Partido Reformista
Partido Reformista
Grupo político creado en 1912 por Melquíades Álvarez González para que o republicanismo colaborase co réxime monárquico. O reformismo de M. Álvarez converteuno só nun grupo de parlamentarios moi persoal. Cando se instaurou a Segunda República reorganizouse como Partido Liberal-Demócrata.