"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

  • Descrición do planeta Marte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de montes. Desempeñou o seu traballo en Pontevedra, e escribiu varios libros sobre a repoboación de montes como: Proyecto para la repoblación de los montes públicos (1926), Los incendios en los montes públicos (1929) e Historia de un Herbario (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista guatemalteco. Deuse a coñecer polas súas compilacións poéticas, adscritas ao Modernismo; emporiso, a súa obra máis destacable son os seus relatos ‘psicozoolóxicos’, influídos polo Surrealismo, como El trovador colombiano (1914). Tamén escribiu novelas de intención política como La oficina de Paz de Orolandia (1925) e El mundo de los Maharachias (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. En 1965 ingresou na carreira diplomática, chegando a desempeñar diferentes postos no ministerio de Asuntos Exteriores. Foi un dos fundadores da Unión de Centro Democrático (UCD), partido do que sería secretario xeral (1978-1980); así mesmo, foi xefe do gabinete político de Adolfo Suárez (1989-1992). En 1993 ingresou no Partido Popular (PP). Foi deputado no Congreso na primeira lexislatura democrática, pola UCD. Representando ao Centro Democrático y Social (CDS) foi deputado na cuarta lexislatura; na quinta e sexta lexislatura ocupou o escano de deputado estatal polo PP. Foi ministro da Presidencia e de Administración Territorial (1979-1982) no goberno de Adolfo Suárez e ministro de Fomento (5.5.1996) no goberno de Aznar. Foi editorialista de Cuadernos para el diálogo (1964-1976) e de El País (1975-1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso de signos convencionais (cifras) para expresar cantidades coñecidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para efectuar mecanicamente as operacións matemáticas ao tempo que as imprime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anxiografía dunha arteria. É posible estudar case calquera arteria do organismo a través dos raios X, mediante a inxección directa dun contraste opaco cun catéter (arteriografía selectiva). Está indicada en casos de arterite, arteriosclerose, embolias, tromboses, aneurismas, malformacións vasculares, tumores, etc. Especialmente importante é o estudo anxiográfico do corazón e das arterias coronarias en casos de cardiopatía isquémica (anxiocardigrafía). Nos últimos tempos esta técnica foi mellorada coa anxiografía de substracción dixital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sutura das arterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía dunha articulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en Londres por Charles Robert Ashbee en 1888. Deriva da Morris and Co, creada por William Morris en 1861 coa finalidade de perfeccionar e renovar as creacións artesanais, fronte ao predominio do maquinismo. As orientacións de Ashbee tenderon cara ao deseño industrial, aínda que ligadas esteticamente ás ideas prerrafaelitas, sobre todo a través da obra de Walter Crane. O seu decorativismo lígalles ás primeiras manifestacións do Modernismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituída o 1 de decembro de 1990 en Santiago de Compostela, o seu ámbito de actuación céntrase, fundamentalmente, na Comunidade Autónoma Galega. O seu labor desenvólvese facilitando información aos seus asociados, organizando xornadas técnicas, visitando empresas, mantendo xuntanzas coas administracións públicas, facilitando viaxes a congresos e encontros nacionais e internacionais, e tamén formando a traballadores e mandos. Ten como obxectivos coordinar criterios diante dos problemas comúns do sector e crear servicios de interese común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de Camiños, Canales e Portos. Foi xefe da construtora Eman, director técnico na fábrica de prefrabricados Bein, director técnico do estudo de arquitectura e enxeñería Aricsa e secretario do colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canales e Portos de Galicia. É profesor titular de Cálculo Estrutural na Facultade de Arquitectura Técnica da Coruña, profesor de Ampliación de Física na Escola Superior de Arquitectura da Coruña e enxeñeiro municipal do concello de Oleiros. Realizou obras no xardín de Santa Cristina, a urbanización P P 5 3 en Santa Cruz, o cuartel da Policía Municipal, o adro de Santa Eulalia de Liáns, a nova lonxa de peixe da Coruña, o proxecto das oficinas de Acopesca e o deseño dun panel de formigón aparafusado á cimentación que soporta empuxes de graneis de ata 4.000 m de altura. Elaborou o inventario de pontes antigas para a Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta, estudios sobre o Camiño Portugués a Santiago e artigos sobre temas de enxeñería histórica. Entre os seus...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello astronómico destinado á fotografía celeste e, en particular, á determinación das coordenadas dos astros e o sinalamento da presenza de novos asteroides. Nos últimos tempos substituíuse polo telescopio fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biografía que un autor fai de si mesmo. Trátase dun modelo narrativo específico no que o narrador é protagonista dunha historia narrada de forma retrospectiva ou analéptica e que esixe a presenza dun destinatario -nalgúns casos pode ser un desdobramento do autor nun ti, reflexo do eu-, que xustifica a existencia do propio discurso. Estes relatos están escritos, normalmente, en primeira persoa, aínda que tamén poden estar en segunda, e mesmo en terceira persoa. Segundo Ph. Lejeune e G. May, diferénciase doutros subxéneros afíns, como a memoria e o diario, onde tamén aparecen elementos autobiográficos, en que no primeiro é prioritaria a exposición da realidade exterior e dos outros, por máis que se faga en función dun eu-narrador; e no diario, porque supón unha minuciosa constatación de feitos cotiáns, que pode implicar unha intensificación maior da expresión subxectiva, pero que é de alcance máis reducido ao non poder presentar a panorámica total dunha vida ou dun período dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á autobiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que é autora dunha autobiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reproducir mediante a autografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de técnicas tipográficas e litográficas de reprodución, nas que o molde de impresión obtense por medio dunha transferencia directa do debuxo ou da escritura por riba da prancha ou da pedra, sen a intervención da fotografía.

    2. Reprodución obtida por este procedemento.

    3. Ciencia dos autógrafos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á autografía.

    VER O DETALLE DO TERMO