"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
GALICIA
Filólogo, funcionario da Xunta de Galicia. Publicou, en colaboración con Xosé Luís Veiga un Manual básico de xadrez (1989), o primeiro manual sobre xadrez (estratexias, técnicas actuais, etc) en lingua galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Economía pola Universidade de Santiago e catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. Ademais ocupou os cargos de vicedecano e director do departamento de Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Vigo. Completou a súa formación académica no Instituto Universitario Europeo de Florencia en calidade de profesor visitante e, como investigador invitado, en The Office of Chief Economist, dependente do Banco Interamericano de Desenvolvemento (Washington DC). Colabora con varias revistas especializadas, entre outras: Revista de Economía Aplicada, Cuadernos de Economía, Economistas e Revista de Economía de la Universidad del Yucatán, e no xornal El País. Leva publicados os seguintes libros: Los sistemas de crédito especial en Europa (1985), La banca oficial en España (1986), Leviatán tras el naufragio. Políticas económicas y financieras en los años treinta (1992) e La...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Dereito, exerceu como notario e como fiscal. Desde 1944 foi gobernador civil e xefe provincial do Movemento en León, Santa Cruz de Tenerife e Navarra; foi director xeral de Seguridade (1957-1965) e alcalde de Madrid (1965-1973). Ministro da Gobernación (1973) durante a Presidencia do Goberno do almirante Carrero Blanco, substituíuno no cargo (xaneiro de 1974), promovendo unha tímida apertura política sen modificar as estruturas propias da ditadura franquista. Trala morte de Franco en 1975, o Rei Xoán Carlos I ratificouno no cargo, pero, contrario a aceptar a transición a unha democracia plena, foi substituído por Adolfo Suárez en 1976. Recibiu o marquesado de Arias Navarro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, economista e político liberal. No 1820 participou na Revolución Liberal e durante o Trienio Constitucional ingresou na Academia de Bones Lletres de Barcelona. Foi un dos fundadores de El Europeo. Trasladouse a Madrid en 1826 onde desempeñou diferentes cargos económicos. Divulgou as ideas estéticas de Schiller e principiou o Romanticismo literario en lingua catalá e o movemento da Renaixença catalá co poema “La Pàtria” (1833). A súa obra escrita comprende poemas, traballos de crítica literaria e investigacións de historia económica. Fundou e dirixiu a Biblioteca de Autores Españoles e a Sociedade Filosófica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta e novelista francés. Formou parte da dirección de La Nouvelle Revue Française (A Nova Revista Francesa) e publicou novelas e contos de intención moralista, entre outros, L´Ordre (A orde, Premio Goncourt, 1929) e o libro de relatos Attendez l´aube (Esperade a alba, 1970). Publicou tamén ensaios de crítica como Proche du Silence (Achegado ao silencio, 1973) e o dietario Je vous écris (Escríbovos, 1960-1963). Foi elixido membro da Académie Française en 1968.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aeronauta francés. Con Pilâtre de Rozier fixo a primeira ascensión en globo libre o 21 de novembro de 1783. Saíron do castelo de La Muette, atravesaron París e aterraron en Butte-aux-Cailles.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Castela, na conca do Douro. Afluente pola esquerda do Arlanzón, no que desemboca logo dun percorrido de 159 km. Nace na serra de Neila, no Sistema Ibérico, na fronteira entre Castela e León e La Rioja. Flúe en dirección L-O, pasa por Lerma e recibe o Cubillo pola dereita.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Castela, na conca do Douro. Afluente pola esquerda do Pisuerga, no que desemboca augas arriba de Torquemada, logo dun percorrido de 122 km. Nace na serra da Demanda e pasa pola cidade de Burgos. Recibe as augas do Urbel pola dereita, e as do Cogollos e o Arlanza pola esquerda. No val alto do río está situado o encoro de Arlanzón, que alimenta a central hidroeléctrica de Villasur de Herreros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Paso dos Alpes austríacos entre Vorarlberg e o Tirol (1.793 m). Separa a conca do Rin e a do Inn. A rexión de Arlberg é o lugar de orixe da escola alpina de esquí.
