Partido Progresista

Partido Progresista

Corrente política liberal exaltada durante as cortes de 1836-1837, despois de que os feitos de La Granja (12 de agosto de 1836) obrigasen á raíña rexente María Cristina das Dúas Sicilias a nomear un goberno liberal radical. Defendeu o poder soberano da nación e pretendía a configuración dunha monarquía constitucional (Constitución de 1837) e unha certa modernización económica do país, especialmente a través da desamortización. Ademais, a súa base social heteroxénea e a carencia tanto dunha organización interna como dun programa claro favoreceron un case constante afastamento do poder e a escisión da á esquerdista (Partido Democrático). Tivo que recorrer a golpes militares e ao dereito de rebelión para gobernar en 1840-1843 e 1854-1856. O éxito da Revolución de Setembro de 1868 levou a Joan Prim i Prats ao caudillismo, pero despois da súa morte produciuse a definitiva disgregación do partido.