"Rif" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 250.
-
GALICIA
Foi presidente, conselleiro delegado e editor de El Progreso. Licenciouse en Enxeñería Industrial Superior na Universidad Central de Madrid. Durante a súa etapa á fronte do xornal inaugurou a súa primeira rotativa e modernizouno ao incluír a informatización dos servicios administrativos e informativos. Foi cofundador das axencias informativas Imagen Press e Axencia Galega de Noticias (AGN). Paralelamente, ocupou a xefatura do gabinete de Hixiene e Seguridade no Traballo, a delegación en Lugo do Colexio de Enxeñeiros Industriais e a vicepresidencia do Círculo das Artes. Foi, así mesmo, membro do consello de administración de Caixa Galicia e creador do Premio Literario Ánxel Fole.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Despois de estudar o bacharelato en Lugo, cursou estudios superiores na Universidad de Valladolid. Residiu en Albacete, Ciudad Real e Córdoba, e nos primeiros anos trinta entrou a formar parte da redacción do xornal lucense, onde escribiu crónicas locais, críticas cinematográficas e, durante uns anos, as columnas do personaxe Pelúdez, creado en 1908 polo seu irmán Antonio. Foi director xerente do xornal El Progreso e presidente da Asociación da Prensa lucense, que durante o seu mandato editou a Hoja del Lunes de Lugo, concelleiro de Lugo, presidente do Círculo das Artes e conselleiro do Instituto Nacional de Previsión. Así mesmo, a dirección xeral de Prensa nomeouno conselleiro nacional e o goberno entregoulle as encomendas da orde do Mérito Civil e a Gran Orden de Isabel La Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos corifénidos.
-
Peixe da familia dos corifénidos.
-
Familia de peixes da orde dos perciformes á que pertencen os dourados.
-
-
-
Director do coro na traxedia grecorromana. Os diálogos entre o corifeo e o coro teñen a súa orixe nos que se establecían entre o xefe do coro de cantantes e o propio coro nas celebracións rituais das festas de Dioniso: o texto cantado polo solista, que adoptaba a forma do ditirambo, recibía como resposta uns ritornellos ou “refráns”. Considérase que a figura do primeiro actor xorde no momento en que o corifeo se independiza do coro. Este papel atribuíuse tradicionalmente a Tespis, que conxugaba as funcións de actor e autor de traxedia.
-
Guía ou mentor dun partido ou dunha secta.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos corifodóntidos.
-
Mamífero da familia dos corifodóntidos.
-
Familia de ungulados extintos no Oligoceno, con especies de tamaño comprendido entre un roedor e un rinoceronte actual, de vida semiacuática e dieta herbívora. Pertence a esta familia o xénero Coryphodon.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de cráter.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está dividido en catro partes.
-
-
Que ten catro follas.
-
Que ten forma de cuadrifolio.
-
-
-
Que ten catro follas.
-
Motivo ornamental formado por catro lóbulos tanxentes ou secantes dispostos dun xeito pechado, coma os pétalos dunha flor. Emprégase, entre outros lugares, en vans e calados amodo de rosetón.
-
Motivo decorativo en forma de trevo de catro follas.
-
Figura que representa unha flor perforada de catro pétalos arredondados e aguzados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten catro folíolos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de gravación e reprodución de son mediante catro canles independentes que, malia representar un perfeccionamento sobre a estereofonía, que só utiliza dous, non tivo éxito comercial e finalmente desapareceu.
-
-
Relativo ou pertencente á cuadrifonía.
-
Conxunto de aparatos empregados para a reprodución cuadrifónica do son.
-
-
-
Que presenta catro formas ou catro caras.
-
Que ten forma cadrada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten catro fachadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén cobre.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo norteamericano. Cando a súa familia emigrou a Port Orchard, no estado de Washington, en 1887, comezou o seu estudo sobre o modo de vida dos indios. Desa etapa destaca o retrato da filla do xefe Seattle, Angeline, co que conseguiu o seu primeiro recoñecemento no mundo da fotografía profesional. Entre as súas expedicións cómpre salientar a realizada xunto a George Bird Grinell, editor do Forest and Stream, ao norte de Montana, para coñecer as tribos dos pés negros. Durante máis de trinta anos dedicouse a obter imaxes e documentación das tribos indias que habitaban o oeste do Mississippi, dende a fronteira con México ata o norte de Alasca. Entre 1911 e 1914 dirixiu un documental baseado na mitoloxía dos indios rawakiutl do noroeste do Pacífico. O seu traballo, titulado The North American Indian, está recollido en vinte volumes, e inclúe textos e fotogravados de carácter etnográfico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos dactilopteriformes.
-
Peixe da orde dos dactilopteriformes.
-
Orde de peixes ao que pertencen as familias dos cefalacántidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de árbore.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descomposición dos nitratos do solo en nitritos que, posteriormente, se reducen a nitróxeno molecular ou a óxidos de nitróxeno que pasan á atmosfera. Os nitratos e nitritos actúan como aceptores terminais de electróns na cadea respiratoria coa participación de citocromos e da nitrato ou nitrito redutasa. É un proceso xeralmente anaeróbico que realizan as bacterias desnitrificantes, como Pseudomonas denitrificans, que son máis activas nun medio neutro, rico en materia orgánica e pouco aireado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso polo que a textura vítrea dun vidro natural ou artificial ten tendencia a adquirir unha textura cristalina.