-
PERSOEIRO
Militar. Xeneral de brigada (1919), foi xefe superior da policía de Barcelona. A súa actuación represiva contra os movementos sindicais provocou o seu cesamento polo goberno de Sánchez Guerra (1922). Primo de Rivera encargoulle a dirección xeral de Orde Pública do ministerio de Gobernación (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Gracioso ou bufón que forma parte dalgunhas compañías de acróbatas.
-
Persoa vestida con este traxe de cadros ou rombos de distintas cores baseado no personaxe cómico da antiga comedia italiana. Este traxe e moi frecuente como disfrace de entroido.
-
Persoa informal ou de pouca personalidade.
-
Macrocoleóptero de longas antenas, con élitros manchados de negro, vermello e pardo, que teñen un aspecto arlequinado. Son propios das zonas ecuatoriais de América do Sur.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe propio da antiga comedia italiana (Commedia dell’arte). Os especialistas teñen subliñado diversas procedencias con respecto a este arquetipo. A miúdo, foi caracterizado como covarde, lambeteiro, compoñedor e moi espelido. Representa a un criado chegado de Bérgamo, gandulo, arteiro e sempre famento. A súa mímica e a xesticulación, que poden chegar ata a acrobacia, o vestido feito de pezas de todas as cores, o sombreiro, a media máscara negra e a espada de madeira foron fixando unha fisonomía que no s XVIII tomou forma definitiva. Máis sutil e refinado pasou a Francia e a Inglaterra, onde protagonizou as arlequinadas. A súa presenza na literatura dramática galega é anecdótica, aínda que se deixa sentir nos textos A grande noite de Fiz (1994) de Miguel Anxo Murado e na versión da Commedia (1995) de Carlo Goldoni realizada por Cándido Pazó.
-
-
Xénero teatral desenvolvido principalmente en Inglaterra no s XVIII, inspirado na Commedia dell’Arte. Arlequín, namorado de Colombina, representaba o papel de protagonista ata que no s XIX foi desprazado por Pantalone.
-
Comportamento propio dun arlequín, acción ridícula ou burlesca.
-
-
-
Que é propio do arlequín ou pertencente a el.
-
De moitas cores, que lembra o vestido do arlequín.
-
-
CIDADES
Cidade do departamento francés de Bouches-du-Rhône, en Provenza (52.058 h [1990]). Desenvolveuse industrialmente en contacto coa grande área de Marsella. Foi mercado celta (Arelate) e grego. A partir da romanización, cando se converteu nunha importante colonia romana, Arles xogou un papel histórico de primeira orde, sendo prefectura e residencia imperial dende o tempo de Constantino. Foi punto de partida da difusión do Cristianismo e escenario de diversos concilios. A raíz das invasións xermánicas, foi capital política e cultural da Galia. A partir do 933 foi capital do Reino de Arles. Cando a Provenza estaba rexida pola dinastía de Barcelona, Ramón Berenguer I (III de Barcelona) estableceu en Arles a súa residencia. Quedan neste lugar importantes vestixios da época romana como as Arenas, anfiteatro elíptico (46 a C), e as ruínas do teatro (finais do s I a C). Alí foi atopada a famosa Venus do Musée du Louvre de París. Situada nun dos camiños de peregrinación a Compostela, posúe unha catedral...
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río que nace na parroquia de Xuño, concello do Porto do Son, ao pé da Serra de Barbanza pola vertente occidental, a unha altitude de 200 m. Logo dun percorrido en sentido N-SSL, desemboca na lagoa de Carregal, na parroquia de Olveira do concello de Ribeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Nome co que tamén se coñece o Reino de Borgoña, que comprendía os territorios provenzais procedentes da herdanza do último Rei de Borgoña sometidos á soberanía dos emperadores xermánicos a partir do 933.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade do tramo navarro do Camiño de Santiago, entre Zabaldika e Trinidad de Arre.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arlette Léonide Bathiat.
-
PERSOEIRO
Físico e matemático danés. Educado na Universidade de Copenhagen, foi editor do Journal for Geophysical Research. Foi tamén un notable investigador sobre problemas estatísticos en bioloxía e física atómica.
VER O DETALLE DO TERMO