"Sax" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 92.

  • Planta herbácea perenne, acuática, de 40 a 80 cm de altura. As súas follas poden ser lineares mergulladas, flotantes ovais e aéreas saxitadas. As flores son brancas ou un pouco rosadas, dispostas sobre un escapo en verticilos de tres. Crece en augas superficiais, nunha gran parte de Europa, e tamén se planta en xardíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos saxitáridos.

    2. Ave da familia dos saxitáridos.

    3. Familia de aves, da orde dos ciconiformes, que teñen os dedos anteriores unidos á base por unha pequena membrana. Son de costumes terrestres e aniñan en arbustos altos ou en árbores. Comprenden unha soa especie, o secretario (Sagittarius serpentarius).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arqueiro que formaba parte das tropas auxiliares do exército romano.

    2. Que ou quen naceu baixo o signo zodiacal de Saxitario, noveno signo do zodíaco.

    3. Figura fabulosa, metade home, metade cabalo, que se atopa en actitude de disparar unha seta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Constelación zodiacal situada entre as de Aguia, Capricornio, Microscopio, Telescopio, Coroa Austral, Escorpión, Serpentario, Serpe e Escudo. Contén 204 estrelas visibles sen a axuda do telescopio entre as que hai dúas de segunda magnitude e oito de terceira. A estrela á-Sagittarii, de magnitude 4,11, está situada a unha distancia de 250 anos luz. Contén estrelas máis brillantes que á-Sagittarii, e a nebulosa de emisión Trifida, situada ao NL da estrela ë-Sagittarii.

    2. Noveno signo do zodíaco, que en tempos de Hiparco coincidía coa constelación do mesmo nome, pero o seu lugar pasouno a ocupar a constelación de Escorpión como consecuencia da precesión dos equinocios. A este signo pertencen os nacidos entre o 22 de novembro e o 22 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Colaborador e continuador de Aby Warburg, dirixiu a súa biblioteca e o centro de estudos de Hamburgo, que coa chegada do nazismo trasladou a Londres (1933). Comparou a iconografía pagá coa cristiá en Rinascita dell’Antichitá (1922), e ocupouse de figuracións astrolóxicas en La fede astrologica de Agostino Chigi (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista danés. Secretario do bispo Absalon, escribiu por encargo seu os Gesta danorum (1200), obra en dezaseis libros. Dedicou os nove primeiros a recoller todo o patrimonio das antigas sagas danesas, como as de Hamlet e de Guillerme Tell, e así completou o Edda islandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento aerófono de metal de lingüeta sinxela, inventado por Charles-Josef Sax arredor de 1840. O seu corpo é amplo e ten perforación cónica. Existen as modalidades de sopranino, soprano, contralto, tenor, barítono, baixo e contrabaixo (afinados en mi bemol e si bemol alternativamente). A partir de 1920 tivo unha gran difusión na música lixeira e introduciuse nas bandas de jazz, en que desprazou o clarinete da súa posición preeminente.

    2. Músico que toca o saxofón. 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Músico que toca o saxofón. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Saxonia, aos seus habitantes ou a súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Saxonia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo saxón.

      2. Individuo do pobo saxón.

      3. Pobo xermánico procedente de Xutlandia que, a fins do s III, se estendeu polo S do río Elba, absorbendo os pobos veciños e obrigando aos romanos á creación do dux litus saxonicum (caudillo do litoral saxón). Con eles, o usurpador Marco Aurelio Carausio ocupou a Britania romana (287). Chamados polos bretóns, loitaron cos ingleses contra os escoceses, ficando así no país (450). No s VIII os saxóns continentais constituíronse en catro nacións: os angarianos (nas ribeiras do Weser), os westfalianos ou saxóns do O (no Ems e o Lippe), os ostfalianos ou saxóns do L (no E do Weser), e os nordalbinxios (en Holstein). En 772, o caudillo wesfaliano Widukind uniu todos os saxóns e rebelouse contra os francos. Carlomagno tomou e destruíu algunhas cidades saxoas, e despois dunha expedición de castigo declarounos vasalos seus na Dieta de Paderborn (777). Pero volveron a sublevarse, polo que Carlomagno fixo catro campañas mais contra eles (794-797). Por causa do Tratado de Verdun quedaron...

      1. Conxunto de falas pertencentes ao xermánico occidental, faladas nas ribeiras do Elba, desde onde se difundiron por Alemaña noroccidental. A rama que emigrou á ribeira do Támesis deu lugar ao anglosaxón, e a que quedou en Alemaña dividiuse no s VII en dúas áreas: o alto e o baixo saxón. O alto saxón fálase na Saxonia actual e o baixo saxón fálase entre o Weser e o Elba. Co nome de saxón antigo desígnase a forma máis arcaica coñecida do baixo alemán, caracterizado polo feito de non participar na “segunda mutación consonántica”. No primeiro terzo do s IX foi escrito o principal donumento do saxón antigo, o poema Heliand (‘Salvador’).

