"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Mineral do grupo da melilita, de fórmula Ca2MgSi2O7. Cristaliza no sistema tetragonal e os cristais son pequenos, de exfoliación clara e cor grisallo-verdosa ou acastañada e estan dispostos en cavidades de drusas. Ten dureza 5-6 e peso específico 2,9.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aviso ou sinal feito en caso de perigo.

      2. Aviso ou sinal que se dá nun exército para preparar a defensa ou o ataque.

    1. Sistema mobilizador do comportamento que prepara inmediatamente unha resposta adaptada a unha situación urxente.

    2. Inquietude causada pola crenza na inminencia dun perigo, a proximidade dun inimigo, etc.

    3. Dispositivo de seguridade, capaz de emitir sinais perceptibles cando o sistema, vixiado por el, presenta unha anomalía que o expón a un perigo inminente e para permitir pór en marcha o sistema de protección contra este perigo. De maneira xeral, un aparello de alarma consta de dúas partes: un mecanismo detector, que capta a variación provocada pola anomalía do sistema controlado, e un mecanismo de aviso que, conectado co detector, dispara sinais acústicos, luminosos, hertzianos ou doutro tipo. Eventualmente, o aparello de alarma pode constar tamén dun mecanismo de protección, capaz de actuar de forma automática para evitar ou paliar os efectos perigosos da anomalía producida. Os aparellos de alarma son empregados en todos os campos onde a alteración fortuíta de determinadas condicións poida provocar danos persoais ou materiais. Hoxe en día, algúns destes sistemas de alarma están conectados directamente con empresas de seguridade.

    4. Sinal para anunciar unha mensaxe de auxilio ou un aviso de ciclón. Consiste en doce raias, de catro segundos de duración, do sistema Morse e con intervalos dun segundo entre raia e raia, durando, xa que logo, un minuto xusto.

    5. Estado de crise previsto no ordenamento constitucional que permite ao goberno a modificación transitoria do réxime constitucional ordinario e que, a diferenza dos outros estados excepcionais, non permite a suspensión de ningún dos dereitos nin das liberdades dos cidadáns. Dá ás autoridades competentes facultades extraordinarias.

    6. Síndrome de adaptación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa ou produce alarma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer en alarma.

    2. Asustarse ou mobilizarse ante unha situación que poida implicar perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso no que se difunden novas alarmantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa inclinada a difundir alarmas, especialmente sen fundamento, sen necesidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, drenado polo río Tormes (4.647 h [1996]). Destacan o Convento das Carmelitas, onde se conservan os restos de santa Teresa de Jesús, as igrexas de San Juan (s XII), e as románico-mudéxar de Santiago e San Miguel, e o Torreón da Armería (s XVI) nas ruínas do alcázar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ósea descrita polo radiólogo alemán Heinrich Albers-Schönberg (1865-1921) coñecida tamén cos nomes de enfermidade marmórea dos ósos ou osteopetrose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Os irmáns Xosé e Vicente Aldao e Castro, ambos presbíteros, publicaron conxuntamente no 1802 Oraciones panegíricas que en las funciones al glorioso Apóstol Santiago, del día 25 de julio y 3 de agosto de 1801, pronunciaron D. Vicente Aldao y Castro, cura párroco de Santa María de Salto, en la iglesia y convento de San Felipe el Real, por la Real Congregación de naturales y originarios del nobilísimo y fidelísimo Reino de Galicia; y D. José Aldao y Castro, cura párroco de Santa Eulalia de Vilacoba, en la iglesia del Real convento de Señoras Comendadoras de Santiago, por el ilustre ayuntamiento de esta M. N. M. L. Imperial y Coronada Villa de Madrid. Pola súa banda, Vicente publicou en 1814 Fernando VII el más amado. Discurso apologético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na Inglaterra dos ss X e Xl, funcionario encargado do mando militar e da xurisdición de cada distrito do Reino. Foi un título honorífico aplicado aos xefes das corporacións gremiais, aos maxistrados de barrio e aos colaboradores do Presidente da Corporación Municipal. No Reino Unido e nos EE UU concédenlle este título aos concelleiros municipais e provinciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección do sistema nervioso, de etioloxía e patoxenia descoñecidas. As súas manifestacións inícianse na infancia, coa detención do crecemento, retardo psicomotor, convulsións e macrocefalia precoz e progresiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • contraveleno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecticida do grupo dos piretroides que se aplica nas follas. É activo por inxestión e contacto, agás cos ácaros. Está autorizado en campos de algodón, cereal, cítricos, froiteiras, plantas de horta e ornamentais. Presenta unha baixa perigosidade para o ser humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a forma da á.

    2. Semellante a unha á.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta modernista brasileiro. Formado no clima parnasiano, permaneceu fiel ao rigor formal da escola. Evolucionou cara a unha maior liberdade expresiva ata adoptar excepcionalmente o verso libre con Raça (1925), canto aos elementos étnicos que configuran o Brasil. Na última época da súa vida publicou, entre outros textos, A Rúa (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Exerceu o maxisterio, foi inspector de ensino en Huesca, Lleida e Barcelona (1931-1939), profesor de pedagoxía en Barcelona (1933-1937) e creador da Cooperativa Española das Técnicas Freinet. Foi o introdutor do movemento de L´École Moderne en España. Exiliado a Cuba (1940), trala Revolución (1959) foi director xeral de Educación Rural e director das publicacións do Ministerio de Educación (1959-1962). Traballou na Editorial Nacional de Cuba (1962-1967) e dirixiu a Editora Juvenil. É coñecido polos seus textos para nenos e por aqueles que tratan de literatura infantil, entre outros: La imprenta en la escuela, A propósito de la Edad de Oro de José Martí: Notas sobre lituratura infantil (1956), Fiesta (1967) e Pueblos y Leyendas (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Formouse en Santiago de Compostela, Madrid e París. Os resultados das súas investigacións, relacionados coa medicina social, deunos a coñecer en Ensayo sobre los jardines de la infancia: esquema tipológico, fisiológico y psíquico del párvulo, La tuberculosis en la escuela e Problemas sanitarios que plantea la emigración e inmigración en Galicia (1933). Así mesmo, publicou o estudo Gómez Pereira, médico de cámara de Felipe II e algunhas poesías na prensa lucense. Foi o responsable da elaboración da catalogación dos fondos da Biblioteca Pública de Lugo en 1935.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutor en Dereito, deputado por Lugo e cabaleiro da Orde de Carlos III. Colaborou na fundación do xornal santiagués La Joven Galicia no ano 1859. Publicou algúns poemas na prensa e no Álbum de la Caridad figura a súa composición “Una verdad”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliodistrofia progresiva infantil causada por unha dexeneración da cortiza cerebral e unha atrofia importante das circunvalacións cerebrais e da cortiza do cerebelo. É unha enfermidade hereditaria, de transmisión autosómica recesiva. Tamén se denomina síndrome de Christensen-Krabble.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Licor de mesa, moi agradable e excitante, elaborado con canela e que se colorea con quermes.

    2. Produto farmacéutico no que intervén o quermes e substancias excitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO