"UPI" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 73.

  • Morea de terra que deixan as toupas na superficie ao escavar as galerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo tupí ou á súa língua.

    2. Individuo do pobo tupí.

    3. Pobo amerindio de América do Sur que comprende numerosas tribos ciscadas sobre todo por Brasil, ao longo da costa atlántica e as concas do Amazonas e os seus afluentes. Forman unha unidade lingüística e étnica cos guaranís de Paraguay, ben que as súas constantes migracións os teñen diversificado culturalmente. As primeiras grandes migracións iniciáronse no s XVI para escapar dos colonizadores e a derradeira tivo lugar no s XIX. Seguían as rutas marítimas e fluviais. Agricultores primitivos, cultivan terras ata esgotalas, e son excelentes cazadores e pescadores. A súa relixión é animista e nela teñen un papel preponderante os xamáns.

    4. Lingua do phylum amerindio da rama ecuatorial da familia tupí-guaraní que falan os tupís do L de Brasil. Dos seus trazos lingüísticos destacan a presenza de seis vogais das que tres son pechadas (i, u, y) e tres abertas (e, a, o) e unha orde da frase moi libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia lingüística da rama ecuatorial do phylum amerindio que inclúe os diversos dialectos falados polos tupís e guaranís e que se estende, dunha maneira descontinua, do Amazonas ata Uruguay e do Atlántico aos Andes; unicamente en Paraguay constitúe unha unidade lingüística grazas á política evanxelizadora dos antigos xesuítas e ás súas reducións. O guaraní deu lugar ao guaraní moderno ou abañeeme, tal e como se fala en Paraguay, e o tupí deu lugar ao tupí moderno ou ñeêngatu. Debido á extensión do guaraní (é a lingua dominante en Paraguay e fálase tamén nas provincias arxentinas de Corrientes, Entre Ríos, Santa Fe e na gobernación de Misiones), é a lingua máis estudada e coñecida. Nos Andes bolivianos (Aguaragüe) fálase unha variante do guaraní chamada chiriguano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo tupinamba.

    2. Individuo do pobo tupinamba.

    3. Pobo amerindio da familia lingüística tupí-guaraní, que vivía na costa atlántica, ao S do delta do Amazonas (s XVI). As súas prácticas rituais de antropofaxia provocaron a persecución por parte dos brancos e a súa extinción.

    4. Lingua tupí-guaraní do phylum amerindio que fala o pobo tupinamba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réptil escamoso, da suborde dos saurios, duns 90 cm de lonxitude, co dorso cuberto por escamas xustapostas, as inferiores con placas pequenas dispostas en ringleiras transversais, abertura auricular diferenciada, ollos protexidos por pálpebras, lingua longa, bífida e retráctil e cor da pel azul terrosa manchada de amarelo. Habita nas matogueiras espesas e ao longo dos cursos dos ríos de América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cabelos ou la enmarañados.

    2. Persoa ou animal de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • United Press International.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos upúpidos.

    2. Ave da familia dos upúpidos.

    3. Familia de aves, da orde dos coraciformes, á que pertence a bubela (Upupa epops).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quinto planeta do sistema solar segundo a súa proximidade ao Sol, e o de maior tamaño. A súa masa é máis do dobre da suma das masas de todos os outros planetas, e o seu diámetro é dez veces superior ao da Terra. Visto polo telescopio, presenta un conxunto de franxas alternativamente claras e escuras paralelas ao ecuador, ademais dunha formación oval de cor vermella denominada a gran mancha vermella. A cantidade de enerxía que radia ao espazo é dúas ou tres veces superior a que recibe do Sol e a emision de radiacións electromagnéticas fai del a segunda radiofonte do sistema solar despois do Sol. A súa atmosfera, estudada polas sondas Pioneer 10 e 11 (1973 e 1974) e Voyager 1 e 2 (1979), ten unha estrutura moi complexa; por debaixo da envoltura nebulosa hai un paso gradual do gas a unha mestura líquida de hidróxeno e helio, máis abaixo hai unha transición súpeta a hidróxeno líquido metálico e no centro podería haber un pequeno núcleo de xeo e rocha....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino de Zeus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Xúpiter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor chinés da época Qing. Está considerado un dos máis grandes artistas chineses e asóciase sobre todo coa pintura de flores.

    VER O DETALLE DO TERMO