"Sánchez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 140.

    1. Apelido de orixe patronímica que procede do nome persoal de orixe latina Sancho + o sufixo patronímico -ez (‘fillo de’).

    2. Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, unha banda de sinople fileteada de ouro, engolada en dragantes do mesmo, atravesada no medio por unha espada de prata gornecida de ouro, posta en barra, coa punta cara a abaixo. Outro trae, en campo de azul, unha torre de ouro, e saínte da fiestra esquerda, cara ao flanco sinistro, un brazo armado mantendo unha bandeira de prata. Outro, en campo de prata, catro bandas de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Dorotea Bárcena, en 1970 creou o grupo teatral Esperpento Teatro Joven, co que organizou unhas xornadas en Vigo, logo trasladouse a Madrid, onde fundou a compañía La Picota e participou no desenvolvemento do Teatro Independiente Español. En 1978 fundou en Santiago de Compostela, xunto a Xulio Lago, Teatro da Mari-Gaila. En 1985, fundou a Compañía de Teatro Dorotea Bárcena, que cambiou logo o seu nome polo de Teatro do Atlántico, onde representou Xoana, de M. Lourenzo. En 1988 escribiu e dirixiu para o Centro Dramático Galego a adaptación dramática de Follas Novas. Nese mesmo ano ocupou durante un breve espazo de tempo a dirección do CDG. Posteriormente fundou Teatro da Lúa. Co Centro Dramático Nacional participou en Martes de Carnaval (1995) e novamente co CDG en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999). Autora de varias obras de teatro, da súa produción destaca O Agnus Dei dunha nai (1980). Tamén publicou, na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, desde 1988 dirixiu o Museo e a Rede de Bibliotecas Municipais de Ponteareas e as revistas Pregón e Soberosum. Colaborador de Compostellanum, Pontenova, Castrelos e outras publicacións, publicou La fiesta de Corpus Christi en Puenteareas: su origen y evolución (1991), en colaboración con Moné Fernández, 100 anos de luz eléctrica en Ponteareas (1995), Rogelio Estévez Cambra (1999), do que foi coordinador, e Vigo medieval: a idade media (2000), en colaboración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director cinematográfico. Comezou no cine afeccionado e en 16 mm a finais da década de 1970, e exerceu a crítica cinematográfica en diversas publicacións e emisoras de radio, como no suplemento “La Esfera” do xornal El Mundo e mais na revista Archipiélago. Así mesmo, foi redactor xefe de La Tarde de Madrid. A súa primeira incursión cinematográfica tivo lugar en 1978 coa curtametraxe La maté porque era mía, á que seguiron outras como La hija del anarquista (1980) ou Canción de cuna (1990). Participou na longametraxe Luz negra (1992), un traballo que tivo boa acollida en festivais como os de Alcalá de Henares e Gijón de 1993. Posteriormente a súa actividade abrangueu outras facetas da industria, como o guión de Retrato de mujer con hombre al fondo (1996) e de diversas reportaxes do programa de TVE Quién sabe dónde?, e en 1997 dirixiu o seu segundo filme, Nena, unha adaptación do relato Y así pasó el amor, de I. Turgueniev, e producida pola empresa coruñesa Xamalú Filme, estreouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor panameño. Coñecido como Tristán Solarte. Exerceu o xornalismo de opinión en La Prensa, polo que foi perseguido durante a ditadura. Da súa obra destacan as novelas El guitarrista (1951) e El ahogado (1957), e o poemario Vienen de lejos (2001), cos que conseguiu o Premio Nacional de Literatura Ricardo Miró. No campo do ensaio político publicou Noriega y la decapitación de Hugo Spadafora (2002). É membro da Academia de la Lengua panameña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e arquitecto. Realizou estudos de matemáticas e mecánica e en 1747 ingresou no Servicio Real. En 1752 ingresou como alumno libre de arquitectura na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando onde obtivo o título en 1758. En 1754 trasladouse a Ferrol para traballar nas obras do Arsenal e en 1762 acadou o cargo de enxeñeiro director. Fixo, entre outras obras, un proxecto de fortificación para a cidade, trazou os planos da igrexa de San Xulián (1762), a ampliación do barrio da Madalena (1762) e unha praza tras a capitanía xeneral (1768). En 1769 deu as trazas da fachada principal da catedral de Lugo. En 1771 trasladouse a Navarra e Aragón e en 1777 instalouse en Cádiz, onde dirixiu o arsenal de La Carraca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Participou na Primeira Guerra Carlista (1839) e foi xefe do estado maior de Andalucía (1868) e capitán xeneral de Galicia (1870-1873, 1875, 1879, 1881-1884, 1886- 1889). Xeneral en xefe do Exército do Norte na Guerra Carlista (1873), foi ministro de Guerra (1873-1874). Foi deputado por Huesca (1869-1871) e senador polas provincias de Lugo (1877-1879) e A Coruña (1879-1880) e en 1881 foi nomeado senador vitalicio polo Partido Liberal. Foi galardoado coas cruces ao Mérito Militar e Naval e a de San Hermenegildo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Xefe de gabinete do Concello de de Santiago de Compostela (1983-1987) e concelleiro do PSOE desde 1987, foi membro da Deputación Provincial (1991-1999). En 1998 asumiu o cargo de alcalde de Santiago de Compostela, tras a renuncia de Xerado Estévez. Foi elixido alcalde da cidade en 1999 e reelixido en 2003. No seu mandato conseguiu que Santiago de Compostela acadase o estatuto de capitalidade e xestionou a Capitalidade Cultural Europea de 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Barítono, pai da cantante Marta Sánchez López. Coñecido como Antonio Campó, iniciou os seus estudos musicais en 1942 e formouse con Ángeles Otein. En 1945 debutou como baixo en Bilbao nas óperas La Bohème, Ben-Hur e Rigoletto. Cantou ópera con destacados intérpretes, como Bemianino Gigli, Alfredo Kraus e Victoria de los Ángeles, e asistiu á coroación da Raíña Isabel de Inglaterra. Considerado un dos máis destacados intérpretes da lírica española da segunda metade do s XX, deixou gravacións de cantigas galegas de Baldomir, Montes, Canuto Berea e Chané.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, onde foi catedrático. Colaborador do Centro de Estudios Históricos, foi subdirector (1922) e director (1960-1968) do Museo del Prado, director da Real Academia de la Historia (1956-1971) e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1966) e académico da Real Academia Española desde 1949. Dirixiu o Instituto Diego Velázquez do CSIC e foi inspector xeral de museos (1963) e vicepresidente do Consello de Educación. Patrón fundador do Museo de Pontevedra (1927), solicitou ao CSIC a creación do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (1943) que dirixiu ata a súa morte. Promoveu publicacións en galego e realizou estudos históricos, artísticos e de diversa temática. Colaborador en diversas publicacións, da súa produción destacan Fuentes literarias para la historia del arte español (1923-1941), La loza de Sargadelos: apuntes histórico-artísticos (1945), El Museo de Pontevedra (1950),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora. Doutora en Historia (1991) pola Universidade de Santiago Compostela. Publicou La educación ambiental en la E.X.B. e E.E.M.M. (1988), El Bajo Miño en el siglo XV: el espazo y los hombres (1991), Río Tinto, 1888: La cuestión de humos (1993) e El Bajo Miño en el siglo XV. El espazo y los hombres (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Senador de UCD pola provincia de Lugo (1977), foi cofundador de Coalición Galega (CG) e deputado no Parlamento galego (1985-1993). Presidiu CG en 1990. Publicou diversos traballos de investigación sanitaria como Necesidades de personal médico en Galicia (1972) e Concepto general y puesta en marcha de la Medicina Preventiva en el medio rural gallego (1972). É académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse en Flandres con Antonio Moro e foi pintor de cámara de Filipe II (1560). Os seus retratos áulicos seguen o esquema compositivo do seu mestre e mostran unha gran cromática e unha pincelada solta. Cultivou tamén a pintura relixiosa. Destacan Isabel de Valois, El príncipe don Carlos, Ana de Austria e Los desposorios místicos de santa Catalina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Activo en Toledo ata 1603, fíxose cartuxo e traballou nas cartuxas de El Paular e de Granada. Cultivou a natureza morta, dentro da corrente naturalista, e a temática relixiosa. Das súas obras destacan a serie Historia de san Bruno, Bodegón del cardo (1602) e Virgen despertando al niño (1627).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Presidente da Sociedad Cubana de Derecho Internacional, foi senador (1902-1910) e xuíz do Tribunal Permanente de Xustiza Internacional da Haia (1922-1945). En 1928 presidiu a VI Conferencia Panamericana, na cal foi aprobado o código de dereito internacional privado, coñecido como Código Bustamante. Escribiu Tratado de derecho internacional privado (1896) e Derecho internacional público (5 volumes, 1933-1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director de Radio Líder Cadena Noroeste, foi subdirector do Faro de Vigo e responsable da sección “Cuatro Cosas”. Colaborador de distintos medios de comunicación galegos e comentarista político, recibiu o Premio Galicia de Comunicación (1997 e 2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Coñecido como el Brocense, escribiu, entre outras obras, Grammaticae Graecae compendium (1581) e Verae brevesque latinae institutiones (1587), ademais de tratados retóricos, numerosas obras científicas, comentarios a Juan de Mena (1582) e a edición comentada das poesías de Garcilaso de la Vega (1573).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Membro da Junta Suprema,   redactou a acta de Independencia en 1821.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado do Partido Conservador desde 1884 e senador vitalicio (1889), foi alcalde de Madrid (1896 e 1907) e ocupou varios ministerios (1900-1904) e a presidencia do Consello de Estado (1904) e a do Senado (1913 e 1920). Xefe do goberno (1919), intentou unha política social conciliadora, pero fracasou e dimitiu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Aventureiro. En Italia uniuse ao exército de Vítor Manuel II e logo ás tropas de G. Garibaldi, co que participou na expedición da toma de Marsala (Sicilia) en 1860.

    VER O DETALLE DO TERMO