"TAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 143.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rapina da familia Accipitridae, que presenta un aspecto esvelto característico do xénero Circus. Presenta unha lonxitude de 50 cm, ás curtas e redondeadas, nos machos a cola longa de cor cinsenta, uniforme no dorso, coa punta das ás negra e rabadilla branca. As partes inferiores son brancas agás a punta das ás. Ten cabeza gris e peteiro e patas amarelos. Presenta un marcado dimorfismo sexual; as femias e os máis novos son pardos, coa parte inferior da cola e as ás con raias negras. É unha especie asociada a matogueiras e cultivos, que nidifica en Galicia nas serras e nas chairas nun número aproximado de 50 parellas. Está tamén presente na época invernal en menor número de exemplares.
-
PERSOEIRO
Historiador e poeta romántico sueco. Profesor da Uppsala Universitet, foi o fundador do cenáculo literario Unión Gótica. De ideas conservadoras, difundiu o socialismo utópico de inspiración cristiá. Das súas obras históricas destaca Svenska folkets historia (Historia do pobo sueco, 1832-1836) e entre os seus poemas Vikingen (Os vikingos) e Odalbonden (O campesiño de Odal).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao S da cidade de Madrid (143.153 h [1996]). Forma parte da súa área metropolitana. Núcleo industrial, nela destacan as construcións aeronáuticas, de tractores, de material eléctrico e a industria alimentaria. Ten unha base militar aérea. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa da Magdalena (ss XVI-XVIII) e o Hospital de San José (s XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Greta Garbo, traballou en Suecia, en Alemaña e sobre todo en Hollywood. Actriz sensible, encarnou a personaxe de muller fatal misteriosa e enigmática. Participou en diversas películas, entre as que destacan Flesh and the Devil (1926), Mata-Hari (1931), Queen Christina (1933), Anna Karenina (1935), Ninotchka (1939) ou Two-Faced Woman (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor sueco. A temática das súas obras xira ao redor da incomunicabilidade, a problemática da identidade e o paso do tempo. Publicou a novela Vägvila (1957), a recompilación de poemas Ballongfararna (1962) e diversos ensaios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Valí de Al-Andalus (716-719). Substituíu a Ayyūb ibn Habīb al-Lahmī e trasladou a capital de Sevilla a Córdoba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a unha constitución tendente ás crises convulsivas.
-
PERSOEIRO
Estadista otomano. Gran visir de Mehmet IV (1676), loitou contra Leopoldo I de Austria no sitio de Viena (1683), pero foi derrotado por Jan Sobieski de Polonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar turco. Coñecido como Atatürk (‘o pai dos turcos’), foi o principal promotor do movemento político que cristalizou na convocatoria da Grande Asemblea Nacional de Ancara (1920), da que foi nomeado presidente. Tras negarse a recoñecer o Tratado de Sèvres e expulsar os gregos, asinou o Tratado de Lausanne (1923), depuxo o sultán, aboliu o califato, proclamou a república e converteuse no seu presidente. Baixo un sistema de partido único, “o partido do pobo” (fundado por el en 1923), levou a cabo reformas modernizadoras, como a laicización do Estado e a adopción do dereito civil occidental, co obxectivo de integrar a Turquía en Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos fíos que unen unhas redes con outras para formar a arte completa de pesca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea anual que presenta flores dispostas en acio. Os sépalos son dentados e a corola rosácea, coas puntas máis escuras. Os froitos son esféricos. Florece entre abril e setembro en zonas do litoral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda fase da mitose ou da meiose, anterior á anafase, en que os cromosomas, que se atopan nun só plano formando a placa ecuatorial, se dividen lonxitudinalmente e orixinan cromosomas fillos que comezan a separarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Femia anormal dalgúns insectos dípteros que presentan unha relación entre o número de cromosomas X e o número de xogos de autosomas, superior á unidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona de crecemento que se atopa entre a epífise e a diáfise, durante o desenvolvemento dun óso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que trata, en xeral, de realidades ou presuntas realidades, máis aló do mundo sensible ou da natureza e, máis en particular, da esencia e o ser, xunto aos seus principios e tributos. Desde a Idade Moderna, estivo dividida en metafísica xeral ou ontoloxía e metafísica especial, integrada pola teodicea, a psicoloxía e a cosmoloxía. O termo metafísica corresponde ao nome dado ao conxunto de catorce libros atribuídos a Aristóteles, que na edición de Andrónico de Rodas (s I) foron colocados en último lugar, despois dos libros dedicados aos temas de física, é dicir, da natureza: ά. Estes libros tratan dunha certa ‘filosofía primeira’ que ha de ter por obxecto o ser, en tanto ser, e os seus principios, e onde se atende tamén, entre outros temas, o estudo da divindade, como principio real de toda identidade. Esta interpretación impúxose e deu lugar aos tratados escolásticos de metafísica,...
-
-
Relativo ou pertencente á metafísica.
-
Que é sutil ou difícil de comprender.
-
Que ultrapasa o dominio da experiencia sensible, da ciencia positiva e da realidade fenoménica.
-
Persoa que se dedica á metafísica.
-
Movemento pitórico que se desenvolveu en Italia aproximadamente entre os anos 1916 e 1919 como reacción contra o futurismo. Volveu retomar os valores tradicionais da pintura pero con personaxes e obxectos nunha situación inhabitual. O seu nome alude ao significado diferente que ten cada obxecto ou personaxe fóra do seu ámbito habitual. Algúns representantes desta corrente foron G. de Chirico, C. Carrá, G. Morandi, M. Tozzi e A. Savinio.
-
Poesía desenvolvida por un grupo de poetas ingleses do s XVII. Cultivaban unha poesía de inspiración relixiosa, diferente das correntes poéticas anteriores e de carácter e estilo enxeñoso, conceptista e hermético. Foron membros deste grupo Iord Herbert of Cherbury e o seu irmán G. Herbert, R. Crashaw e H.Vaughan.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á metafonía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno fonético que consiste na alteración do timbre etimolóxico dunha vogal tónica (e, o) por influencia dun -a, un -e ou un -o finais. Afecta a palabras patrimoniais graves que pertencen ás clases de substantivo, adxectivo e aos pronomes ela(s) e aquela(s). A isoglosa [ ε]la/[‘e]la, aqu[ ε]la/aqu[‘e]la divide todo o territorio lingüístico en dúas metades: abertura do e nas provincias atlánticas fronte á conservación do e pechado no interior e no galego exterior. O -a final pode abrir o timbre da vogal tónica (ela [ ε]la), hora [‘ "Stone Sans PhoneticIPA"; "Stone Sans PhoneticIPA";ɔ ]ra) e o -o final, pola contra, pode pechalo (medo m[ e]do, ollo [ o]llo), fenómenos estendidos, sobre todo, polo bloque occidental. O -e final pode pechar o timbre da vogal tónica (neve n[ e]ve, queres qu[ e]res), fenómeno característico do sur de Pontevedra e que tamén se pode dar na subárea auriense do bloque central.
-
-
Tropo que consiste en empregar unha palabra nun sentido distinto do propio en virtude dunha comparación no que se establece unha relación entre dous planos ou termos, un real e un evocado, co que garda certa semellanza. Se só aparece o plano evocado, estamos ante unha metáfora propia ou pura (
-
Palabra que orixinariamente se empregou como metáfora literaria pero que co uso xa deixou de selo e pasou a incorporarse á fala (
-
-
-
Relativo ou pertencente á metáfora.
-
Que inclúe ou contén metáfora.
-