      2. xenitivo saxón

        Forma de expresar a posesión, propia dalgunhas linguas xermánicas, especialmente do inglés, que consiste en antepor o substantivo que constitúe o complemento, seguido dun ‘s, ao nome ao que se refire.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña (18.413 km2; 4.321.000 h [2003]. A súa capital é Dresden.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Alemaña centroriental, limitada ao S polas montañas Metalíferas e atravesada en dirección NO-SL polo Elba, orixe da súa prosperidade. Habitada polas tribos saxonas, que lle deron o nome, comprendía, ata 1180, un territorio que chegaba ata o mar do Norte e, de lado a lado, estaba comprendido entre o Ems e o curso baixo do Elba. Na segunda metade do s IX creouse o ducado de Saxonia, dividido nos ducados de Saxonia-Lauenburg e Saxonia-Wittenberg, que en 1356 se converteu en electorado. En 1697 o elector Federico Augusto I (1694-1733) converteuse en rei de Polonia. Napoleón I conquistou Saxonia en 1806 e fixo un reino, reducido polo Congreso de Viena (1814-1815). Prusia adquiriu Wittenberg, Tongau, o N de Turinxia e a maior parte de Lusacia, e o reino converteuse en membro da Confederación Xermánica. Como resultado da Revolución de 1830, estableceuse unha constitución en 1831. En 1871 o Reino de Saxonia pasou a formar parte do novo imperio alemán. Como consecuencia da derrota...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que reinou sobre o ducado, o electorado, o gran ducado e o reino de Saxonia e que forneceu dinastías imperiais no Sacro Imperio e reais en Inglaterra, Bélxica, Polonia, Portugal e Bulgaria. A primeira dinastía que reinou sobre o ducado de Saxonia foi a dinastía dos liudolfinos (850?-961). O duque Enrique I de Saxonia (876?-936) converteuse no Rei Enrique I de Xermania ou dos francos orientais e foi pai do duque Odón II de Saxonia , o Grande (912-973), que se converteu no Emperador Odón I e cedeu o ducado ao seu vasalo saxón Hermann Billung, que se converteu no duque Armando I de Saxonia (?-973) e foi o primeiro duque da dinastía dos billunxinos, que reinou ata o seu tataraneto o duque Magno I de Saxonia . O emperador adxudicou o ducado ao conde Lothar von Supplinburg, que se converteu no duque Lotario I de Saxonia (1060?-1137) e chegou ao solio imperial co nome de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Ducado de Saxonia-Weimer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, conde de Saxonia, fillo natural recoñecido (1711) do elector Federico Augusto I de Saxonia. Coñecido como o Mariscal de Saxonia, en 1720 púxose ao servizo do rei de Francia. En 1726 a Dieta de Curlandia proclamouno duque soberano, pero non se puido manter como tal pola oposición rusa e o intento de acceder ao trono que fixo en 1728 e que fracasou. A súa actuación na Guerra de Sucesión de Austria valeulle ser considerado un dos xenerais máis grandes do s XVIII. En 1743 recibiu o título de mariscal de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira porcelana de Europa de pasta dura. Comezouse a fabricar a principios do s XVIII en Meissen, grazas ao descubrimento, por parte de B. Böttger, dun produto básico, o caolín, ata o momento coñecido só en China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado independente alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia, en 1573, para Federico Guillerme I (?-1602), fillo do duque Xoán Guillerme I de Saxonia-Weimer. En 1672 uniuse ao ducado de Saxonia-Gotha. En 1826 volveu ter entidade propia e en 1919 foi incorporado ao land de Turinxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña (20.446 km2; 2.523.000 h [2003]). A súa capital é Magdeburg. Creado en 1945 na República Democrática Alemá coa unión dos länder de Anhalt e Saxonia, coa reunificación alemá de 1990 formouse de novo coa agrupación de Magdeburg e Halle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado independente alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e ducados de Saxonia en 1563, para o duque Xoán Federico II de Saxonia-Gotha (?-1595). En 1714 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Coburg-Saafeld e, ao adquirir Gotha e pasar Saafeld ao ducado de Saxonia-Meiningen (1825), converteuse en 1826 en ducado de Saxonia-Coburg-Gotha que durou ata 1918, cando se proclamou a república. En 1920 incorporouse ao land de Turinxia, excepto Coburg, que o foi ao de Baviera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1572 a favor de Xoán Ernesto I (?-1637), fillo segundo do duque Xoán Federico II de Saxonia-Gotha. En 1671 incorporouse ao ducado de Saxonia-Marksuhl.

    VER O DETALLE DO TERMO