Partido Popular
Partido Popular
Nome científico:
[PP]
Nome que adoptou Alianza Popular no congreso celebrado en 1989. Liderado por José Mª Aznar López, presidente nacional do partido desde 1990, gañou as eleccións xerais en dúas convocatorias consecutivas e J. Mª Aznar foi elixido xefe de goberno (1996-2004). Os secretarios xerais foron F. Álvarez Cascos (1990-1999), J. Arenas Bocanegra (1999-2003) e, a partir de 2003, Mariano Rajoy Brey. En Galicia, Alianza Popular acadou a vitoria con G. Fernández Albor, primeiro presidente electo da Xunta de Galicia (1981-1987). Xa como PP, M. Fraga converteuse en líder do partido e presidente da Xunta de Galicia desde 1989.