"Rey" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 205.

  • Asunto iniciado no outono de 1894 ao descubrir o estado maior francés unha carta anónima que prometía o traspaso de información militar secreta aos alemáns. O capitán de ascendencia xudía Alfred Dreyfus foi acusado por este feito de alta traizón, sometido a consello de guerra e deportado á Île du Diable (Cayenne). En maio de 1896 descubriuse unha nova carta coa mesma caligrafía ca a primeira, escrita por Marie Charles Ferdinand Walsin Esterházy, un oficial de orixe húngara, que foi xulgado e absolto en xaneiro de 1898. Georges Clemenceau esixiu unha revisión do proceso a través do xornal L’Aurore, no que Émile Zola publicou unha carta aberta ao presidente da República (J’accuse, 13.1.1898), que lle deu unha importante resonancia á idea da revisión do proceso, pero que tivo como consecuencia o procesamento de Zola. O país dividiuse politicamente nunha dereita antidreyfusista, nacionalista e antisemita, e nunha esquerda, liderada por Clemenceau, partidaria dunha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo e filósofo. Tentou reducir o estudo da fisioloxía á aplicación dos coñecementos físicos e químicos sobre o corpo humano. É o autor de Untersuchungen über tierische Elektricität (Investigacións sobre a electricidade animal, 1848). No campo filosófico defendeu un agnosticismo científico extremo, en obras como Über die Grezen des Naturerkennens (Dos límites do coñecemento da natureza, 1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Discípulo de Francesc Galí, formouse na Escola Tècnica Superior d’Arquitectura de Barcelona (1926). Construíu, xunto con Pelai Martínez, o Palau de les Arts Gráfiques da Exposición Internacional de Barcelona (1929) e fixo o vestíbulo da Estació de França. En 1933 asociouse ao Grup d’Arquitectes e Técnics Catalans per al Progrés de l’Arquitectura Contemporània (GATCPAC). Realizou, entre outras obras, a casa Espona (1934-1935) e a casa Cardenal (1935-1940), rematou a igrexa de Montserrat en Barcelona e restaurou a sala capitular do mosteiro de Sant Joan de les Abadesses (1948-1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Coñecido como Abba Eban, residiu en Palestina dende o ano 1942. Foi representante de Israel na ONU (1948-1959) e embaixador nos EE UU (1950-1959). Tras ser elixido deputado laborista en 1959, ocupou diversos cargos ministeriais: ministro sen carteira (1959-1960), ministro de Educación e Cultura (1960-1963), viceprimeiro ministro (1963-1966) e ministro de Asuntos Exteriores (1966-1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación conservadora de periodicidade decenal que se editou en Verín a partir do 8 de xullo de 1920 e cesou en 1936. Subtitulouse “Órgano del partido liberal-conservador y defensor de los intereses generales del distrito”. Fundado e dirixido por Antonio Oterino Cid, contou coa colaboración de Eloi Luís André, Carlos Nieves, Miguel Hervella e Ruiz de Tudanca. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Eladio Fuentes e Ramón Fuentes Pazos. Trátase dunha publicación que ofrecía información local, poesía, relatos literarios e artigos nos que criticaba o seu opoñente El Támega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial establecida en Vigo en 1950 a partir da librería do mesmo nome. Fundada por Luis Viñas Cortegoso e Xosé Mª Álvarez Blázquez, caracterizábase pola produción de libros de bibliófilo en castelán ou galego, con tiraxes moi limitadas e presentación moi coidada. O primeiro libro que tiraron do prelo foi Roseira do teu mencer (1950), con poemas de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Dividiu as súas obras en tres coleccións “Beatus Iacobus”, con textos raros, xeralmente apoloxéticos, “Leixado do vento”, con textos poéticos e dramáticos en galego, e “Frol e froito”, con prosa orixinal en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo británico. Estudiou nas universidades de Gales e Edimburgo, onde se doutorou en 1957. Pioneiro nas técnicas de fecundación externa, conseguiu transferir embrións de ratas dunha femia a outra, determinou o proceso de maduración dos óvulos humanos e en 1965 acadou a fecundación de óvulos humanos in vitro. Ao redor do 1968, en colaboración co xinecólogo Patrick Steptoe, realizou distintos intentos para implantar embrións humanos fecundados in vitro na matriz de mulleres infértiles. En 1977 o equipo formado por Edwards e Steptoe obtivo óvulos xa maduros que, logo de ser sometidos a fecundación externa, foron implantados de novo no útero dunha muller que deu a luz o 25 de xullo de 1978 o primeiro bebé probeta. É catedrático emérito da Cambridge University e editor xefe da revista Reprodutive BioMedicine Online.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deseñador gráfico, ilustrador e calígrafo. Licenciouse en   Xornalismo na Universidad de La Habana (1977). Como ilustrador realizou traballos en Cuba, Xapón, Catalunya e Galicia. Entre eles cómpre destacar Carta de la Selva (1989), Dicionario dos Seres Míticos Galegos (1999), Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón (1999), Contos colorados: narracións eróticas da tradición oral (2001) e Velaí vai o verme (2002). Das súas exposicións individuais destacan 45 Caligrafías (Santiago de Cuba, 1988), Los Peces Escritos (Vigo, 1993) e Textos galegos, caligrafías (Vigo, 1995). Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio Logotipo V CLAE (Santiago de Chile, 1972), o primeiro premio do Salón Nacional de Gráfica DOR (1984), o Premio La Rosa Blanca de ilustración de libros infantís UNEAC (1990) e o premio especial do xurado e mención da Bienal da Ilustración Infantil TIBI (Irán, 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e economista. