metáfora
(< lat metaphŏra < grμεταφορά)
-
s
f
[LIT]
Tropo que consiste en empregar unha palabra nun sentido distinto do propio en virtude dunha comparación no que se establece unha relación entre dous planos ou termos, un real e un evocado, co que garda certa semellanza. Se só aparece o plano evocado, estamos ante unha metáfora propia ou pura (
Ex: O ladrón do seu corazón -o amor-), e se están presentes os dous, denomínase metáfora impropia (Ex: O amor é o ladrón do seu corazón). Ás veces pode confundirse coa imaxe, da que se diferenza en que esta última é unha comparación explícita, mentres que a metáfora está baseada nunha identidade que pertence á imaxinación do escritor ou do falante.
Confrontacións: alegoría. -
metáfora lingüística ou léxica
[LING]
Palabra que orixinariamente se empregou como metáfora literaria pero que co uso xa deixou de selo e pasou a incorporarse á fala (
Ex: pluma por estilográfica, folla -de papel-).