"Rus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 386.
-
-
Que demostra falta de suavidade ou falta de paciencia tanto nos seus ditos como nos seus feitos.
-
Que sucede repentinamente, sen fases ou graos intermedios, e supón un salto ou diferenza notable con respecto a algo anterior ou a aquelas cousas que se están a tratar.
-
-
PERSOEIRO
Impresor e libreiro. Establecido en Barcelona, durante a invasión napoleónica editou a Gaceta Militar y Política del Principado de Cataluña. En 1814 concedéuselle a edición do Diario de Barcelona. En Palma de Mallorca publicou o Diario Mercantil de Palma. Introduciu industrialmente a litografía no estado español (1820).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral do exército ruso. Participou na campaña dos Balcáns (1877-1878) ao mando dunha división de cabalería. En 1914 participou na Batalla de Galitzia, encabezando ao ano seguinte unha ofensiva contra as forzas alemanas en Mackensen. En 1916 comandou a ofensiva contra o exército dos imperios centrais en Bucovina. Foi nomeado comandante supremo do exército en maio de 1917, despois do cesamento de Nicolao II, pero logo o substituíu Kornilov ante a súa incapacidade para dominar as tropas. Colaborou co goberno soviético, que o nomeou membro do consello consultivo militar en 1920.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de brusco.
-
Acción ou procedemento brusco.
-
-
PERSOEIRO
Financeiro e diplomático ilustrado, conde de Cabarrús. Á súa iniciativa débese a creación do Banco de San Carlos (1782), o primeiro banco oficial da monarquía, do que foi director; a creación duns vales reais para financiar a guerra con Gran Bretaña (1779-1783) e a formación da Compañía de Filipinas (1785), que monopolizou o comercio con Asia. Foi conselleiro de Facenda con Godoy e, a partir de 1797, como ministro plenipotenciario, realizou diversas misións diplomáticas en Europa a favor do Directorio, entre as que cómpre salientar as conversas de paz franco-británicas de Lille. Así mesmo, foi director da Caixa de Consolidación de Vales creada por Murat en 1808. Ao acceder ao trono Xosé I Bonaparte, foi nomeado ministro de Facenda. Entre outras obras escribiu: Erudición política: despertador sobre el comercio, agricultura y manufacturas, con abisos de buena política (1743), Cartas sobre los obstáculos que la naturaleza, la opinión y las leyes oponen a la felicidad pública (1792-1793), dirixidas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das cupresáceas ao que pertence o ciprés californiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos camarasáuridos, de ata 18 m de lonxitude, propio de finais do Xurásico. Os seus principais xacementos están na actual América do Norte.
-
PERSOEIRO
Médico holandés. Foi catedrático de Medicina en Franeker, Amsterdam e Groningen, e un dos membros máis destacados da escola anatomista holandesa. Introduciu o concepto de ángulo facial, relacionado co desenvolvemento cranial e indirectamente co da intelixencia. Publicou varias obras sobre anatomía comparada, entre elas, Demostrationes anatomico-pathologicae (Demostracións anatomico-patolóxicas, 1760).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
San Pedro Canisio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Atracción para nenos consistente nunha plataforma xiratoria, xeralmente circular, onde hai figuras que representan cabalos e outros animais, ademais de pequenos vehículos.