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de economía aplicada na Universidade de Santiago (1987-1991) e na Universidade da Coruña, da que foi catedrático (1992-1999) e decano (1993-1999); e profesor na Escola de Traballo Social de Galicia (1976-1994). Doutorouse coa tese La coordinación de la política monetaria española ante la integración (económica) de la Europa Occidental. Levou a cabo outras actividades académicas como coordinador da UNED no Centro Asociado de Pontevedra, director do curso de posgrao de Dirección e Xestión de Cooperativas e Pequenas e Medianas Empresas na Universidade da Coruña, presidente do Comité Científico da Asociación Científica de Economía e Dirección da Empresa da Coruña e coordinador científico do Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza. Pertenceu á Asociación para a Integración en Europa, ao consello asesor da revista do Consello Galego de Economistas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Químico. Doutorouse en Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e en Química Aplicada na de Manchester. Primeiro reitor (1989-1994) e catedrático de Enxeñería Química na Universidade de Vigo. Desenvolveu o seu labor investigador como director de proxectos sobre temas medioambientais. Publicou un centenar de traballos de investigación en revistas internacionais e varios libros, entre os que cómpre destacar Elementos para el diseño de una universidad (1993), La Universidad de Vigo. Antecedentes y etapa constituyente. (1995) e Hacia donde va la Universidad? (1999). En 2002 foi nomeado valedor do cidadán do Concello de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter relixioso aparecida en Santiago de Compostela en 1945. Foi o voceiro diocesano de Acción Católica e tiña unha periodicidade quincenal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e político. Coñecido como Antolín Faraldo Malvar, entre 1835 e 1842 realizou o bacharelato en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Academia Literaria de Santiago, a partir de 1843 incorporouse á Diputación Arqueológica Gallega. Entre os anos 1842 e 1845 traballou como redactor nos periódicos El Recreo Compostelano e El Porvenir, e colaborou en Santiago y a ellos e La Situación de Galicia, nos que asinaba co pseudónimo de Abehumeya. Formou parte do grupo de provincialistas que participaron no levantamento progresista de 1846, cando asumiu a secretaría da efémera Xunta Superior do Reino de Galicia, tralo que houbo de exiliarse en Portugal. En 1847 marchou a Madrid e participou na redacción do xornal progresista La Europa; ademais, escribiu artigos para o Boletín Mercantil e Industrial de Galicia, editado na Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Discípulo de A. Pugin, as súas obras son de estilo neogótico. Traballou na restauración da catedral de Wells, onde foi arquitecto diocesano. Foi autor de Recollections of A. W. N. Pugin and his father Augustus Pugin (Recordos de A. W. N Pugin e o seu pai Augustus Pugin, 1861).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Canterbury e primado de Inglaterra (1945). Impulsou a renovación da Igrexa Anglicana, presidiu as conferencias de Lambeth (1948 e 1958) e animou a creación do Consello Ecuménico das Igrexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e biólogo. Traballou en 1929 en España con Santiago Ramón y Cajal. Profesor e investigador no campo da bacterioloxía, foi o xefe do equipo que realizou as experiencias sobre a penicilina; illou, purificou e obtivo en grandes cantidades a penicilina, descuberta por A. Fleming, e efectuou con ela as primeiras experiencias en animais e os primeiros ensaios clínicos. Foi membro e tamén presidente (1960) da Royal Society de Londres. En 1945 recibiu, conxuntamente con A. Fleming e E. B. Chain, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía pola súa decisiva colaboración no estudo e aplicación da penicilina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante francés. Participou co seu irmán Henri de Saulses de Freycinet (Montélimar 1777-Rochefort 1840) na expedición do capitán Baudin ás costas do SO de Australia (1800-1804). Realizou unha viaxe científica ao redor do mundo para estudar o magnetismo terrestre (1817-1820) que recolleu na obra Voyage autour du monde (1824-1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e sociólogo alemán. Orientou o seu pensamento cara a unha filosofía da vida. Entre as súas obras destacan Der Staat (O Estado, 1925), Soziologie als Wirklichkeitswissenschaft (A socioloxía como ciencia da realidade, 1930) e Theorie des gegenwärtigen Zeitalters (Teoría da época actual, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade escandinava da fecundidade, filla de Njörd e irmá de Freyr.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade escandinava do matrimonio, da abundancia e da claridade do Sol. É filla de Njörd e irmán de Freyja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo brasileiro. Renovou os estudios sociais na utilización de fontes ata entón pouco consideradas pola comunidade científica. Publicou, entre outras obras, Casa-Grande e Senzala: formação da familia brasileira sob o rexime da economia patriarcal (1933), Uma cultura ameaçada, a luso-brasileira (1942) e Interpretação do Brasil: aspectos da formação social brasileira como proceso de amalgamento de raças e culturas (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO