"RAG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

      1. Tea ordinaria, de pel de camelo, apertada e impermeable, moi semellante ao camelote, usada especialmente para facer roupas de abrigo.

      2. Abrigo de home feito desa tea.

    1. Tecido de estame con atadura plana, moi apertada, feita actualmente como imitación do barragán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Oitavén pola esquerda, tamén coñecido como Freaza. Nace a 620 m de altitude no Coto Carballal, no S da parroquia de Traspielas (concello de Fornelos de Montes). O seu curso segue en principio unha dirección N-S, penetrando na parroquia de Gargamala (concello de Mondariz) para virar alí cara ao SO, adaptándose á tectónica. A seguir volve cara ao NO, servindo sucesivamente de lindeiro da parroquia de Traspielas, onde nacera, coas de Toutón (Mondariz), Xunqueiras e Moscoso (as dúas de Pazos de Borbén e xa con dirección S-N). Ao final do seu curso marca a fonteira entre as parroquias de Oitavén e Calvos (ambas as dúas de Fornelos de Montes), coa mesma dirección meridiana, desembocando no Oitavén no S do encoro das Eiras, a 190 m de altitude, logo dun percorrido duns 12 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume. Este alcume, de etimoloxía incerta, quizais proceda do gótico *barika, -kans, forma diminutiva de baro ‘home libre e apto para loitar’.

    2. Liñaxe natural da vila de Pontevedra, dende onde saíron varias ramas que se estableceron en La Rioja, en Baeza e en case toda a Península durante a Reconquista. Segundo algúns tratadistas, desta caste descende Martiño Páez de Barragán, mestre de Santiago en tempos de Alonso IX de León. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople e, ao seu pé, tendido no chan, un cabaleiro morto e dous corvos de sable aos lados, coas ás levantadas cebándose no cadáver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das partes superiores da caderna que sobresaen da cuberta da embarcación, formando o esqueleto da orla e servindo de soporte á amurada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Hungría, filla de Fernando I de Nápoles e de Isabel de Chiaromonte. Casada no 1475 con Matías I de Hungría foi acusada da súa morte e desterrada, volveu a Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco de tea vello, con roturas e gastado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran que aparece no gando vacún pola presenza dun verme enquistado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Montemolín, fillo do infante Carlos María Isidro. Pretendente carlista á coroa de España (1845) co nome de Carlos VI. Intentou o seu casamento coa Raíña Isabel II. Mentres era rei pretendente tivo lugar en Catalunya a segunda guerra Carlista. No 1860 levou a cabo unha rebelión militar desde San Carlos de la Rápita, foi prendido e condenado a morte, aínda que sería indultado ao renunciar ao trono (Tortosa, 23.3.1860). Máis tarde, ante as pretensións do seu irmán Xoán Carlos, invalidou a renuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Montizón e segundo fillo do infante Carlos María Isidro. Pretendente carlista ao trono de España. Despois da renuncia á coroa feita polo seu irmán Carlos Luís, conde de Montemolín (1860), erixiuse en xefe dos carlistas e propuxo ás cortes o establecemento dun réxime máis liberal, distinto ao de Isabel II. Despois, o seu irmán anulou a renuncia e, ao morrer este en 1861, sucedeulle nas pretensións ao trono. Os seus dereitos pasaron a seu fillo Carlos María das Dores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Tratáse dunha forma híbrida en canto á grafía, xa que o nome de lugar ao que remite é Borraxeiros, parroquia da comarca do Deza. O topónimo pode indicar un lugar abundante en borraxes ‘planta herbácea anual ou vivaz, da familia das borraxináceas’ ou ser un derivado de borralla ou borrallo ‘brasa, montón de terróns queimados no monte’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico. Estudiou os espectros das nebulosas planetarias e determinou a orixe das liñas verdes intensas que presentaban. Foi director do observatorio de Mount Wilson (1946) e do complexo Mount Wilson-Palomar (1948-1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prenda interior feminina axustada ao corpo que cobre dende a cintura ata as inguas, con dúas aberturas na parte inferior por onde pasan as pernas. OBS: Úsase habitualmente en plural.

    2. Nalgúns animais como os porcos, as vacas, os cabalos, etc, parte posterior do ventre que inclúe tamén a parte interior do comezo das coxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do distrito homónimo, na rexión do Minho, Portugal (187 km2; 144.290 h [1991]). Está situada nunha chaira fluvial na beira do río Leste. Limita ao N cos concellos de Amares e Vila Verde, ao S con Guimarães e Vila Nova de Famalicão, ao L con Póvoa de Lanhoso e Guimarães e ao O con Barcelos e Vila Nova de Famalicão.
    Xeografía

    O territorio está dominado polos montes do Bom Jesus, Sameiro e Falperra, que o atravesan en sentido L-O. A cidade está situada a unha altitude de 82 m. Ademais do río Leste, o río Cávado atravesa a formación montañosa oriental. A realidade socioeconómica do concello de Braga caracterízase por un crecemento equilibrado, baseado no sector terciario e na industria, que lle outorgan altos niveis de calidade de vida. O seu carácter de centro de mercado dunha área esencialmente agrícola e as actividades relacionadas coa administración son a base económica do concello.
    Historia
    A presenza humana remóntase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Portugal (2.673 km2; 784.800 h [estim 1989]). A súa capital é Braga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político portugués. Estudiou Dereito na Universidade de Coimbra na que se licenciou en 1867, e se doutorou un ano despois. Foi catedrático de Literaturas Modernas do Curso Superior de Letras da Universidade de Lisboa. De ideas republicanas, trala revolución de 1910, foi Presidente do goberno provisional (1910) e Presidente da República Portuguesa (1915). Publicou moitos libros e traballos, sobre todo de temas literarios e filosóficos, e foi un dos principais animadores da denominada “xeración dos 70”. Como poeta escribiu Folhas Verdes (1859),Visão dos Tempos (1864), Tempestades Sonoras (1864), Torrentes (1869) e Miragens seculares (1884). Foi, ademais, un gran coñecedor da literatura popular como o demostra Alma Portuguesa (1902-1904), inspirada nas tradicións e na poesía oral, ademais de investigacións folcloristas como Poesia do Direito (1865); História da Poesia Popular Portuguesa, Cancioneiro Popular...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor neorrealista. Foi o editor da revista Vértice dende 1946. Escribiu, entre outras obras, Serranos (1948), Quatro reis (1957), Corpo ausente (1961) e Viagem incompleta (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz brasileira. A súa primeira aparición remóntase a 1969 en O bandido de luz vermelha. Realizou series de televisión e acadou o seu primeiro papel protagonista na telenovela Gabriela (1975) que foi levada ao cine en 1983. Participou noutras series de televisión como Saramandaia (1976), Chega Mais (1980), The man who broke 1.000 chains (O home que rompeu 1.000 cadeas, 1987) e Força de um desejo (1999). Participou, entre outras, nas seguintes películas: Eu te amo (1981), Kiss of the spider Woman (O bico da muller araña, 1995), Tieta do Agreste (1996), da que foi coprodutora, e Angel Eyes (Ollos de anxo, 2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa compacta formada polo conxunto de ovos dalgúns peixes e crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cesuras baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da Fonsagrada. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Bragada e Braga. As súas armas levan, en campo de azul, un boi.

    VER O DETALLE DO TERMO