"Tui" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 81.
-
GALICIA
Concello situado na comarca do Baixo Miño, no SO da Comunidade Autónoma de Galicia e no S da provincia de Pontevedra (42° 02’ 50’’ N - 8° 39’ 08’’ O). Limita ao N cos concellos de Gondomar, O Porriño e Salceda de Caselas (os tres da comarca de Vigo), ao S con Tomiño (O Baixo Miño) e o río Miño, que o separa de Portugal, ao L con Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño (O Condado) e ao O con Gondomar e Tomiño (Baixo Miño). Abrangue unha superficie de 68,3 km 2 cunha poboación de 16.948 h (2007), distribuída nas parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas de Tui, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui. A capital é a vila de Tui, situada a 102 km de Santiago de Compostela e a 48 km de Pontevedra. Está adscrito ao partido xudicial de Tui e á diocese de Tui-Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A tectónica definiu a morfoloxía do relevo tudense. Unha serie de fracturas de dirección N-S condicionan a disposición das unidades do... -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, un xevrón de goles, acompañado de dous ferros de lanza de sable, un en cada cantón do xefe, e unha panela de sinople en punta. Aparece tamén coa forma castelanizada Tuy.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Tui-Vigo que abrangue parroquias dos concellos de Tui e Tomiño.
-
ENTRADA LARGA
Catedral situada en Tui, baixo a advocación de Nosa Señora da Asunción. A súa orixe atópase nun mosteiro beneditino e nunha igrexa situadas no barrio de San Bartolomeu. Segundo un documento de 1071 Urraca afirmaba que se construíra alí unha catedral dedicada a santa María, que posteriormente foi arrasada polo que a igrexa de San Bartolomeu desempeñou as funcións de catedral.
VER O DETALLE DO TERMO
A orixe
Segundo os documentos o inicio das obras puido ser en 1120, durante o goberno do bispo Afonso, ou en 1125, cando o Rei Afonso de Portugal fixo unha doazón á igrexa de Tui. Outra data que se sinala é a de 1170, cando o Rei Fernando II mandou trasladar o asentamento da cidade a outro lugar máis seguro, identificable co lugar onde se atopaban as posesións da Igrexa. Desde entón documéntanse diversas doazóns para a súa construción. Consagrouse baixo o goberno do bispo Estevo Egea (1218-1239), entre 1224 e 1225. Tendo en conta a documentación e a tipoloxía arquitectónica da mesma, obras deberon... -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación da diocese de Tui-Vigo ata 1959, data en que a sé episcopal se trasladou á cidade olívica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lucas de Tui.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa que abrangue os concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Miño entre Tui e Valença do Miño (Portugal). Construída no s XIX, é obra dos belgas Rolín e Cazaux, do portugués A. L. Carvalho e dos españois E. Godino e A. de Castro. Trátase dunha ponte metálica de cinco vans con trabes de celosía sobre piares de cantaría. Atópase na estrada de Tui a Valença do Miño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Bartolomeu de Rebordáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Tui. Ten a súa orixe en 1272, cando se instalaron aquí os dominicanos, nun lugar chamado Oratorio, xunto ás portas da muralla. En 1328, por motivos de espazo, trasladouse xunto á igrexa de San Xoán de Porto, lugar coñecido como O Rastrillo. A construción iniciouse en 1330 e non se consagrou ata 1524. En 1482 anexionou a antiga igrexa de San Xoán de Porto, que foi derrubada pouco despois e en 1529 tivo que ser reparada pois un raio causou desperfectos na bóveda da ábsida. Nos ss XVII e XVIII tamén se produciron reformas. A igrexa é de estilo gótico e ten planta de cruz latina con tres ábsidas e nave central con tres tramos. A fachada principal é neoclásica (s XVIII) e posúe nun lado a torre campanario. A portada sur procede da igrexa de San Xoán de Porto e conserva no tímpano unha Adoración dos Reis. Foi declarado BIC en 1931.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo convento franciscano situado en Tui. Atópase fóra do recinto amurallado e ten a súa orixe en 1642, cando se instalaron na vila tudense os franciscanos de Salvaterra de Miño. A igrexa non se construíu ata 1722 e consagrouse a santo Antonio. O edificio conventual converteuse en Seminario Menor en 1850. A igrexa está baixo a advocación do Sagrario e está formada por tres naves. A portada presenta características barrocas ao estar enmarcada entre pilastras e rematar cun frontón partido e curvo coa imaxe de santo Antonio nunha fornela con volutas. Nun lateral do corpo superior da fachada atópase a torre campanario de dobre corpo.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Tui. Comezou a súa construción en 1769 no lugar que ocupara o cuarto onde morreu san Telmo. Está realizada en estilo barroco portugués e ten planta circular cunha cúpula lobulada. Na fachada destaca unha gran ventá no centro sobre a que se sitúa unha fornela na que está a imaxe do patrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación territorial da Igrexa Católica que se estende desde a beira meridional da ría de Vigo ata a beira galega da desembocadura do río Miño. Limita ao N coa diocese de Santiago (sé arcebispal da que é sufragánea) e ao L coa diocese de Ourense, da que a separan as serras do Suído e do Faro de Avión e o propio río Miño. A sé episcopal tradicional foi Tui, aínda que en 1959 adquiriu a dobre capitalidade e tomou o nome de Tui-Vigo, cidade esta última a onde se desprazaron os bispos. No entanto, o templo-fortaleza de Nosa Señora da Asunción de Tui mantén a condición de cátedra do bispo, que comparte coa antiga colexiata de Santa María de Vigo. A antigüidade da diocese de Tui remóntase á Alta Idade Media e aparece citada no Parochiale Suevum (572-582) como sufragánea de Braga. No s XV dependeu da metrópole compostelá.
-
-
Árbore da familia das cupresáceas, con follas aplanadas e opostas e flores masculinas e femininas.
-
Arbusto ou pequena árbore de ata 15 m de altura, coas follas de cor branca prateada no envés e conos solitarios, subglobulosos, con 6-8 escamas grosas. Florece a mediados da primavera. É orixinaria de Xapón e en Galicia non é moi frecuente aínda que se atopan algúns exemplares en diversos parques e xardíns.
-
Árbore de ata 60 m de altura coa cortiza delgada de cor agrisada e fendas lonxitudinais. As follas son planas, opostas e moi aromáticas. As flores masculinas, duns 2-3 mm de lonxitude, son de cor vermella escura e as femininas verde amarelenta. Habita en lugares frecos e húmidos, no fondo dos vales ou preto dos arroios de montaña, ata os 1.800 m de altitude. É orixinaria do NL de América do Norte e en Galicia é moi frecuente en parques e xardíns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de gardar ou defender.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio de París situado na beira dereita do Sena, entre o Louvre e os Champs-Elysées. Foi comezado por P. Delorme (s XVI) e rematado (s XVII) por A. de Cerceau, L. Le Vau e A. Le Nôtre. Incendiado en 1871, foi demolido en 1882. Só se conservan o pavillón de Flora e o de Marsan, e no lugar que ocupaba están os xardíns das Tuileries.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado no centro da illa de Fuerteventura (9.843 h [2001]). A economía baséase na agricultura, a pesca e o turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que garda ou defende.
-
ILLAS
Illa do arquipélago de Samoa que pertence a Samoa Americana, xunto ao illote de Aunun (135 km2; 30.124 h [1980]). O seu centro principal é Pago Pago e produce bananas e copra.
VER O DETALLE DO TERMO