Partido Republicano Centralista
Partido Republicano Centralista
Grupo republicano creado en 1887 por Nicolás Salmerón Alonso, desconforme coa política de conspiracións militares imposta por M. Ruiz Zorrilla dentro do Partido Republicano Progresista. A actitude, inicialmente antifederal e centralista do partido, centrouse, sobre todo, en Madrid. Posteriormente, o ingreso do grupo na Solidaritat Catalana non evitou a súa desaparición coa morte de N. Salmerón (1908).