"Ricardo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 82.
-
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Pablo Neruda, en lembranza ao poeta checo Jan Neruda, foi cónsul en Madrid e Barcelona e estableceu unha grande amizade cos poetas da Xeración do 27. Partidario do bando republicano na Guerra Civil Española, ingresou no Partido Comunista en 1945. Candidato á presidencia da República de Chile en 1970, renunciou a favor do seu amigo Salvador Allende. Escribiu ao redor de corenta obras, como Veinte poemas de amor y una canción desesperada (1924), Residencia en la tierra (1935), España en el corazón (1937) e Tercera residencia (1947), en que iniciou o seu estilo épico, dunha retórica luminosa e dunha grande agresividade política, que tamén plasmou en Canto general (1950), poema en quince cantos que vai desde a evocación da América precolombina ata a exaltación política actual. Nos volumes de Odas elementales, iniciados en 1954, cantou as cousas máis elementais e cotiás. Tamén cómpre salientar os seus libros...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do xermánico Richard, de *rikjia ‘señor, dominador’, e como adxectivo ‘potente, rico’, voz xermánica que constitúe a base de ‘rico’ e hart ‘forte, valeroso’. Presenta os hipocorísticos Tito, Caíño, Chicho e Cardocho. A súa festividade celébrase o 7 de febreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame anual convocado polo Concello de Ferrol desde 1991, coa colaboración da Sociedade Medulio. En conmemoración do aniversario do pasamento de Ricardo Carballo Calero, por unha banda premia o mellor traballo de investigación literaria ou linguística e, pola outra, a mellor creación literaria.
-
PERSOEIRO
Rei dos Romanos (1257-1272), segundo fillo do Rei Xoán I de Inglaterra. En 1225 foi nomeado conde de Cornualla e Poitou (nominal) polo seu irmán Enrique III de Inglaterra. Foi rexente de Inglaterra (1253-1254) en ausencia do seu irmán. Aceptou a candidatura imperial (1256) e foi coroado rei dos Romanos en 1257, pero non conseguiu ser coroado emperador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e místico escolástico. Sucedeu a Hugo de San Vítor na abadía de Saint-Victor de París. Os seus seis libros De Trinitate ocupan un lugar excepcional na historia da especulación trinitaria. Elaborou minuciosamente tres argumentos a posteriori da existencia de Deus (o da temporalidade, o dos graos de perfección e o da posibilidade), moi apreciados pola escolástica posterior.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Inglaterra (1189-1199) e duque de Aquitania (1168-1199), fillo e sucesor de Enrique II de Inglaterra e de Leonor de Aquitania. Tan pronto ocupou o trono, preparou (1189-1190) a terceira cruzada a Terra Santa, da que foi o heroe: conquistou Chipre, contribuíu á conquista de San Xoán de Acre (13.7.1191) e derrotou a Saladino I. De volta a Inglaterra, naufragou nas costas de Dalmacia e foi apresado polo duque Leopoldo de Austria, que o entregou ao Emperador Enrique VI, quen o obrigou a pagar un elevado rescate. En 1194 volveu a Inglaterra. Derrotou a Filipe II de Francia (1198), que invadira Normandie, e en loita contra os rebeldes do condado de Limoges foi ferido en Châlus. Casado con Berenguela de Navarra, morreu sen sucesión e herdou a súa coroa o seu irmán Xoán Sen Terra (Xoán I de Inglaterra).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Normandie 932? - Fécamp 996) Duque de Normandie (942-996), fillo de Guillerme I de Normandie Longa Espada. Apoiou aos Capetos e enfrontouse con Luís IV de Francia ao que derrotou coa axuda do Rei Harald II de Dinamarca.