-
PERSOEIRO
Naturalista. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu a docencia en Vilagarcía. Interesouse pola física, para a que inventou algúns aparellos, pola química e pola historia natural. Publicou a obra Los misterios de la Naturaleza. Investigaciones sobre el microplakton de la Ría de Arosa (1903) e unha monografía sobre a remolacha.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo, médico e pintor. Considerado como un dos teóricos da arte alemana, foi profesor de medicina na Universidade de Dresden. Seguidor da filosofía da natureza de Schelling, proclamou a importancia esencial do inconsciente no coñecemento da vida consciente da alma. Precursor do surrealismo, a súa pintura foi, en consonancia coas súas ideas filosóficas, onírica e fantasiosa. Entre os seus escritos filosóficos destacan Psyche: zur Entwicklungsgeschichte der Seele (Psique: para a historia da evolución da alma, 1846) e Physis: zur Geschichte des leiblichen Lebens (Physis: para a historia da vida corporal, 1851).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenor. Tivo grande influencia na arte lírica do século vinte e seguiu unha carreira de éxitos que o fixo un mito e serviu de modelo aos tenores posteriores. Gozou dunha inmensa popularidade, en parte debido ao feito de chegar moi novo ao mundo do disco e ser unha das primeiras voces que se gravaron. Na súa xuventude foi aprendiz dunha fundición e dende os sete anos e durante a mocidade cantou en igrexas, eventos sociais e mesmo nas rúas. A sonoridade e volume da súa voz fixo dubidar nos inicios da súa carreira da clasificación como barítono ou como tenor. Discípulo de Guglielmo Vergine e Vincenzo Lombardi, trascendental para solucionar os seus problemas de limitada extensión do agudo, debutou no Teatro Nuovo de Nápoles en L’amico Francesco de F. Morelli o 16 de novembro de 1894 e continuou a súa carreira polos distintos teatros de Italia. En Milán debutou como Rodolfo en 1887 no Teatro Lírico, onde o mesmo ano estreou L’arlesiana de Cilea; o debut na Scala foi en 1900 con La bohème,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsarina de Rusia (1725-1727). Campesiña de orixe polaca, casou en 1712 con Pedro I o Grande, que a proclamou emperatriz consorte en 1724. Trala morte de Pedro (1725) continuou a súa política, axudada por Menšikov. En 1725 fundou a Academia das Ciencias de San Petersburgo e en política exterior uniuse un ano despois á liga austro-española contra Dinamarca e Gran Bretaña (1726).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
a Grande (Stettin, actual Polonia 2.5.1729 - San Petersburgo 1796) Tsarina de Rusia (1762-1796), filla do duque cristián Augusto de Anhalt-Zerbst. En 1745 casou co gran duque Pedro, herdeiro ao trono. Cando Pedro chegou ao trono en 1762, Catarina aproveitou o descontento da nobreza e promoveu o levantamento da garda imperial. Pedro III abdicou e retirouse ao campo, onde foi asasinado aos poucos días. Catarina, convertida en emperatriz, reforzou a efectividade do poder autocrático e modernizou as clases dirixentes de acordo cos principios da Ilustración: fundou escolas, protexeu as ciencias e as letras, favoreceu o establecemento de artistas estranxeiros en Rusia, mantivo contactos con Voltaire e Diderot, e promoveu a historia e a literatura, que ela mesma cultivou. En 1775 levou a cabo unha reforma administrativa, que se consolidou en 1785 coa creación de novas demarcacións territoriais e, por vez primeira, coa separación dos poderes executivo e xudicial. En política exterior...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos da familia das celastráceas, de follas alternas e sinxelas que aparecen como lianas nos bosques dos continentes americano e africano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes mariños da familia dos lábridos ao que pertence o vello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos ceratópsidos, de ata 6 m de lonxitude, propios de finais do Cretáceo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles mariños da familia dos notosáuridos. Propios do Triásico, acada os 4 m de lonxitude e ten as patas transformadas en aletas. Os xacementos máis importantes están en Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento branco, cun excelente poder de cubrición e solidez á luz, formado por carbonato básico de chumbo con algunha cantidade de carbonato neutro de chumbo. Obtense por diversos métodos tradicionais, como o holandés, baseado no ataque do chumbo con vapores de ácido acético e a transformación do acetato obtido en carbonato básico pola acción do dióxido de carbono. Empregouse moito na pintura ao óleo, sen embargo, o seu uso diminuíu a causa da súa toxicidade e da súa fácil degradación en contacto co gas sulfhídrico, a miúdo presente na atmosfera das cidades. Denomínase tamén branco de chumbo.