alzaga Villamil, pactou unha coalición con Alianza Popular. Ao mesmo tempo, conseguiu ser o principal partido de ideoloxía democratacristiá no ámbito español, a pesar de que a súa pretensión de se converter na forza hexemónica de centrodereita finalmente produciu a ruptura definitiva entre ambas as forzas en 1986, pouco despois das eleccións xerais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que adoptou Alianza Popular no congreso celebrado en 1989. Liderado por José Mª Aznar López, presidente nacional do partido desde 1990, gañou as eleccións xerais en dúas convocatorias consecutivas e J. Mª Aznar foi elixido xefe de goberno (1996-2004). Os secretarios xerais foron F. Álvarez Cascos (1990-1999), J. Arenas Bocanegra (1999-2003) e, a partir de 2003, Mariano Rajoy Brey. En Galicia, Alianza Popular acadou a vitoria con G. Fernández Albor, primeiro presidente electo da Xunta de Galicia (1981-1987). Xa como PP, M. Fraga converteuse en líder do partido e presidente da Xunta de Galicia desde 1989.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político creado en Santiago de Compostela o 16 de maio de 1976 pola confluencia de dous núcleos democratacristiáns xurdidos a finais de 1975 en Vigo, a Unión Democrática Galega e Esquerda Democrática Galega. Definiu na asemblea constitutiva a súa liña galeguista, federalista e de ideoloxía humanista e comunitaria. Desapareceu en 1977 cando se integrou no Equipo da Democracia Cristiana e Social Democracia Galega. O seu primeiro presidente e un dos membros fundadores foi Gerardo Fernández Albor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización democratacristiá fundada en Madrid o 15 de decembro de 1922 que xurdiu ante o xiro autoritario do movemento maurista. Excluía os democratacristiáns e pretendía dar un enfoque moderno ás organizacións sociopolíticas católicas, fomentando o rexionalismo como unha nova concepción do estado centralizado. Pero a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) rematou con este proxecto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que adoptou en 1974 o Partido Socialista del Interior, creado en 1968 ao redor de Enrique Tierno Galván. Manifestábase socialista de esquerda, autoxestionario, terceiromundista e federalista, e tivo un carácter intelectual e universitario. En 1977 obtivo 4 deputados e 3 senadores, e viuse obrigado a integrarse no PSOE (1978).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao populacho.
-
-
Capa máis baixa e menos favorecida da sociedade.
-
Multitude de xente en desorde.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo.
-
Que foi feito polo pobo.
-
Que está feito para o pobo.
-
Que é moi coñecido.
-
-
Que experimentou a evolución fonética normal, segundo as leis fonéticas propias de cada lingua, en oposición ao cultismo, que conserva a súa forma primitiva con pequenas adaptacións fonéticas á lingua que o toma. Por exemplo, a forma latina CLAVĪCŬLA dá en galego a forma popular chavella e a culta clavícula.
-
etimoloxía popular.
-
-
-
-
Calidade de popular.
-
Favor, aceptación ou estima da que goza alguén entre o pobo.
-