-
PERSOEIRO
Rei de Inglaterra (1377-1399), fillo de Eduardo de Inglaterra o Príncipe Negro, e sucesor do seu avó Eduardo III de Inglaterra. Durante a súa minoría de idade gobernou o seu tío Xoán de Gante. Iniciou o seu goberno persoal en 1388 e enfrontouse coa nobreza e co Parlamento. Enrique de Lancaster, o futuro Enrique IV de Inglaterra, fillo de Xoán de Gante, desembarcou en Inglaterra en 1399, obrigouno a abdicar e fixo que o condenase o Parlamento. Foi encerrado no castelo de Pontefract, onde morreu, probablemente asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Inglaterra (1483-1485), derradeiro da casa de York, e duque de Gloucester, fillo menor de Ricardo de York. Moi influínte durante o reinado do seu irmán Eduardo IV de Inglaterra, foi titor dos seus fillos. Probable instigador da morte deste, ao pouco tempo fixo declarar ilexítimo ao seu sobriño Eduardo V de Inglaterra, e conseguiu que o Parlamento o nomease rei. Asasinou aos seus sobriños e estes crimes xunto co despotismo co que gobernou fixérono moi impopular. Enrique Tudor, o futuro Enrique VII de Inglaterra, herdeiro dos Lancaster, desembarcou en Inglaterra (1485) e derrotou ao monarca. Finalizou así a Guerra das Dúas Rosas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Líder da escola ricardiana, considérase un dos principais economistas de toda a historia do pensamento económico. En 1815 publicou Essay on the Influence of a Low Price of Corn on the Profits of Stock, onde presentou o núcleo inicial da súa teoría. Considerou unha explotación agrícola como un tipo de actividade económica, e afirmou que sempre que o factor e o produto sexan o mesmo ben, é posible calcular o tipo de beneficio con independencia do valor. Este tipo de beneficio era o que rexía en toda a economía, e dependía da cantidade de traballo necesario para obter os bens de subsistencia para os traballadores na terra marxinal, é dicir, a que non produce rendas. A teoría da renda da terra que empregou é a mesma de Thomas R. Malthus e Edward West, segundo a que as terras dun país son cultivadas comezando polas de mellor calidade. Cando se cultivan terras de calidade inferior, aumenta o prezo dos produtos, dado que é necesaria unha cantidade de traballo máis grande para...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Wessex. Renunciou ao trono e comezou unha peregrinación cos seus fillos a Roma e Terra Santa. A súa festividade celébrase o 7 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso inglés. Bispo de Chichester (1245), defendeu os dereitos da Igrexa fronte ás tentativas reais. A súa festividade celébrase o 3 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Ingresou na cabalaría e distinguiuse nas campañas de Italia durante a Guerra de Sucesión de Austria. En 1764 Carlos III encargoulle a reforma do exército de Nueva España. Loitou durante a Guerra de Independencia e ascendeu a xeneral. Escribiu Preceptos y máximas militares para instrución de los alumnos del colegio de Ocaña e o seu Diario de campaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Membro dun equipo da revista Tel Quel, foi un dos continuadores do nouveau roman, que reflectiu en novelas experimentais como L’observatoire de Cannes (1961) e La prise de Constantinople (1965). Tamén escribiu os ensaios Problèmes du nouveau roman (1967), Nouveaux problèmes du roman (1978) ou Le théâtre des métamorphoses (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Financeiro. Estudou e traballou en Inglaterra e Alemaña, onde se fixo enxeñeiro ferroviario. En 1889 entrou a formar parte da Sociedad Sobrinos de José Pastor, que en 1925 se converteu no Banco Pastor, da que foi presidente e director vitalicio. En 1929 foi designado conselleiro do Banco de España en representación da banca privada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. Correspondente de Faro de Vigo (1980) e da axencia EFE (1996), colaborou en A Nosa Terra, Xornal Diario, Diario de Granada, A Peneira e O Caminhense, e nas emisoras Radio Vigo, Radio Popular, Radio Noroeste e Radio Jornal Caminhense. Publicou A Guarda: claves para coñecela sen présas (1992). Recibiu o I Premio de Xornalismo Vila da Guarda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor arxentino. Foi reitor da Universidad de Buenos Aires (1962-1930). Iniciouse como poeta de corte romántico pero decantouse axiña cara ao modernismo en Poesías (1923). Escribiu contos como El país de la selva (1907) ou os dramas teatrais Ollantay (1929) e Elelín (1929). Destaca o seu labor como polígrafo, ensaísta, biógrafo e xornalista. Recibiu o Premio Nacional de Literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Discípulo de F. Bello Piñeiro,iniciou a súa formación como debuxante na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Maioritariamente cultivou o óleo e o debuxo, tamén traballou o pastel, a encáustica e a acuarela. Dos seus primeiros debuxos, de trazo realista e dramático, destacan Os tellados da catedral ou O Pórtico da Gloria e, da década de 1970, as series de debuxos Cabezas de anciáns ou Moscas. Paisaxista encadrado no expresionismo,destacou polo emprego dunha ampla gama cromática, con preferencia polos vermellos e os verdes, así como o claroscuro, nos primeiros tempos. Despois aclarou a súa paleta e se aproximou ao cubismo (Nu en azul, 1966) e ao expresionismo (O arenque galáctico).Traballou o medio e gran formato e empregou unha pincelada cada vez máis longa e ancha (As máscaras, 1972). Como manifesto do seu compromiso coa realidade social e política pintou O exército dos paxaros de papel (1977), Retrato de...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e mestre. Colaborador de diversas publicacións como El Heraldo de Vivero, Mundo Gallego, El Progreso e La Voz de Galicia, publicou os seus primeiros poemas na obra colectiva Primavera 81. Voces de hoy (1981), á que seguiron Cereixiñas do orballo (1983), O bicho da pontiga (1995) e Se Deus se namorase (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Motociclista. Foi campión do mundo de 50 cc, con Bultaco, en 1978 e 1981. Sufriu un grave accidente en 1984 que o afastou da competición.
VER O DETALLE DO TERMO