corifeo

corifeo

(< lat coryphaeu < gr κορύϕαῐος  ‘xefe’)

  1. s m

    Director do coro na traxedia grecorromana. Os diálogos entre o corifeo e o coro teñen a súa orixe nos que se establecían entre o xefe do coro de cantantes e o propio coro nas celebracións rituais das festas de Dioniso: o texto cantado polo solista, que adoptaba a forma do ditirambo, recibía como resposta uns ritornellos ou “refráns”. Considérase que a figura do primeiro actor xorde no momento en que o corifeo se independiza do coro. Este papel atribuíuse tradicionalmente a Tespis, que conxugaba as funcións de actor e autor de traxedia.

  2. s m

    Guía ou mentor dun partido ou dunha secta.

    Ex: A policía detivo o corifeo da secta.

    Sinónimos: cabeza, guía.